Laura Tato Fontaíña


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2lauratato2.html

     Quixéravos falar dunha nenez de soño no agreste bairro das Travesas, en Vigo... pero vaia!
     Ou deseñar lembranzas de arrichadas revoltas do 68 (outubro, non maio)... pero vaia!
     Mellor será deixalo, e contarvos de cando aos vinte e tantos cambiei o mar de Martin Codax pola lagoa de Fernan d'Esquio, as doces andoriñas polos feros corvos.
     E pasaron os anos...

     Disposta a facer balanzo... aos vinte era, fundamentalmente, parva.
     Aos trinta comecei a espilir.
     Aos corenta aprendín que liberdade e medo son incompatíbeis.
     E do demais... nadiña!!!
     Aos trinta decidín que nos corenta sería adicta ao chocolate, nos corenta adieino para os cincuenta, e agora deixeino para os sesenta.

     Así que aquí estou, agardando a Perceval!!!

    
Na casa dos sesenta, xa falaremos...

[Maio 2006]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe á autora?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega