vb2antomfortes.html
Nacín e vivín en Sarria,
e algo en Compostela e Lugo. Completei os estudos de Filoloxía en Portugal e
Francia, polo que me sinto moi cómodo nestas dúas culturas, ademais de na
galega, da que amo sobre todo a lingua, que levo ensinando trinta anos.
Talvez vivise menos do que lin, porque Cioran e Céline
marcaron os meus vinte, e a vida parecía que luxaba. Con Proust sobordei
aparentemente o suicidio de meu avó en longas noites de lectura compulsiva.
Devorei a Joyce, e as xoias que na carreira acariñamos, na convalecencia dun
atropelo que me tivo meses inmóbil. Son lusófilo, e desde o Cabo Verde de
Germano Almeida ou meu "curmán" Corsino António Fortes, ou a Angola de Lobo
Antunes, até a Lisboa de Pessoa, atopo moitos parentes de alma. Da poesía
galega, a miña consoante preferida é o "p": de Pallarés, Pato, Pereiro,
Pexegueiro, Pimentel, Pozo ou Pondal...
|