vb1sjaureguizar.html
Santiago Jaureguizar (Bilbao,
1965). Xornalista de El Progreso de Lugo. Encadrado no
movemento Bravú. Como narrador publicou os seguintes libros: Fridom
spik (1995); Todo a cen (1995); Comendo
espaguetis diante da televisión (1998), A rutina
corsaria (1998) e As horas sucias (2001). Foi
pioneiro na introdución da literatura galega na rede, con
proxectos como "Familia feliz" en www.vieiros.com ou a
web www.infimos.net. Tamén ocupa o posto de
"vocalizador" en Elvicristo Machine, grupo de narrativa
trip-hop.
|