Eusebio Lorenzo Baleir%F3n

(1962 - 1985)

 

 
Obras
Biografía
 
mb4eusebiolorenzobaleiron.html

     Eusebio Lorenzo Baleirón naceu en 1962 en Laíño - Dodro (A Coruña). Estudou en Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1985.
     Colaborou como ensaísta na revista Grial con estudios sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, Nuno Júdice e Luís Pimentel. Destacou na súa faceta poética, que se viu recoñecida por varios premios obtidos en diferentes certames. En 1985 sacaría á luz dous poemarios: Os días olvidados e O corpo e as sombras, a esa altura publica tamén un libro de narrativa, O libro das viaxes e dos soños. A morte prematura impediulle ver editado o que sería o seu terceiro poemario, A morte presentida, que foi publicado postumamente en 1988.
     No décimo aniversario da morte do poeta, editáronse —nun volume intitulado Gramática do silencio. Obra poética— para alén dos libros publicados anteriormente, catro poemarios inéditos escritos entre 1981 e 1985. Asimesmo, en 2000 saíu á luz Antología Poética, unha compilación bilingüe galego-española de toda a obra do autor.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega