Fermín Bouza Brey

(1901 - 1973)

 

 
Obras
Biografía
 
m1bouzabrey.html

     Fermn Bouza Brey naceu en Ponteareas en 1901, mais a sa infancia transcorreu en Vilagarca de Arousa. Cursou o Bacharelato en Pontevedra e Ourense e licenciouse na Universidade de Compostela en Filosofa (seccin de Historia) e Dereito. Nesta cidade, onde pasara a maior parte da sa vida, coeceu o maxisterio de Cotarelo Valledor, colaborou na revista Ultreya e publicou o seu primeiro traballo potico, Romance dos vinte anos (1921). Os seus traballos de investigacin viron a luz nas pxinas dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, no Boletn da Real Academia Galega, na revista Ns ou no xornal A Nosa Terra. Unha vez licenciado en Dereito, co Premio Extraordinario de Fin de Carreira, preparou o ingreso na carreira xudicial en Madrid. A este perodo pertence a novela curta Cabalgadas en Salns (1925). O acceso carreira xudicial en 1929 conduciuno a Lleida, mais axia voltou a terras galegas para exercer de xuz na Estrada, proseguindo co seu traballo no Seminario e na revista Ns. Por estes anos recibe, xunto con Florentino Cuevillas, unha axuda do Centro de Estudos Histricos de Portugal para a realizacin de pesquisas na Bretaa francesa; regresar Francia mis unha vez, en 1933, nesta ocasin pensionado pola Universidade de Compostela. Neste mesmo ano saa do prelo Nao senlleira, primeiro poemario do denominado neotrobadorismo.
     Durante o conflito blico de 1936 foi afastado do seu posto, acusado de masn e galeguista, mais foi rehabilitado como xuz xurdico-militar en Lleida, desde onde retornou Estrada como xuz de Primeira Instancia. Ingresou en 1941 na Real Academia Galega, un ano mis tarde na Real Academia da Historia, e continuou o seu labor historiogrfico desde o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Nas sas colaboracins dos Cadernos de Estudios Galegos realizou unha importante aportacin bibliografa rosaliana. Nestes primeiros anos corenta compaxinou o seu traballo de investigador e docente na facultade compostel de Dereito co cultivo da poesa, resultando premiado en diversos certames literarios.
     Foi cesado no seu cargo a principios dos cincuenta, polo que retomou a sa profesin de avogado en Compostela. Tras rescatar en 1953 o primeiro texto da nosa literatura dramtica, A Contenda dos labradores de Caldelas... Entrems famoso, de Feix de Araxo, o escritor de Ponteareas publicou en Portugal un novo poemario, Seitura (1955), que supuxo o abandono radical do neotrobadorismo.
     A partir de 1969 unha serie de doenzas encadenadas lvao de vagario morte, que lle chega en 1973.

 

logoDeputacin logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega