|
Nome e apelidos
Nome e apelidos: Xesús Fraga Sánchez.
Outros nomes polos que é coñecido: O alcume
familiar por rama paterna é "apagafaroles" (meu avó
traballaba en Fenosa e saía co abrente a apagar as farolas unha por
unha) e por rama materna "os do Pinche" (sen explicación
coñecida). En Inglaterra chamábanme Tony, porque o meu segundo nome é
Antonio, e naquel país ninguén pode chamarse como o fillo de Deus.
Durante moitos anos fun coñecido como Yito: os íntimos empregan ese
nome.
Lugar e data de nacimento: Londres, borough de
South Kensington. 28 de febreiro de 1971. Era domingo.
Lugares onde viviu: Londres, A Coruña,
Betanzos, Salamanca, Lugo e de novo Betanzos.
Irmáns: Non teño.
Estudios: Gardería e párvulos en Londres,
párvulos na Coruña e primeiro curso de EXB, toda a EXB, BUP e COU en
Betanzos. En Salamanca, Xornalismo e Filoloxía Inglesa (esta última
non a rematei).
Estado civil: Casado.
Traballos: Din clases particulares de inglés
varios veráns. Durei seis meses de peón de albañilería ata que unha
neumonía me retirou e volvín ós estudios. Dende 1996 traballo como
xornalista, na radio e na prensa escrita.
Vocacións frustradas: Arqueólogo
submarinista, arquitecto.
Aficións: De cativo encantábame todo o
relacionado cos trens. A finais dos 80 fixen varios graffitis;
dediqueime a fotografar e coleccionar libros e fancines sobre esta arte
ata hai uns anos. Entre 1993 e 1995 toquei a guitarra e cantei nun grupo
de pop en Salamanca: Delicatessen. Gravamos dúas maquetas e demos
algún concerto máis. Delicatessen desfíxose cando tres quintos do
grupo desertaron para funcionar como acompañamento dunha cantante.
Mascotas: Tiven tres gatos, Tristán, Leonardo
e Rafael. Morreron os tres, víctimas de accidentes e da agresividade
circulatoria. Foron compañeiros inesquecibles.
Heroes de ficción: Robin Hood e Sherlock
Holmes.
Dez películas:
1. Os sete samurais, Akira
Kurosawa.
2. Barry Lyndon, Stanley Kubrick.
3. O quinteto da morte (The
Ladykillers), Alexander Mackendrick.
4. O Padriño, I, II e III.
5. Star Wars, IV, V e VI.
6. Annie Hall, Woody Allen.
7. A dobre vida de Verónica,
Krystof Kieslowski.
8. Goodfellas, Martin Scorsese.
9. El espíritu de la colmena,
Víctor Erice.
10. El verdugo, Luis García
Berlanga.
Dez cancións:
1. Tangled up in blue, Bob Dylan.
2. Rudie can't fail, The Clash.
3. The whole of the moon, The
Waterboys.
4. La estrella, Los Auténticos.
5. Otra dimensión, Alaska y Los
Pegamoides.
6. Chan chan, Compay Segundo.
7. Come away, come sweet love, John
Dowland.
8. Bled white, Elliott Smith.
9. Too near, Berracos.
10. El árbol blanco, Delicatessen.
Dez libros.
1. Merlín e familia, Álvaro
Cunqueiro.
2. A miña familia e outros
animais, Gerald Durrell.
3. Nuevo plano de la ciudad
secreta, Ignacio Martínez de Pisón.
4. A nosa cinza, Xabier
Alcalá.
5. Unha música constante, Vikram
Seth.
6. O señor dos aneis, JRR Tolkien.
7. Luna de lobos, Julio Llamazares.
8. A triloxía de Nova York, Paul
Auster.
9. El jinete polaco, Antonio Muñoz
Molina.
10. Alta fidelidade, Nick Hornby.
Pintores: Haarmen Steinwyck, Roberto González
Fernández, Jackson Pollock, Juan Gris, John Constable.
Arquitectos: Nicholas Hawksmoor, Frank Lloyd
Wright, Alvar Aalto.
Librerías: Donín (Betanzos), Lume (A
Coruña), Trama (Lugo), Víctor Jara (Salamanca), Foyles (Londres),
Irmáns Lelho (Oporto). Dúas que non existen: Batán (Betanzos) e
Benedicts (Londres).
Manías: Non pisar as raias dos enlousados.
Escribe con... ordenador.
|
|
|
|