vb2doravazquez.html
Dora
Vázquez naceu en Ourense, Galicia, España, o 21 de agosto de
1913. Seus primeiros estudios foron na Coruña, onde viviu dende
os seis ata os trece anos. Os dazasete, ingresou na Escola Normal
do Maxisterio de Ourense, onde levou o Primeiro Premio de
Ingreso. Fíxose mestra nacional nos cursiños do ano 33. Exerceu
en Teimende, Parada do Sil, Ourense 18 anos. Logo en Larín,
Arteixo, A Coruña onde traballou outros quince. Casada con
Antonio Rodriguez Vázquez mestre, ten dous fillos, Antonio Alejo
e Abelardo. Actualmente é viuva, xubilada voluntariamente por
motivos de saude e vive en Ourense.
Dende a sua xuventude sintiu
aficións literarias, comenzando a publicar artigos no diario La
Noche, de Santiago de Compostela en 1948. Colaborou despois
en El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, Vida
Gallega, Vagalume, Arquero, Céltica,
Faro de Vigo. Nas revistas profesionais, como El
Magisterio Español y Escuela Española. Nas
poéticas, Poesía Hispánica, Poesía de Venezuela
e outras esporádicas e americanas. Tamén no Diario El
Universal, Páginas e Vida y Letras de
Caracas, e nos prelos da emigración en América en prosa e
verso. Colaborou no Noticiario informativo da rexión galega na
emisión radial "Sempre en Galicia" e no Boletín
da Sociedade da "Hermandade Gallega" de Caracas.
En Galicia colaborou en Radio Nacional de España, A Coruña, na
"Emisión Bazar", 1956-1957.
A súa obra componse de arredor dun
millar de traballos, artigos e poemas desparramados en diversos
periódicos e revistas, aparte da sua obra maior que se compón
de ensaios, contos, novelas, teatro e escolares. Xa xubilada e en Ourense,
colaborou en O Correo Galego
e La Región.
Dora Vázque faleceu en Ourense o 23 de setembro de 2010.
|