Lois Tobío

(1906 - 2003)

 

 
Obras
Biografía
 
mb3loistobio.html

     Lois Tobío Fernández naceu en 1906 en Viveiro (Lugo). Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e no ano 1923 figurou entre os fundadores do Seminario de Estudos Galegos, do que dirixiu a sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas, colaborando con diversos artigos.
     Redactor —con Ricardo Carvalho Calero e Alexandre Bóveda— do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de 1931, Tobío participou, xunto a Castelao, na creación do Partido Galeguista. En 1932 ingresou na carreira diplomática e ao ano seguinte foi nomeado secretario da embaixada española en Bulgaria, onde o sorprendeu a guerra civil. Na diáspora republicana, ideou a creación do Consello da Galiza.
     Iniciou o seu exilio en Nova Iorque e de ahí pasou a Cuba, onde fundou a Escola Libre da Habana; posteriormente, marchou a México, onde exerceu como profesor no Instituto Hispano-Mexicano "Ruiz de Alarcón"; e, por último, a Uruguay, onde residiu até 1963, ano en que se instalou en Madrid.
     A súa produción literaria abrangue os seguintes títulos: A intervención de Gondomar nos problemas internacionais de pesca, Catro ensaios sobre o Conde de Gondomar e unha autobiografía publicada sob o título As décadas de T. L.
    
Colaborador activo na revista Galicia Emigrante —que dirixía Luís Seoane—, algúns dos seus artigos apareceron publicados en varias revistas como Marcha, Imago Mundi ou El Día. Traduciu para o galego obras de Goethe, Heller e Rilke.
     Faleceu en Madrid no ano 2003.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega