Eladio Rodríguez

(1864 - 1949)

 

 
Obras
Biografía
 
mb1eladiorodriguez.html

      Eladio Rodríguez González naceu en 1864 en Leiro (Ourense). A súa infancia transcorreu na aldea natal. Anos despois instalouse na Coruña onde alternou o seu traballo de funcionario municipal coa literatura e o xornalismo.
      Iniciouse como xornalista profesional no xornal coruñés La Mañana, do que foi director, e a partir de 1896 dirixía tamén El Noroeste. Alén disto, colaborou en numerosas publicacións como O Tío Marcos da Portela, A Gaita Gallega, Revista Gallega ou A Nosa Terra. En 1904 fundou con outros xornalistas a Asociación de Prensa da Coruña, da que foi presidente. Formou parte da Cova Céltica (1894). Asimesmo pertenceu ao grupo de académicos fundadores da Real Academia Galega (1906), e presidiu esta entre 1925 e 1934. Integrouse nas Irmandades da Fala da Coruña (1916) e formou parte do coro Cántigas da Terra (1917), do que foi presidente.
      Recibiu numerosos premios en certames e festas da lingua: accésit no Certame de Pontevedra 1886 ("A noite de San Xoán"), primeiro premio dos Xogos Florais de Betanzos 1887 ("Os orfos da emigración"), primeiro premio dos Xogos Florais de Tui 1891 ("Desperta") ou o primeiro premio da Festa da Poesía e da Música Gallega Lugo 1915 ("Sombras"), entre outros.
      Eladio Rodríguez publicou tres libros de poesía encadrados, pola súa temática costumista, dentro da tradición de finais do século XIX: Folerpas (1894), Raza e Terra (1922) e Oraciós campesiñas (1927). En 1914 comezou a traballar no Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano (1958), obra pioneira da lexicografía galega á que dedicou moitos anos da súa vida. O lexicógrafo non chegou a ver este traballo publicado pois, logo de padecer durante anos unha arterioesclerose cerebral, morreu na Coruña en 1949. En recoñecemento ao seu labor, dedicoúselle o Día da Letras Galegas do 2001 coa publicación dunha antoloxía da súa obra poética e a reedición do Diccionario Enciclopédico Gallego-C
astellano.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega