Amadeo Cobas


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2amadeocobas.html

     Amadeo Cobas naceu en Noia (A Coruña) no ano 1966, inda que xa fai algún tempo que o adoptou a cidade de Zaragoza, na que leva residindo os derradeiros sete anos. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e principiou a súa andaina literaria no 2001 coa publicación da obra Un amigo en el Galacho, un ilustrado conto para meniños e non tan meniños impreso pola editorial zaragozana Combra, que recibiu extraordinarias críticas. No pasado año, 2002, saíu do prelo a súa segunda creación, Contos de viaxe, publicado pola editorial Toxosoutos.
     É colaborador dos suplementos de crítica literaria dos xornais Heraldo de Aragón (Artes y Letras) e Diario de Teruel (El Parnaso).
     Recentemente, vén de ser nomeado responsable da Sección de Cultura do Centro Galego de Zaragoza.
     Un amigo en el Galacho fai un percorrido polo Galacho de Juslibol, fabulando a formación da devandita paraxe natural, con ilustracións que reflicten a lenda que unha pega lle narra a un neno, e unha serie de fichas que, ó remate, desentrañan a flora e a fauna que poboa este curruncho tan achegado a Zaragoza.
     Dixo a crítica:
     «Ilustraciones y relato son complementarios, pero sobre todo son sensitivos y luminosos», Antonio Losantos, Diario de Teruel.
     «La última incorporación al buen momento de la narrativa infantil aragonesa [...] Se lee con deleite», Heraldo de Aragón.
     Polo que atinxe a Contos de viaxe —presentouse en localidades galegas: Noia, Pontevedra, Santiago de Compostela, Betanzos, A Coruña, Vigo... e inda por enriba foi sometida ó «lume» dun foro de lectura cos entendidos participantes na Tertulia Literaria da Biblioteca de Bueu—, trátase dun conxunto de vinte relatos curtos escritos en galego sobre diversos lugares de España. É unha guía de viaxe para os sentidos, para a imaxinación e o entretemento. A través do libro dáse unha voltiña pola Península, por aqueles sitios nos que o autor decidiu pararse un momentiño a facérlle-la súa pequena homenaxe.
     A crítica:
     «Estamos ante un libro original en su planteamiento y en su resolución [...] A destacar también la captación psicológica de los personajes», Xulio Valcárcel, El Ideal Gallego.
     «Contos de viaxe, junto con la obra en castellano Un amigo en el Galacho [...] representan el comienzo de su carrera como escritor y como promesa literaria.», Diario de Pontevedra.

[Setembro, 2003]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega