Manuel Forcadela


 

Novidades
Obras
Biografía
 
vb1mforcadela.html

     Manuel Forcadela (pseudónimo de Manuel Santiago Fernández Álvarez, Tomiño, 1958). Doutor en Filoloxía, catedrático de lingua e literatura galegas no ensino secundario e profesor asociado na Universidade de Vigo. Como estudioso da literatura publicou as seguintes obras: A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (1988), Guía de lectura de A Esmorga (1991); Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993); A poesía de Eduardo Pondal (1994), a edición crítica da Poesía de Eduardo Pondal (1988) e A poesía galega de posguerra (1997). Como poeta publicou Ferida acústica de río (1982), Premio Celso Emilio Ferreiro; O regreso das ninfas (1985); O varredor en outono (1987), Premio Leliadoura; Nausícaa (1992); Profecía (1993); Morte do fadista (2000), Premio Espiral Maior; Refutación da Musa (2001), Premio da Aula de Poesía de Barcelona. A súa obra narrativa componse dos seguintes títulos: Paisaxe con muller e barco (1990), Premio de Novela García Barros; Sangue sobre a neve (1990); Barato, barato (1991); Contos interruptus (1992); Fóra de xogo (1993); Anxélica (1994); A equipaxe do azar (1994); A armada invencible (1996).

[Febreiro, 2002]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega