Suso de Toro


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1susodetoro.html

      SUSO DE TORO (Xesús Miguel de Toro Santos. Santiago de Compostela-Galiza. 10-1-56) Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea.
     * Do ano 76 ao 78 dirixe e escribe os textos para o grupo de teatro na rúa "Pepa Loba".
     * No ano 83 obtén o premio "Galicia" de Literatura da Universidade de Santiago co seu libro de relatos "Caixón desastre" (Edit. Universidade de Santiago, reeditado en "Edicións Xerais", Vigo. 2ª edición)
     * No ano 86 publica o libro de relatos "Polaroid", que recebe o Premio da Crítica de Galiza ("Edicións Xerais". 6ª edición).
     * No ano 88 publica a novela "Land Rover", traducida e editada en castelán, francés e italiano ( "Edicións Xerais" 7ª edición/ "Ediciones B", Barcelona/ "Rivages", París/ "Hobby &Works, Roma)
     * No 90 "Ambulancia", tres relatos policiacos encadados ("Edic. Xerais", 5ª edición)
     * No 91 "F.M.", selección de textos xornalísticos sobre arte, política e cultura ("Edicións Positivas", Santiago de Compostela)
     * Tamén no 91 "(Unha memoria da esquerda nacionalista) Camilo Nogueira e outras voces", estudo da evolución da esquerda galeguista ("Edic. Xerais")
     * "Unha pouca cinza", textos sobre Santiago de Compostela. Edit. Compostela. 1992.
     *No 93 publica "Tic-Tac", novela que obtén o Premio da Crítica Española e premio "Arzobispo San Clemente". Premio dos Libreiros da Coruña. En galego e castelán ("Ediciones B") e en Holanda (Edit. "Balance").
Deu lugar a unha montaxe teatral de Etelvino Vázquez dirixindo a compañía "Teatro de ningures" e a outra de Teatro de Adro.
     *"A sombra cazadora", novela (Edicións Xerais, Decembro do 94). 10ª edición. (En castelán en "Ediciones B"; en portugués "Dom Quixote"; en catalán "Columna"). Dereitos para cine cedidos a "Continental Producc." (Realización prevista no 2002)
     *"Unha rosa é unha rosa (unha comedia de medo)". Escrita para a compañía "Teatro do Noroeste" para a temporada 95-96. 1996, 4ª edición en Ed. Xerais.
     *"Conta saldada", novela. 1996 (3ª edición"Alfaguara/Obradoiro" en galego/ 6ª edición en Alfaguara xuvenil en castelán/ Alfaguara en catalán). Cedidos os dereitos para cine a "Tornasol Producciones".
     *"Parado na tormenta", ensayos literarios. Ed. Galaxia.
     *"Calzados Lola", novela.1997. (3ª edición en Ed. Xerais en galego; "Ediciones B" e "Círculo de Lectores" en castelán)
     *"La flecha amarilla", libro de viaje. 1998 (Ed. El País /Aguilar)
     *"Círculo", libro de relatos (2ª edición en Ed. Xerais). Adaptada a teatro no 2000 por Teatro do Adro. No 2001 por "Teatro de Ningures".
     * "Non volvas", novela. Abril do 2000. (3ª edición en Ed. Xerais en Ediciones B en castelán no mes de Octubre. No "Círculo de Lectores" no 2001)
     *"El pueblo de la niebla /O País da brétema (Unha viaxe no tempo pola cultura celta)", introducción á cultura e literatura celta. Maio 2000. (Ed. El País/Aguilar, en galego e castelán)
     *"A Carreira do salmón". Selección de escritos en prensa, conferencias e inéditos. (Decembro do 2001. Edicións Xerais)
     *"13 Badaladas", novela. Próxima publicación en Febreiro do 2002 en Edicións Xerais. (En Seix Barral, en Outono do mesmo ano). Adaptada a cine por "Tornasol", comezo da rodaxe en Febreiro do 2002.

[Febreiro, 2002]

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega