Bernardino Graña


 

Novidades
Obras
Biografía
 
v1bernardinograna.html

     Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura en secundaria, até a súa xubilación en 1991. Desde ben mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. Participou tamén como articulista en La Noche e no Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta en numerosas publicacións. En 1958 participa na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG).
     É autor dunha ampla obra que abranxe diferentes xéneros. Da súa produción poética pódense salientar os seguintes títulos: Poema do home que quixo vivir (1958), Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes... (1980, Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela), Sima-Cima do voar tolo (1984), Himno verde (1992). No referente ao seu teatro son de subliñar as obras Vinte mil pesos crime (1962), Sinfarín contra don Perfeuto (1975) e Os burros que comen ouro nunca cabalos serán (1992, Premio Abrente de Ribadavia 1979). Como autor de narrativa para público infantil son de notar O león e o paxaro rebelde (1991, Premio de Contos para rapaces O Facho), Fins do mundo (1974), Planeta dos ratos tolos (1990), Xan Guindán, capitán (1991), Oso mimoso (1992), Namoro de lobo Pipo na escola de don Perico (1992), O gaiteiro e o Rato Pérez (1994, Premio Merlín 1993), Xan Guindán, mensaxeiro (1994), Cristo e San Pedro, peregrinos (1994), Rata linda de Compostela (1994), O lobo e o grilo (1995), Contra o león covarde (1995), Xan Guindán e os Salvaxes (1995) ...

[Febreiro, 2002]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega