Francisco Álvarez de Nóvoa

(1873 - 1936)

 

 
Obras
Biografía
 
mb1falvarezdenovoa.html

     Francisco Álvarez de Nóvoa, de orixe ourensá, naceu en Granada no ano 1873. Tras viaxar por España, Portugal e América, estableceuse en Ourense, onde desenvolveu con éxito a carreira xornalística en diferentes publicacións periódicas (El Noticiero, El Diario de Orense...). En El Derecho asinou numerosos artigos de crítica literaria e deu a coñecer varias poesías propias e, en 1894, as súas Paisaxes en prosa. Mais o recoñecemento do seu labor como escritor chegaríalle gracias aos textos que, baixo o título de Agujetas, aparecían nas páxinas de El Miño.
     No volume Pé das Burgas (1899) o xornalista reuníu a súa obra en prosa, redixida antes dos vinte e cinco anos (a partir deste momento non voltaría a cultivar a narrativa na nosa lingua). Nela anunciábase a renovación que anos despois protagonizarían as Irmandades da Fala canto á construción dunha prosa galega moderna; o autor procura unha linguaxe culta e libre de dialectalismos, e foxe do folclorismo, sentando as bases do conto psicolóxico protagonizado por personaxes alleas ao mundo rural.
     Para alén da narrativa e da poesía, Álvarez de Nóvoa cultivou tamén o xénero dramático; mais O señor dalegado, unha peza de carácter cómico que foi estreada, non chegou a ser publicada.
     O escritor faleceu en Ourense en 1936.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega