Olga Novo


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb4olganovo.html

     Nace en 1975 na aldea lucense de Vilarmao (Pobra do Brollón). Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa, exerce a docencia no ensino medio. Colaborou en numerosos medios e publicacións literarias especializadas como Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura ou Ínsula, entre outras. Como poeta, dáse a coñecer a través de revistas como Clave Orión, Ólisbos, Festa da palabra silenciada ou Dorna. En 1996 publica o seu primeiro poemario, A teta sobre o sol (Ed. Do Dragón; 2ª ed. Letras de Cal, 1999). Co seu segundo libro, Nós nus (Xerais, 1996), é galardoada co premio Losada Diéguez de Creación. En 2001 publícase o libro de artista Magnalia (Ed. Espiral Maior), no que colabora co tamén poeta Xoán Abeleira e a pintora Alexandra Domínguez. A súa última obra poética é A cousa vermella (Espiral Maior, 2004).
     A súa obra foi recollida en antoloxías como La flama en el espejo (México, 1998), Mulher a fazer vento (Lisboa, 1998), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (Madrid, 2001), Diálogos de la lengua (2000) o Spain (Poetry from the Castilian, Catala, Basque and Galician languages) (Atlanta, 2003), entre outras.
     Como estudosa da literatura publicou os libros Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (Positivas, 1996) e O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999). Próximamente verá a luz o seu estudo sobre a poética novoneyriana, Uxío Novoneyra. Lingua loaira.


Fotografía: Xoán Abeleira

[Setembro, 2004]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe á autora?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega