Antón Grande


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1antongrande.html

     Antón Grande Penela (Antón Grande), naceu en Lugo o 8 de xullo de 1953. Durante os seus anos de estudante de bacherelato en Lugo comeza a publicar as primeiras narracións na "Táboa Redonda", as páxinas literarias de El Progreso que dirixía Ánxel Fole, a cuia tertulia acudía con certa frecuencia. Tamén participaba, por veces, da tertulia que mantiña Celestino Fernández de la Vega.
     Durante esta época fai tamén crítica literaria na Hoja del Lunes de Lugo e forma parte do taller de teatro "La Araña". En Radio Lugo, e na compaña do escritor Xesús Valcárcel, fai durante cinco anos o programa cultural "Fogar de Breogán", o segundo programa en galego feito na radio lucense dende a dictadura franquista.
     No seu período de estudante de Filoloxía en Santiago, mantén unha grande relación cos compoñentes do grupo poético "Cravo Fondo", con moitos dos cuais mantiña e sigue mantendo unha fonda amistade.
     Como xornalista leva traballando dende o ano 1979, desempeñando os cargos de xefe de informativos de Radio Lugo-Cadena Ser, redactor de El Progreso, onde foi logo responsable das seccións de monográficos e de cultura. Na actualidade é redactor xefe de Localia-Telelugo.
     Ademáis de en libros, ten publicada obra narrativa en revistas como Coordenadas, Atlántico Express, Luzes de Galicia, Cuadernos del Norte, Grial, Capela, etc.
     No ano 1989 obtivo o Premio Galicia de Xornalismo por unha serie de artigos de investigación, publicados en El Progreso de Lugo, sobre a loita e a vida dos maquis en Galicia.
     Foi o gañador do primeiro premio de narrativa "Álvaro Paradela", do Ferrol, co conto tiduado "O reloxo", e ten tamén sendos premios de narrativa e poesía en "Meigas e Trasgos", de Sarria, así como o segundo premio "Pedrón de Ouro" de guións radiofónicos.

[Febreiro, 2002]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega