Paula Carballeira


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb3paulacarballeira.html

     Un sete de setembro chorei por primeira vez. Estaba nacendo. Ata os 17 anos vivín en Maniños, no Concello de Fene, descubrindo e explorando unha certa inclinación a fabular outros mundos, preferentemente na literatura e no teatro. Despois marchei a Santiago de Compostela, onde eu tiña pouco que chorar porque o ceo botaba bágoas a máis non poder. Alí seguín escribindo e disfrazándome en peles de personaxes que me ofrecían outras vidas, outras palabras. Ata hoxe. Pertenzo á compañía de teatro Berrobambán, vou contando contos polo mundo, e nunca mellor dito, pois grazas á antiga arte de contar historias teño participado en festivais de narración oral nacionais e internacionais, e levo publicado uns cantos libros. Tendo en conta que xa plantei algunha que outra árbore, fáltame ter un fillo. Mentres, seguirei viaxando.

[Agosto, 2004]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe á autora?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega