Antón Losada Diéguez

(1884 - 1929)

 

 
Obras
Biografía
 
Losada Diguez. html

     Antn Losada Diguez naceu en 1884 na parroquia de San Mamede, situada no concello de Bobors, O Carballio. Os seus primeiros anos transcorreron entre o pazo de Moldes, a casa petrucial da familia —de orixe fidalga e ideoloxa ultraconservadora— e a vila da Estrada, onde o pai traballaba como notario. Mais moi novo foi levado interno Guarda para estudar o Bacharelato no Colexio Apstolo Santiago de Santa Isabel de Camposancos cos xesutas. Non obstante, conseguira o ttulo de bacharel en 1899 no Instituto de Pontevedra.
     Doutor en Filosofa e licenciado en Dereito —tras pasar polas universidades de Deusto, Salamanca, Madrid e Compostela— comezou a traballar como profesor axudante de Armando Cotarelo Valledor. Nesta altura Losada iniciou a sa relacin co movemento galeguista e co agrarismo de corte social-catlico. Nos anos seguintes loitou por que as antigas reivindicacins agraristas tivesen un oco no nacionalismo, tentando, ademais, tender unha ponte entre as posturas galeguistas e a Igrexa —Losada nunca abandonara a sa relixiosidade—.
     No ano 1911 viaxou a Madrid co obxectivo de preparar oposicins ctedra de Psicoloxa, Lxica, tica e Rudimentos de Dereito, obtendo o primeiro posto. Tres anos despois —tendo sido destinado en diferentes centros como Catedrtico de Instituto— fxose cunha praza en Ourense. Losada integrouse perfeccin no ambiente cultural da cidade, onde permaneceu at o seu translado a Pontevedra (1919).
     Desde o seu ingreso en 1917 nas Irmandades da Fala, Losada desempeou un papel relevante na conformacin da ideoloxa nacionalista na Galiza. Resultar decisivo na evolucin dos que chegaran a ser os componentes do Grupo Ns, atraendo a Risco, Noguerol, Otero Pedrayo e Cuevillas s Irmandades. Chegou a presidir a I Asemblea Nacionalista en Lugo en 1918 e, dous anos mis tarde, encontrarase entre os fundadores da revista Ns —que se fixo realidade a partir dunha sa idea—. Tamn foi membro destacado do Seminario de Estudos Galegos, ao que accedeu en 1924.
     Para aln dalgns contos publicados en revistas como Ns ou Alborada —"Home viaxeiro", "Queixumes", "Conto sinxelo", "Amaecer"—, pezas teatrais —"A Domeadora"—, poemas e un breve escrito de ton filosfico —"Teora cuasi trasdendental da velocidade"—, a obra de Losada componse fundamentalmente de ensaios —maiormente polticos—, que seran compilados en 1985 baixo o ttulo de Obra completa. Porn, a forte influencia que Losada exerce nos componentes da Xeracin Ns non se produce unicamente a travs dos seus escritos ensasticos —pouco numerosos, por outra parte—, mais sobre todo por medio da conversa, do discurso e do intercambio epistolar. Defensor da entidade nacional do pas galego, esixir a sa soberana poltica como afirmacin imprescindbel perante un Estado centralista e explotador.
     Losada Diguez, a quen se dedicara o Dia das Letras Galegas de 1985, faleceu en Pontevedra no ano 1929, con cuarenta e cinco anos. Neste mesmo ano a revista Ns dedicou o nmero 71 sa figura. Tempo despois os seus restos foron transladados capela familiar na igrexa parroquial de Moldes.

 

logoDeputacin logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega