Manuel+Lourenzo


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1mlourenzo.html

     

Biografía

    Manuel Lourenzo nace en Ferreira do Valadouro (Lugo) no ano 1943. Dase a coñecer a inicios dos anos sesenta como autor dunha obriña titulada O moucho. Desde ese momento vai desenvolver unha intensa actividade como actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, traductor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
     Funda os grupos e compañías O Facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Compañía Luís Seoane, Elsinor Teatro e Compañía Casahamlet. Para alén de diferentes traballos para a radio, a televisión e o cinema, coordena e redixe, xunto con Francisco Pillado Mayor, varias publicacións (Cadernos da Escola Dramática Galega, Caderno do Espectáculo da Compañía Luís Seoane, Castrodouro-Teatro, Elsinor-Teatro, Revista Casahamlet) e diversos estudios historiográficos sobre a nosa dramaturxia (O teatro galego, Antoloxía do teatro galego, Dicionário do teatro galego).
     A nómina de obras publicadas e/ou estreadas por Manuel Lourenzo ultrapasa os cincuenta títulos: Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca, Viva Lanzarote, A noite dourada de Mimí da Cora, Nosferatu, Xoana, Defensa de Helena, A paixón de Brenda Moore, Adeus Madelón, Electra, Magnetismo, Veladas indecentes, O circo da medianoite, Últimas faíscas de setembro, Lionel.O malestar do benestar, etc.
     Traduce pezas dos clásicos gregos e de autores como Goethe, Büchener, Fassbinder, Heiner Müller e encena máis de cincuenta espectáculos de dramaturgos como Sófocles, Eurípides, Puschkin, Chekov, Strindberg, Brecht, Genet e de autores galegos como Castelao, Cunqueiro, Otero Pedrayo, Euloxio R. Ruibal, Xulio González, Xesús Pisón, Miguel Anxo Fernán-Vello...
     Polo seu labor como escritor e director teatral ten recibido innúmeros galardóns: Premio de Teatro Infantil O Facho, Abrente, Ditea, Cangas, Xeración Nós, Rafael Dieste, Premio Nacional de Literatura Dramática do Estado e o Pedrón de Ouro, entre outros.
     Actualmente dirixe na Coruña, con Santiago Fernández, o estudio teatral Casahamlet.

Curriculum

Nace en Ferreira do Valadouro (Lugo), 15-04-1943.

Autor, director e actor teatral, profesor e conferenciante.

Profesor de E. X. B.

Licenciado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona.

Idiomas: galego, castelán, portugués, francés, alemán.

Colaborador na prensa diaria e en revistas especializadas de teatro: PRIMER ACTO, YORICK, ANTZERTI, ESCENA, etc.

Relator en numerosos concursos teatrais.

Ten recibido numerosos premios de teatro como autor e director, así como literarios en xeral.

Iniciador e propulsor, nos anos sesenta, do Teatro Independente Galego.

Tradutor dos clásicos gregos, así como de autores do noso tempo: Brecht, Fassbinder, M. Yourcenar, Genet, H. Müller, etc.

Imparte cursos de teatro en diversas cidades.

Fundador de: G. T. O Facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Compañía Luís Seoane, Clube Teatral Elsinor e Casahamlet.


1960

    Lecturas:

-Lectura pública da obriña teatral O MOUCHO, de M. L. (A Coruña. Asociación Cultural Iberoamericana).


1965


Funda o Grupo Teatral o Facho, chamado inicialmente Grupo Independente de Teatro (G.I.T.)

    Espectáculos:

-Primeiro espectáculo: POEMAS, de Luís Pimentel; COUSAS, de Castelao, e a farsa de Carlos Muñiz O CABALO DO CABALEIRO, con tradución propia. (G.T. O Facho. A Coruña, Sala de Exposicións da Casa da Cultura, 20-08).


1966

    Espectáculos:

-A FEIRA DOS CRIADOS, escena de "O SEÑOR PUNTILA...", de Bertolt Brecht. (G.T. O Facho. Oza dos Ríos-A Coruña, Salón de baile).

-PROGRAMA CASTELAO-CARLOS MUÑIZ. (G.T. O Facho. A Coruña, Sociedade C. e R. A Gaiteira).

-A LAS SEIS, EN LA ESQUINA DEL BULEVAR, de E. Jardiel Poncela. (G.T. Maxisterio. A Coruña, Escola de Maxisterio).

-O SEÑOR BONHOME E OS INCENDIARIOS, de Max Frisch, tr. Henrique Harguindey Banet e M.L. II CERTAMEN DE TEATRO NUEVO, do Concello da Coruña. (G.T. O Facho. A Coruña, Auditorio de "Festivales de España", sito na Praza de María Pita, 23-08).

-LA CANTANTE CALVA, de E. Ionesco, e LA ÚLTIMA CINTA, de S. Beckett. (Agrupación Teatral Tespis. A Coruña, Casa da Cultura, 10-10).

-SONATA DE ESPECTROS, de A. Strindberg. (A.T. Tespis. A Coruña, Teatro Juan Canalejo).

    Lecturas:

-Lectura pública: ESCOLMA de textos de Castelao. (G.T. O Facho. A Coruña, Casa da Cultura, Sala de Exposicións).

    Programas radiofónicos:

-CASTELAO (R.N.E.).

-CONTOS DE CASTELAO (Radio Coruña).

-O SANTO GRIAL, de Nina Epton, traduc. Ramón Lugrís. (Radio Coruña).


1967

Funda Teatro Circo, o primeiro grupo teatral independente galego.

    Espectáculos:

-HISTORIAS PARA SER CONTADAS, de Osvaldo Dragún; HISTORIA DEL HOMBRE QUE SE CONVIRTIÓ EN PERRO; H. DE COMO NUESTRO AMIGO PANCHITO GONZÁLEZ SE SINTIÓ RESPONSABLE DE LA EPIDEMIA DE PESTE BUBÓNICA DE AFRICA DEL SUR, HISTORIA DE UN FLEMÓN, UNA MUJER Y DOS HOMBRES (Teatro Circo .A Coruña, Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos,26-06).


1968

    Espectáculos:

-CHAPERON, de M. L. (Teatro Circo. A Coruña, Academia Atlas, abril 1968)

-ORACIÓN, de F. Arrabal. (Teatro Circo. A Coruña, Sala Ronda de Nelle).

-PROMETEO, de Esquilo-T. Circo, dramaturxia M. L. (Teatro Circo. A Coruña, Colexio Dominicos, 04-08).

-LONGA NOITE DE PEDRA, de Celso E. Ferreiro. (Teatro Circo. A Coruña, Club Don Bosco).


1969

    Espectáculos:

-O MANDARÍN BIEN-FU /TRES IRMÁS PARVAS, de M. Lourenzo. (Teatro Circo. As Cruces-Sobrado, Escola Unitaria, 29-06).

-ROMARÍA ÁS COVAS DO DEMO, de M. L. (Teatro Circo. A Coruña, R.R. e I. de Artesanos).


1970

    Espectáculos:

-TERRA EN LUME, poemas e cartas de Rosalía de Castro. Espect. prohibido pola censura. (Teatro Circo. A Coruña, Casa da Cultura, Sala de Exposicións, 18-09).


1971

    Espectáculos:

-CRÓNICA DO SOL DE INVERNO, de M.L. (Teatro Circo. Gijón-Asturias, Instituto Femenino Doña Jimena, 15-05).

    Publicacións:

-CRÓNICA DEL SOL DE INVIERNO, tradución do autor. (Primer Acto, nº 137. Madrid).

    Premios:

-ESTRELAS E CAMPÁS EN ADELÁN. 1º Premio no IV Concurso Breogán de contos en lingua galega, do Centro Galego de Baracaldo. (Publicado no Programa de Festas).


1972

    Espectáculos:

-ERROS E FERROS DE PEDRO MADRUGA, de M.L. Prohibido pola censura. (Teatro Circo. Alfoz-Lugo, Patio de Armas do castelo do Castro, 05-08).

-ROMANCE, de M. L. (Teatro Circo. Vilaúde- Alfoz, Bar o Frenazo).

    Publicacións:

-TRES HERMANAS TONTAS, de M.L. tradución do autor. (Yorick, Revista de Teatro, II Época - nº 53, Barcelona).

    Premios:

-CAÍN E ABEL VOLVEN Á CASA VELLA, 1º Premio no V Concurso Breogán de contos en lingua galega do Centro Galego de Baracaldo. (Publicado no Programa de Festas).


1973

    Espectáculos:

-IPÓLITO, de Eurípides-Teatro Circo. (Teatro Circo. A Coruña, R. R. e I. de Artesáns, 26-04-1973).

    Dramaturxia:

-ENTREMÉS FAMOSO SOBRE A PESCA DO RÍO MIÑO, de G. Feixoo de Araúxo. (Teatro Circo. Marín-Pontevedra, Instituto Bacharelato).

    Premios:

-O RETORNO DE CABO DE VELA. 3º Premio de Contos. IV Jogos Florais Minho-Galaicos. Convívio de Guimarâes.


-QUEN TE GOVERNA, LAURÉNCIO?. 3º Premio no VII Concurso de contos en lingua galega do Centro Galego de Barakaldo. (Publicado no Programa de Festas).


1974

    Espectáculos:

-ZARDIGOT, de Euloxio R. Ruibal, versión censurada. (Teatro Circo. Lugo, Círculo das Artes, 04-05).

 

    Premios:

 

-CANDO VOLVA ROS. Mención de Honra, II Concurso Abrente. Ribadavia.


1975

    Espectáculos:

-MACBETH, de W. Shakespeare, tr. e dramaturxia M. L. (T.Circo. Ribadavia, Igrexa da Magdalena, 18-05).

 

-O G. T. Valle Inclán pon en escena TRES IRMÁNS PARVAS, de M. L. (Ribadavia, III Mostra de Teatro Abrente).

    Publicacións:

-TACHOLAS. (Ediciós do Castro. O Castro de Samoedo-Sada-A Coruña).

-ROMERÍA ÁS COVAS DO DEMO (Teatro Galego. Pico Sacro. Santiago de Compostela).

    Premios:

-VIAXE AO PAÍS DE NINGURES. Premio de Teatro Infantil O Facho. A Coruña.

-CORRESPONDENCIA ÍNTIMA. 1º Premio no VIII Concurso Breogán de Contos en lingua galega do Centro Galego de Barakaldo (Publicado no Programa de Festas).


1976

    Espectáculos:

-A LONGA VIAXE DO CAPITÁN ZELTA, de Xaquín Marin-M. L. (Teatro Circo. O Burgo-Culleredo-A Coruña, Universidade Laboral "Crucero Baleares", 12-06).

-Rosario Belda dirixe VIAXE AO PAÍS DE NINGURES, de M. L. (G. T. Semente. A Coruña, Colexio Compañía de María).

 

-O G. T. Círculo Cultural de Perlío pon en escena ROMERÍA ÁS COVAS DO DEMO, de M. L. (Ribadavia, IV Mostra de Teatro Abrente).

 

    Premios:


-O MESTRE, de M. L. Mención de Honra no IV Concurso de Textos Teatrais Abrente. Ribadavia.

1977

    Espectáculos:

-MONTAXE TEATRO CIRCO, de varios autores (T.Circo. Ribadavia, Local da A.C. Abrente, 18-05).

-OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE, de Castelao. (T. Circo. Sargadelos, Auditorio,03-09).



    Publicacións:

-VIAXE AO PAÍS DE NINGURES . (Edit. Galaxia. Vigo).

    Vídeo:

-QUELQUES FLEURS DE SAINTETÉ, de Jean-Pierre Jeanneson, para o Canal 1 da Televisión francesa. (Etnoloxía. Dirección de actrices: Manuel Lourenzo).

    Premios:

-OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE, de Castelao. Premio Aula de Teatro da Universidade de Compostela ao mellor espectáculo galego do ano.


1978

Fundación da Sociedade Cooperativa ESCOLA DRAMÁTICA GALEGA.

    Espectáculos:

-A BENFADADA HISTORIA DE COITADO BAMBOLINAS, de Xulio González Lorenzo. (Escola Dramática Galega. A Coruña, Local da E.D.G., 17-02).

-MULLER DE MULLERES, textos de Otero Pedrayo e A. Cunqueiro. (Escola Dramática Galega. A Coruña, Local E.D.G., 19-12)

-Malveira pon en escena O MESTRE, de M. L. (G.T. Malveira, de Cariño. Ribadavia, I. B., 24-06). 

    Publicacións:

-O TEATRO INFANTIL GALEGO (Cadernos da Escola Dramática Galega, nº 1. A Coruña).

 

-O TESTIGO, conto (Mensaje de Bergantiños, Boletín Interparroquial, Año IV, nº 47. Carballo, julio-agosto 1978).

    Premios:

-TRAXICOMEDIA DO VENTO DE TEBAS NAMORADO DUNHA FORCA. Premio Abrente, de Ribadavia.

 

-O TESTIGO, conto. Premio III Certame Literario de Bergantiños, Carballo.


1979

    Espectáculos:

-O INCERTO SEÑOR DON HAMLET, PRÍNCIPE DE DINAMARCA, de A. Cunqueiro. (Escola Dramática Galega. A Coruña, Sala Ronda de Nelle, 07-06).

-A NOITE VAI COMA UN RÍO, de A. Cunqueiro. (E.D.G. A Coruña, Local da E.D.G., 24-09).

 

-EDÉN, de M. L. (Escola Dramática Galega. A Coruña, Local da E.D.G., 19-12).

 

-RECITAL ANXOS DE CABALGA, de varios autores. (A Coruña, Auditorio Caixa Galicia).

-O G. T. Xiada pon en escena ROMERÍA ÁS COVAS DO DEMO. (Ribadavia, VII Mostra de Teatro Abrente).

    Publicacións:

-O TEATRO GALEGO, en colaboración con Francisco Pillado Mayor. ( Ediciós do Castro. O Castro de Samoedo-Sada-A Coruña).

-A COMPAÑÍA GALEGA MARUXA VILLANUEVA, en colab. con F.P.M. (Cadernos da E.D.G., nº 4. A Coruña).

    Premios:

-TODOS OS FILLOS DE GALAAD. Premio de Teatro Infantil O Facho. A Coruña.


1980

Fundación da Compañía Luís Seoane.

    Espectáculos:

-SCHRECK, investigación corporal. (Escola Dramática Galega. A Coruña, Local da E.D.G.).

-O DEMO NO TELLADO (LUX IN TENEBRIS), de Bertolt Brecht. (Escola Municipal de Teatro. Narón, Local da Asociacióno de Veciños, 03-07).

-DANSEN, de B. Brecht, versión galega de Miguel Pernas. (Compañía Luís Seoane. Sargadelos-Lugo, Auditorio, 04-08).
 

-COPLAS DE PARDO DE ANDRADE (DANZANTES) (E.D.G. A Coruña, Sala Ronda de Nelle, 16-10).


-AS CRIADAS, de Jean Genet, tradución M. Lourenzo-F. Pillado Mayor (Compañía Luís Seoane. A Coruña, Kiosko Alfonso, 05-11).

-Tino Rábade dirixe O FOLIÓN (11.07) e A MAZÁ. (E.D.G. A Coruña, Local da E.D.G., verán).

    Publicacións:

-O FOLIÓN (La Región. Ourense, 17-05).

-DOUS PERDIDOS NUNHA NOITE SUXA, de Plínio Marcos, trad. M.L.-Ramón Rodríguez (Compañía Luís Seoane. Caderno do Espectáculo, nº 1. A Coruña. Estr. C.L.S. A Coruña, Kiosko Alfonso).

-AS CRIADAS, op. cit. (Compañía Luís Seoane. Caderno do Espectáculo, nº 2. A Coruña).

-ESQUEMA DE FARSA - CARA A UN TEATRO POPULAR GALEGO, de Luís Seoane, trad. M.L. (Cadernos da Escola Dramática Galega, nº 11. A Coruña).

    Disco:

-ALÓ CANDO OS ANIMAIS FALABAN, guión e locución. (Ruada, casa discográfica galega. A Coruña).

    Premios:

-CORUÑÉS DEL AÑO-ESPECTÁCULOS. Español S.D.C. de Sta. Lucía.

-TESTAMENTEIROS, Mención de Honra no VIII Concurso de Obras Teatrais en Galego Abrente.

-VINTE POEMAS, Premio Cidade da Coruña de poesía.


1981

Fundación da Sociedade Cooperativa Luís Seoane.

Funda con Francisco Pillado Mayor a editorial Castrodouro-Teatro.

Apertura da Sala Luís Seoane, 09-11.

    Espectáculos:

-A CASA DAS TRES LÚAS, textos de R. Otero Pedrayo, dramaturxia M.L. (Compañía Luís Seoane. A Coruña, Sala Luís Seoane, 26-08).

-BAMBOLIÑAS (II), de Xulio González Lorenzo. (E.D.G.-C.L.S. A Coruña, Sala Luís Seoane, 22-12).

    Publicacións:

-TRAXICOMEDIA DO VENTO DE TEBAS NAMORADO DUNHA FORCA-TODOS OS FILLOS DE GALAAD . (Ediciós do Castro. O Castro de Samoedo-Sada-A Coruña).

-EDÉN E OUTROS PARAÍSOS. Contén: EDÉN - A ARMADURA - A ILUSIÓN DA ESCENA - TRES IRMÁS PARVAS - O FOLIÓN - A VIA LÁCTEA - NOVE E MEDIO - TRES - TOQUE DE GLORIA - O COSTUME - A MAZÁ - MORTE DE ABEL - O LEÓN E A TRIBO - A SOLUCIÓN - O BINÓCULO - NINGUÉN NO PAÍS DE NADA (Colección Castrodouro-Teatro. A Coruña).

-A CASA DAS TRES LÚAS, op. cit. (C.L.S. Caderno do Espectáculo, nº 3. A Coruña).

-A DONCELA GUERREIRA, de Rafael Dieste, tr. M.L. (Cadernos da E.D.G., nº 19. A Coruña).

    Premios:

-VIVA LANZAROTE. Premio de Teatro Infantil O Facho. A Coruña.

-ALÓ CANDO OS ANIMAIS FALABAN. Premio Nacional do Disco (infantil).


1982

    Espectáculos:

-MULLER DE MULLERES (II), op. cit. (C.L.S. A Coruña. Sala Luís Seoane, 19-01).

-A NOITE DOURADA DE MIMÍ DA CORA, de M.L. (C.L.S. A Coruña, Sala Luís Seoane, 09-07).

-O ANIVERSARIO, de A. Chekov, v.g. M.L. (E.D.G. A Coruña, Sala Luís Seoane).

-ENTREMÉS FAMOSO SOBRE A PESCA DO RÍO MIÑO, op. cit. (G.T. Semente. A Coruña, Colexio Compañía de María).

    Publicacións:

-VIVA LANZAROTE (Ed. do Castro. O Castro de Samoedo-Sada-A Coruña).

-FEDRA, libreto para ópera, inspirado en Séneca. (Cadernos da E.D.G., nº 28. A Coruña).

-A NOITE DOURADA DE MIMÍ DA CORA (C.L.S. Caderno do Espectáculo, nº 4. A Coruña).

-ANTOLOXÍA DO TEATRO GALEGO, en colab. con F. Pillado Mayor (Ed. do Castro). 

-ULISES, poema. (La Voz de Galicia. A Coruña).

    Traducións:

-ACTO CULTURAL, de J.I. Cabrujas. (Estr. Teatro da Mari-Gaila. Elx-Alacant).

    Premios:

-ULISES. Premio O Facho de poesía. A Coruña.

-SANTUARIO. Premio Celso Emilio Ferreiro de poesía. Vigo.


1983

    Espectáculos:

-EDIPO REI, de Sófocles, v.g. e dramaturxia, M.L. (C.L.S. Sitges, Teatre Prado, 22-10).

    Publicacións:

-O CASTELO DO CONDE DRAGÓN, teatro chinés, v.g. e dramaturxia M.L. (Cadernos da E.D.G., nº 37. A Coruña).

-SANTUARIO, poemas. (Ed. do Concello de Vigo).

    Premios:

-EDIPO REI. Premio Artur Carbonell, do XVI Festival Internacional de Teatre de Sitges.


1984

    Espectáculos:

-XULIA, de A. Strindberg, v.g. e dramaturxia. M.L. (C.L.S. A Coruña, Sala Luís Seoane).

-FAUSTO, LENDA ÁUREA DOS SANTOS DA MONTAÑA, dramaturxia M.L. sobre textos de Goethe e Marlowe. (C.L.S., en co-produción co Centro Dramático Galego. A Coruña, Sala Luís Seoane).

-ENTREMÉS FAMOSO SOBRE A PESCA DO RÍO MIÑO (II), de G. Feixoo de Araúxo. (G. T. Titiriteiros do Norte. A Coruña, Colexio Público Labaca).

-Cacharela pon en escena A ILUSIÓN DA ESCENA, de M. L. (G.T. Cacharela. Vigo).

-Saíñas pon en escena VIVA LANZAROTE, de M. L. (G.T. Saíñas. Xove-Lugo, Grupo Escolar).

    Traducións:

-WOYZECK, de G. Büchner. (Estr. Centro Dramático Galego. A Coruña, Teatro Rosalía de Castro).

    Premios:

-MEDEA DOS FUXIDOS. Premio Sociedade Filantrópico-dramática. Ribadeo.

-O SEGREDO DA ILLA TRONEIRA. Premio Concello de Xove.

-A LARVA FURIOSA. Bolsa de Traballo da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galiza.

-EDIPO REI. Premio á mellor dirección no 1º Festival Internacional de Teatro de Ribadavia.


1985


    Espectáculos:

-O SEGREDO DA ILLA TRONEIRA, de M. L. (G.T. Saíñas. Xove, Grupo Escolar).

-BAMBOLIÑAS (III), de X. González Lorenzo. (G.T. Titiriteiros do Norte. A Coruña, C.P. Labaca).

-O REI ABORRECIDO, de Xesús Pisón. (C.L.S. A Coruña, Sala Luís Seoane, 23-03).

-Xosé M. Rabón dirixe A LARVA FURIOSA, de M. L. (C.L.S. en co-produción co C.D.G. A Coruña, Sala Luís Seoane).

-Xulio Lago dirixe XOANA, de M. L. (Compañía Dorotea Bárcena, logo Teatro do Atlántico. Santiago de Compostela, Colexio La Salle, 31-07).

    Premios:

-DEFENSA DE HELENA. Premio Teatro de Cámara Ditea. Santiago de Compostela.


1986

    Espectáculos:

-FORZAS ELÉCTRICAS (C.L.S. Santiago de Compostela, Aula de Cultura de Caixa Galicia).

-MOZART E SALIERI, de A. Puschkin, v.g. M.L. (E.D.G. Compostela, Aula de Cultura de C.G.).

-INVASIÓN, de M. L. (G. T. Titiriteiros do Norte. A Coruña, Colexio Público Labaca, 19-04).

    Publicacións:

-O SEGREDO DA ILLA TRONEIRA (Cadernos da E.D.G., nº 61. A Coruña).

-NOSFERATU (O CANTO DO VAMPIRO). (Revista Nó, da Asociación de Escritores en Língua Galega, nº 1. Vigo, outono).

    Traducións:

-A MARAVILLOSA HISTORIA DE MARLY, A VAMPIRA DE VILA DE CRUCES, de Carlos Queiroz. (Estr. Teatro do Atlántico. Santiago de Compostela, Aula de Cultura de Caixa Galicia. Public. no Programa do Espectáculo).

    Cine:

-O SEÑOR QUILMES, de Miguel Míguez. (Actor).

-ESPERANZA, de Chano Piñeiro. (Actor).

    Premios:

-COMO UN SUSURRO. Premio Obras Teatrais do I Festival de Teatro Cómico e Festivo. Cangas do Morrazo-Pontevedra.

-O SOÑO DAS CIDADES. Premio de Teatro Infantil O Facho.


1987

    Espectáculos:

-OTRO MUNDO, de M. L. (Compañía Norberto Di Giorno. A Coruña, Sala Luís Seoane).

-AQUELA HISTORIA DE BLY, de M.L. (C.L.S. Ribadavia, Praza de Sto. Domingo). 

-NOSFERATU, de M. L. (E.D.G. O Castro de Samoedo, Auditorio de Cerámicas do Castro).

-GRACIAS, SEÑOR VAMPIRO, de Ibán Toxeiro. (G.T. Titiriteiros do Norte. A Coruña, C.P. Labaca).

    Publicacións:

-DEFENSA DE HELENA (Editorial Sotelo Blanco. A Biblioteca do Arlequín, nº 4. Barcelona).

-O RETRATO, no tomo MONÓLOGOS (Ed. Sotelo Blanco. A Biblioteca do Arlequín, nº 2. Barcelona).

-DICIONÁRIO DO TEATRO GALEGO, en colab. con Francisco Pillado Mayor. (Ed. Sotelo Blanco. Barcelona).

    Cine:

-A ESPERANZA, de Miguel Míguez.

-NOVO DE PARMUÍDE, de Roberto Vidal Bolaño.


1988

    Espectáculos:

-ESPECTROS, textos de R. Otero Pedrayo, dramaturxia M.L. (C.D.G. Santiago de Compostela, Teatro Principal, 21-05).

-COMO AS CAMISAS DE LIÑO, textos de R.O.P., dramaturxia M.L. (E.D.G.)

-OS AMANTES DE VERONA, de M. L. (G. T. Titiriteiros do Norte. A Coruña).

-O G.T. do Instituto Rosalía de Castro pon en escena O RETRATO, de M. L. (Santiago de Compostela, Instituto Rosalía de Castro).

-A Compañía Amaro, da Coruña, realiza a montaxe de FEDRA, de M. L., baixo a dirección de Manuel Bouzón.

    Publicacións:

-A PAIXOM DE BRENDA MOORE (Algália, Revista da Associaçom Galega da Língua, nº 15, outono).

-QUARTETT, de Heiner Müller, traduc. M.L. (Caderno-Programa do Espectáculo). (Estr. Teatro do Atlántico. Santiago de Compostela, Teatro Principal).

    Cine:

-DEL MIÑO AL BIDASOA, de José Briz. (Actor).

    Premios:

-O BOSQUE MÁXICO DE XABARÍN. Premio de Teatro Infantil O Facho. A Coruña.


1989

    Espectáculos:

-ADEUS, MADELÓN, de M.L. (E.D.G. O Burgo-Culleredo-A Coruña, Universidade Laboral, 12-06).

    Publicacións:

-UNHA MAN DE VENTO CONTRA O MAR. (I Xornadas de Teatro na Radio. Caixa Galicia. Lugo).

    Traducións:

-LIBERDADE BREMANA, de R.W. Fassbinder. (Estr. Teatro do Atlántico. O Burgo-Culleredo-A Coruña, Universidade Laboral. Public. no programa do espectáculo).

    Vídeo:

-HERMINIA DA PONTE, de Xosé A. Cermeño. (Actor).


1990

Funda o Clube Teatral Elsinor.

    Espectáculos:

-A CANCIÓN DO DESERTO, de M. L. (C. T. Elsinor. A Coruña, Sala Ronda de Nelle, 14-06).

    Publicacións:

-ULISES, op. cit. (no libro Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989). Ediciós do Castro. Poesía).

    Vídeo:

-ROQUE DAS GOAS, de Xosé A. Cermeño. (Actor).

-MOROSOS, de R. Vidal Bolaño. (Actor).

-PAPÁ QUERIDO, de Euloxio R. Ruibal. (Actor).

    Audio:

-Participación na ESCOLMA POÉTICO-MUSICAL GALEGA, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Premios:

-Premio Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, pola súa aportación ao teatro galego.


1991

    Espectáculos:

-A SENSACIÓN DE CAMELOT, de M.L. (Teatro do Alvardán. A Coruña, Colexio Calvo Sotelo).

-A CASA DOS AFOGADOS, de Miguel Anxo Fernán-Vello. (C.D.G. Compostela, Teatro Principa, 06-02).

-UNHA IDEIA XENIAL PARA ACABAR COA GUERRA, de M.L. (C. T. Elsinor. A Coruña, Sala Ronda de Nelle, 27-06).

-AGAMENÓN EN ÁULIDE, primeira parte do espectáculo OCASOS. (Teatro do Atlántico. Pontevedra, Teatro Principal, 20-11).

    Publicacións:

-XOANA (Cadernos da Escola Dramática Galega, nº 91. A Coruña).

-AGAMENÓN EN AULIDE, 1ª parte do espectáculo OCASOS, de Teatro do Atlántico. Publicado no programa do espectáculo).

-FORNO DE TEATRO FANTÁSTICO. Contén: PATRICIO E A FADA - A SENSACIÓN DE CAMELOT - O ARMACÉN DOS ARTISTAS - O SOÑO DAS CIDADES - O BOSQUE MÁXICO DE XABARÍN. (Ediciós do Castro. Sada).

-O SOÑO DOS HOMES SENTADOS - POR UN LENZO DE LAXEIRO. (No libro HOMENAXE A LAXEIRO DE ESCRITORES E ARTISTAS DE GALICIA, relatos, (Ed. Galería de Arte Citania. Santiago de Compostela).

    Traducións:

-CLITEMNESTRA E O CRIME, de Marguerite Yourcenar, 2ª parte do espectáculo OCASOS, op. cit.

-O OSO e O CANTO DO CISNE, de A. Chekhov, v. g. e dramaturxia de M. L. (Espectáculo CHEKOV, CHEKOV. Escola Dramática Galega. Santa Cruz-Oleiros-A Coruña, Auditorio Municipal).

    Cine:

-A SORTE CÁMBIA?, de Héctor Carré. (Actor). Premio Colectivo de interpretación no Festival de Alcalá de Henares.

-O CASO DA GALIÑA AFORCADA, de Miguel Gato. (Actor).

    Premios:

-O HÓSPEDE ESCANDINAVO. Bolsa de traballo da Consellería de Cultura e Xuventude da X. de G. para obra narrativa.

-I Premio no Certame Galego de Teatro Xuventude de Lugo, por A SENSACIÓN DE CAMELOT. (Teatro do Alvardán).


1992

    Espectáculos:

-EI, FELDMUHLE!, de Xesús Pisón. (E.D.G. A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, 21-04).

-O IMORTAL, de Xesús Pisón. (Teatro do Alvardán. Sargadelos-Cervo, Auditorio, agosto).

-O CAMIÑO DAS ESTRELAS, textos de M.L., Xesús Pisón, Lino Braxe e Flor Maceiras. (C. T. Elsinor. Boiro, Casa da Cultura, 20-11).

-Xoán Cejudo dirixe TATUAXE (O BINÓCULO II). (Pífano. Compostela, Teatro Principal, 16-05). 

    Publicacións:

-TEATRO MÍNIMO. Contén: LAURA - A PAIXOM DE BRENDA MOORE - MARIO E MANFREDO (1ª parte) - COMO UN SUSURRO (II) - A CANCIÓN DO DESERTO - O BINÓCULO (II) - AQUELA RÚA. (Elsinor-Teatro. A Coruña).

-MENSAXE DO DÍA UNIVERSAL DO TEATRO, lido en Compostela, Instituto Galego da Información.

    Cine:

-O CAFÉ DOS OLLOS VERDES, de Antonio F. Simón. (Actor).

    Audio:

-ALÓ CANDO OS ANIMAIS FALABAN. Fonoteca de El Correo Gallego.

-Colaboración na gravación CONTOS POPULARES. Fonoteca de El Correo Gallego.

 

    Pregóns:

 
-Pregón da Feira do Libro. (Foz, 20-08).


    Premios:

-Galego do Mes, de El Correo Gallego. Santiago de Compostela.

-LUX IN TENEBRIS. Premio de narrativa Pub Combo. A Coruña.


1993

    Espectáculos:

-A VELADA DE LONDRES, de M.L. (G.T. Universitario. A Coruña, Sala Ronda de Nelle, 30-03).

-DEZDE BÓZNIA CON AMOR, de M.L. (Carlos Sante) e SPANISH PELOTÓN, de M.L. (Os Quinquilláns). (Festa do teatro antimilitarista. Santiago de Compostela, Sala NASA, 19-05).

-MORTE ACCIDENTAL DE HAMLET, de M.L. (Teatro do Alvardán. A Coruña, Sala Ronda de Nelle, 26-05).

-TRANSFORMEIXON, teatro de rúa. (Os Quinquilláns. Laxe, Praza, 30-07).

-MARIO E MANFREDO (I-II) e NENGÚN AMIGO PARA O BLUES. (C. T. Elsinor. Sargadelos-Lugo, Auditorio, 12-08. E A Coruña, Sala Ronda de Nelle, versión final, 20-10).

    Publicacións:

-A VELADA DE LONDRES (extracto). (Gaveta, revista universitaria, nº 4. A Coruña).

 

-O CAMIÑO DAS ESTRELAS, de M. L. (PEREGRINOS, MULLER, CEGO, RAPAZA, NAI PRODUTORA, ACTORES), Lino Braxe, Flor Maceiras e Xesús Pisón. (Elsinor-Teatro, nº 2. A Coruña.)

    Premios:

-O XARDÍN DOS CONTOS. Premio Xeración Nós, da Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol. (Estr. Teatro Galileo. Mugardos, Casino).

-A LEXIÓN SONAMBULA. Finalista no I Concurso de Obras Teatrais Inéditas Camiño de Santiago.


1994

    Espectáculos:

-ELECTRA, de Eurípides, v. g. e dramaturxia M.L. (E.D.G.-Uvegá Teatro, I.G.A.E.M. A Coruña, Estación Marítima, 01-03).

-LITÚRXIA DE TEBAS, de M.L. (M. L. Compostela, Sala Galán, na serie CURTOS, xullo).

-NA BRÉTEMA, SEOANE, poemas de Luís Seoane, dramaturxia M.L. (C. T. Elsinor. Ponteceso, Instituto de Bacharelato, 13-05).

-O AVIÓN PARANOICO, de M.L. (C. T. Elsinor-Teatro do Alvardán. Santiago de Compostela, Sala Galán, 21-12).

-Roberto Salgueiro dirixe CANDO CHEGA DECEMBRO, de M. L. (Aula de Teatro do Vicerrectorado de E. U. de Compostela. Compostela, Teatro Principal, 03-02).

-Participación como actor, no papel de Stanislavski, no espectáculo do C.D.G. OS APRENDICES DE BRUXO.

    Publicacións:

-O XARDÍN DOS CONTOS, op. cit. (Programa do Espectáculo. Impr. Sta. Rita, S.L. Jubia, Dep. Leg. C.- 126-1994). Editado tamén por Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1994.

-ELECTRA. (Cadernos da Escola Dramática Galega, nº 103. A Coruña).

    Cine:

-EL BAILE DE LAS ÁNIMAS, de Pedro Carvajal. (Actor).

-DAME FUEGO, de Héctor Carré. (Actor).

    Premios:

-O MILAGRE VINTETRÉS, Accésit II Concurso de Obras Teatrais Inéditas Camiño de Santiago.


1995

Funda, con Francisco Pillado Mayor, a colección CADERNOS DE TEATRO.

    Espectáculos:

-COPENHAGUE, de Xosé Cid Cabido e Andrés A. Vila, premio A. Cunqueiro 1992. (Uvegá Teatro. Vigo, Auditorio Cidade de Vigo, 10-03).

-TEÑO MEDO, de M.L. (Cinco + 1. A Coruña, Colexio Calvo Sotelo, 05-05).

-VENENOS (A VÍA LÁCTEA / COMO JEKYLL E HYDE), de Xesús Pisón, Premio Rafael Dieste, 1994. (Uvegá Teatro. A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, 13-05).


-ACTOR PROFISIONAL BASTANTE BEN RELACIONADO E CON IDIOMAS de M. Lourenzo. (C. T. Elsinor. Santiago de Compostela, Sala Galán).

-O AUTÉNTICO OESTE, de Sam Shepard. (Balea Branca. A Coruña, Fórum Metropolitano, 01-12).

    Publicacións:

-O PERFÍL DO CREPÚSCULO. Contén: LITURXIA DE TEBAS - AGAMENÓN EN ÁULIDE - OS PERSAS (Cadernos de Teatro, nº 1. A Coruña).

-A SENSACIÓN DE CAMELOT. (Teatro nas Aulas, nº 1. Asociación Sócio-Pedagóxica Galega. A Coruña).

-DEZDE BÓZNIA CON AMOR. (Mosca, nº 2, revista. A Coruña).

-A LEXIÓN SONÁMBULA, op. cit. (Colección Sempre no Camiño. Hércules de Ediciones, S.A. - Consellería de Cultura. Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago. Compostela).

    Traducións:

-CASA DE BONECAS, de H. Ibsen. (Estr. Teatro do Atlántico. Narón-A Coruña, Casa da Cultura).


1996

    Espectáculos:

-HOSTIA, de Armando Cotarelo Valledor. O CANTO DE VILAVELLA, de M. Lourenzo. (C.D.G. Ferrol, Teatro Jofre, marzo).


-GALEGUIDADE, curto de teatro, de M. L. (C.T. Elsinor. Compostela, Sala Galán, 06-07).

-A ESTRATEXIA DO NARCO, de M. L. (C.T. Elsinor. Sargadelos, Auditorio, 07-08).

-PA, de Vicente Montoto. (Uvegá Teatro. Betanzos, Aula Municipal de Cultura, 19-10).

-O REGRESO, de M.L. (C.T. Elsinor. Padrón, Centro Social, 17-11).

-Roberto Salgueiro dirixe A VELADA ESPECTRAL DE MISTER PEABODY, de M. L. (Aula de Teatro da USC. Santiago de Compostela, Teatro Principal, 30-01).

    Publicacións:

 

-O CANTO DE VILAVELLA. En HOSTIA, de Armando Cotarelo Valledor. Colección Centro Dramático Galego (IGAEM), nº 11. Santiago de Compostela, 10-03

-VELADAS INDECENTES. Edicións Laiovento Teatro, 79. Santiago de Compostela

-MAGNETISMO. Deputación Provincial da Coruña. A Coruña.

    Premios:

-O AVIÓN PARANOICO. 2º premio no VII Certame Galego de Teatro Xuventude 96. Lugo.

-MAGNETISMO. Premio de teatro Rafael Dieste 1996. A Coruña.


1997

    Espectáculos:

-A NOSA RELACIÓN COA ARTE, (curto), de M. L. (C.T. Elsinor. Compostela, Sala Galán, 30-04).

-UNHA NOITE EN ELSINOR, de Cunqueiro-Shakespeare-H. Müller, traduc. M. Lourenzo. (C.T. Elsinor. Sargadelos, Auditorio, 07-08).

-MAGNETISMO, de M. L. (Uvegá Teatro. Carballo, Cine Rega, 01-10).

 

-Xoán Carlos Mexuto dirixe A SENSACIÓN DE CAMELOT. (C. T. Campus de Ferrol. A Coruña, abril).

 

-Xavier Castiñeira dirixe MARIO E MANFREDO. (Bagoada Teatro. A Coruña, Pub Atlantis, maio).

-Carlos Biscaínho dirixe NO PARQUE [CONCERTO] (Barralivre. A Coruña, Café Marfil.)

-Carlos Biscaínho dirixe CONCERTO (Barralivre. Boiro, Casa da Cultura).

 

-Xosé Arca dirixe VIAXE AO PAÍS DE NINGURES. (G. T. BERENGUELA, da Baña. Teo, Asociación Cultural A Mámoa, novembro).

    Publicacións:

-MARIO E MANFREDO, en MONÓLOGOS IV. Asociación de Autores de Teatro. Departamento de Publicaciones. Valencia.

-SOBRE A ORIXE E FUNCIÓN DA DIRECCIÓN ESCÉNICA E OUTROS ESQUEMAS. No libro de Manuel F. Vieites TEORÍA E TÉCNICA TEATRAL. Edicións Laiovento. Ensaio, 97. Santiago de Compostela.

-O CIRCO DA MEDIANOITE. A.S.-P.G., A Nosa Terra, A Nosa Literatura, 45. Vigo.

 

-LUX IN TENEBRIS. Premio de Narrativa Pub Combo (A Coruña, 1998). En Pablo Rodríguez, MANUEL LOURENZO. VIVIR PARA O TEATRO. Edita Uvegá Teatro. Santiago de Compostela.

    Traducións:

-AS TROIANAS, de Eurípides. (Estr. Espello Cóncavo. Narón, Casa da Cultura).

    Cine:

-ISOLINA DO CAUREL, de Chema Gagino. (Actor).

-AÍNDA MÁIS DIFÍCIL, de Ángel de la Cruz. (Actor).

    Outros:

-Pablo Rodríguez publica: MANUEL LOURENZO. VIVIR PARA O TEATRO. (Uvegá Teatro. Santiago de Compostela).

    Premios:

-Premio Nacional de Literatura Dramática, por VELADAS INDECENTES. Madrid.


1998

Creación, con Santiago Fernández, de CASAHAMLET, ESTUDIO DE TEATRO. (A Coruña, Club Universitario, 12-03).

    Espectáculos:

-CONTOS DA CABANA (TRINCHEIRA, FALTA HAMLET, ACTRIZ ABANDONADA POLO SEU ESPECTADOR, VARÓN), de M. L. (Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. Compostela, C.D.G.)

-ZOCOS, de Vicente Montoto e M.L. (Uvegá Teatro. Carballo, Cine Rega, febreiro).

-CONTOS DA TERRAZA I (AMANTE PÓSTUMO), de M. L. (C. T. Elsinor. Compostela, Sala Galán, 10-06).

-CONTOS DA TERRAZA II (O REGRESO e AMANTE PÓSTUMO), de M. L. (C. T. Elsinor. A Coruña, Café Marfil, 02-07).

-TEXTOS DE OTERO PEDRAYO (ODA AO XAMÓN e O BORRACHO), por M. L. (Bergondo-A Coruña, Pazo de Mariñán, 18-07).

-Manuel Geraz dirixe O JARDIM DOS CONTOS, de M. L., versión portuguesa de Alexandre Pasos (Teatro do Noroeste, de Viana do Castelo. Viana do Castelo, Teatro Municipal Sá de Miranda, 13-02).

-Pedro Pablo Riobó dirixe O ARMACÉN DOS ARTISTAS, de M. L. (Obradoiro de Teatro do Instituto María Soliño. Cangas do Morrazo, Colexio Eduardo Pondal).

-PLENILUNIO, O universo poético de Chus Pato. (Casahamlet. A Coruña, Auditorio Caixa Galicia, 14-12).

    Publicacións:

-FRAGMENTOS (Contén: THOMAS BERNHARD, PAISAXE, O REINO DE ATRÁS, MERCADORÍA, BABEL), en galego e español. Revista Art Teatral. Cuadernos de minipiezas ilustradas. Año X, nº 10. Valencia.

-A CONQUISTA DA CRIPTA (fragmento). La Voz de Galicia. Culturas. A Coruña, 09-06.

-A CONQUISTA DA CRIPTA. Ediçoes Tema. Lisboa. Texto completo. Trad. Alberto Augusto Miranda.

-MAGNETISMO. (Fragmento, traduc. ao español polo autor), en LA NUEVA DRAMATURGIA GALLEGA, de Manuel F. Vieites. Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España. Serie "Debate", nº 7. Madrid.

-CONTOS DO VALADOURO, con Xesús Pisón e Isaac Ferreira. Ed. A Nosa Terra. Nós os galegos. Vigo, agosto.

 

-RESIDENTES PRIVILEXIADOS, conto. En VV. AA., Liñas para lelas. Edita: Grándola Nova Edicións e produccións Audiovisuais, A Coruña, setembro.

    Dramaturxia:

-PETER PAN, de J. M. Barrie, traduc. gal. de Denís López. (Espello Cóncavo. A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, 21-08).

    Traducións:

-ESTACIÓN / ESTAÇAO MAHAGONNY (personaxes que falan galego ou español), da adaptación portuguesa da obra de B. Brecht, realizada por Alexandra Moreira da Silva. (Teatro do Noroeste, Viana do Castelo - Teatro do Noroeste, de Compostela - Centro Dramático Galego. Pontevedra. Auditorio do Palacio de Congresos e Exposicións, 25-04).

 

-LIGAZÓN, de Valle-Inclán.

    Vídeo:

-Actor, na serie televisiva de Antón Reixa MAREAS VIVAS. (Vídeo Voz).

 

    Pregóns:

 

-Pregón das Festas do Oito. (Ferreira do Valadouro, 05-09). Publicado fragmento, baixo o título "Mitos e lendas do Val do Ouro [sic]", en La Voz de Galicia (A Mariña), 06-09-1998, p.46.

    Premios:

-MARISA SOTO (II Premios de Teatro MARÍA CASARES), da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena. (A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, 30-03).

-VOZ DEL AÑO DE LA CULTURA. La Voz de Galicia. (Lugo, Gran Hotel, 24-04).

-LUCENSE DEL AÑO. CULTURA. El Progreso. (Lugo, Gran Hotel, 13-06).


1999

 

Presentación, con Santiago Fernández e Augusto César Lendoiro, de CASAHAMLET, REVISTA DE TEATRO. ( A Coruña, Deputación Provincial, 18-06).

    Espectáculos:

-A DONCELA GUERREIRA, de Rafael Dieste, traduc. e dramaturxia M. Lourenzo. (Casahamlet. A Coruña, Teatro Colón, 03-05). 

-José Boavida dirixe O REGRESSO, traduc. Alberto Augusto Miranda. (Comédias de Lisboa. Lisboa. Sociedade Guilherme Cossoul, 22-05).

-Alexandre Passos dirixe e interpreta AGAMMENON EM ÁULIDA, vers. portuguesa de A. Passos. (Viana do Castelo, Antigos Paços do Concelho).

-Cilha Lourenço e Santi Fernández dirixen O SOÑO DAS CIDADES, de M. L. (Casahamlet. A Coruña, Fórum Metropolitano, 26-05).

-A VELADA DE LONDRES, de M. L. (Casahamlet. Carballo, Cine Rega, 02-12).

    Publicacións:

-FALTA HAMLET. Casahamlet, Revista de Teatro, nº 1. A Coruña. Maio.

-AMANTE PÓSTUMO. Enclave, Revista galega de política e pensamento, nº 5. Verán.

-VELADAS INDECENTES. Traduc. español: Carlos Penela. Argitaletxe HIRU, S. L., Hondarribia (Guipúzcoa).

    Vídeo:

-Actor na serie MAREAS VIVAS.

 

    Pregóns:

 

-Pregón da IV Feira do Doce, en verso. (Allariz, 01-08).

 

-Pregón da VII Malla, en verso. (Alfoz, Finca Galea, 15-08).

    Premios:

-ÚLTIMAS FAÍSCAS DE SETEMBRO. Premio de Teatro Rafael Dieste, 1999. A Coruña


2000

    Espectáculos:

-A VELADA DE LONDRES, de M. L. (Casahamlet. Lisboa, Sociedade Guilherme Cossoul, 28-01).

-Ricardo M. Fernández dirixe O SOÑO DAS CIDADES, de M. L. (A Coruña, Instituto de Elviña, 02-03).

-FILLOS DO VENTO. Textos de A. Cunqueiro e A. R. Castelao. (Casahamlet. San Cibrao, Casa da Cultura, 25-04).

-Cilha Lourenço e Santi Fernández dirixen O XARDÍN DOS CONTOS, de M. L. (Casahamlet. A Coruña, Colexio Calvo Sotelo, 27-04).

-Margarita Cachaza dirixe FEDRA, de M. L. (Vichelocrego Teatro. Gondomar, I.E.S. Auga da Laxe, 12-05).

-PETIT RÉCITAL DE POÉSIE MÉDIÉVALE ET ROMANTIQUE GALICIENNE, de varios autores. (Casahamlet. Alloue-Charente, Maison du Comedien Maria Casarès, 01-07).

-Xoán R. Teixeira López dirixe MAGNETISMO, de M. L. (Ribadeo, Auditorio, 18-09).

-ÚLTIMAS FAÍSCAS DE SETEMBRO, de M. L. (Casahamlet. A Coruña, Teatro Colón, 29-11).

    Publicacións:

-ÚLTIMAS FAÍSCAS DE SETEMBRO. Deputación Provincial da Coruña. A Coruña, 2000.

.LIONEL. O MALESTAR DO BENESTAR. No tomo DEZ ANOS DE TEATRO GALEGO (1990-1999), de Cilha Lourenço e Carlos Vizcaíno. Edit. Abano. Ourense.

-PENSAR CO CORPO. Manuais Casahamlet, Teatro, nº 1. Deputación Provincial da Coruña. A Coruña, 2000.

    Lecturas e outros:

-Actor en A ESTRELA E O VENTO. Poesía Galega dos séculos XIX e XX. Dir. Santiago Fernández. (Casahamlet. Carral, Igrexa Parroquial, 26-02).

-Lector en DON HAMLET, de A. Cunqueiro. Dir. Santiago Fernández. (Casahamlet. Arteixo, Casa da Cultura, 11-04).

-Dirección de A NOITE VAI COMA UN RÍO, de Álvaro Cunqueiro. (Casahamlet. Miño, Centro Social do Parque, 29-04).

-Dirección de LIONEL, de M. L. (Lectura). (Casahamlet. A Coruña, Fórum Metropolitano, 28-11).

    Vídeo:

-Actor na serie MAREAS VIVAS.


2001

    Espectáculos:

-José Boavida dirixe O BINÓCULO, de M. L. Versión portuguesa de Alberto A. Miranda. (Grupo Altacena. Lisboa, Sociedade Guilherme Cossoul, 15-02).

-Daniel Martínez dirixe A CANCIÓN DO DESERTO, de M. L. (Agrupación Teatral Mariñán. Curtis, I.E.S., 29-03).

 

-Margarita Cachaza dirixe FEDRA, de M. L. (G. T. Vichelocrego. Gondomar, Mostra de Teatro, 10-06).

-Margarita Cachaza dirixe O BOSQUE MÁXICO DE XABARÍN, de M. L. (G. T. Vichelocrego. Gondomar, I.E.S. Auga da Laxe, 15-06). 2º Premio Especial á mellor representación en galego no Certame de Teatro Xuventude, de Lugo.

-A SENSACIÓN DE CAMELOT, de M. L. (G. T. Raiolas, de Alfoz. Alfoz, patio de armas do castelo do Castro, Semana Medieval, 28-07).

-Ramiro Neira dirixe AMANTE PÓSTUMO, de M. L. (G. T. Alexandre Bóveda. A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, 29-11).

-Manolo Otero dirixe ÚLTIMAS FAÍSCAS DE SETEMBRO, de M. L., en español. (Madrid, Casa de Galicia, 29-11).

-HAMLET E FAMILIA, textos de A. Cunqueiro, W. Shakespeare e H. Müller. (Casahamlet. Tabeaio-Carral, Sociedade Xente Nova, 28-12).

    Publicacións:

-O CAN, en O CAN, O LIBRO E O ESPELLO. Casahamlet, Revista de Teatro, nº 3. A Coruña, maio 2001.

-FROUSEIRA, en SAN LOURENZO 2001. Edita: Asociación "Rente ao mar ese camiño". Foz

    Lecturas:

-O CIRCO DA MEDIANOITE, de M. L. (Casahamlet. A Coruña, Portas Ártabras, 12-05).

-O CAN, O LIBRO E O ESPELLO. MISTERIO CHARENTÉS, de M. Lourenzo, Xesús Pisón e Miguel Anxo Fernán Vello. (Casahamlet. A Coruña, Portas Ártabras, 15-06).

 

    Traducións:

 

-Textos para o espectáculo HAMLET E FAMILIA. (Casahamlet. Tabeaio-Carral, 28-12).

    Vídeo:

-Actor na serie MAREAS VIVAS.

    Cine:

-Actor no filme O LAPIS DO CARPINTEIRO, de Antón Reixa.

 

    Pregóns:

 

-Pregón das festas de Cee.

 

-Pregón da Mostra Internacional de Teatro. (Ribadavia, 18-07).

 

-Pregón do III Mercado Medieval, teatralizado en verso, Casahamlet. (Alfoz, O Castrodouro, 28-07).

 

-Pregón das Festas do San Froilán. (Lugo, 04-10).



    Premios:

-Ribadavia. XVIIª  Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

-PEDRÓN DE OURO.


2002

    Espectáculos:

-ESCURO ENIGMA EU SON. Recital-concerto. Poemas de E. Pondal e música de Brandam. (Casahamlet. Laxe, Casa da Cultura, 18-05).

-ANIMAL VACÍO, de Xesús Pisón. (Casahamlet. Outes, Centro Social, 20-10).

-Daniel López Castro dirixe e interpreta MARIO Y MANFREDO, de M. L. Tradución de Daniel López Castro e Ana Carril. (Bagoada. Madrid, Temple Bar, 13-02).

-Santi Fernández dirixe O BOSQUE MÁXICO DE XABARÍN, de M. L. (Casahamlet Xuvenil. A Coruña, Colexio Calvo Sotelo, 06-05).

-Cilha Lourenço dirixe O AVIÓN PARANOICO, de M. L. (Casahamlet Xuvenil. A Coruña, Colexio Calvo Sotelo, 06-05).

 

-Luís Avilés dirixe CONCERTO, de M. L. (É Teatro. Noia, Casino, 20-07).

-Lino Braxe dirixe NAI PRODUTORA, de M. L., no espectáculo HISTORIA DE AMORES E GUERRAS. (Memorial Ibán Toxeiro. A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, 31-10).

    Publicacións:

-A PROBA, LERIA HABITUAL DE HAMLET e ACTRIZ ABANDONADA POLO SEU ESPECTADOR. Casahamlet, Revista de Teatro, nº 4. A Coruña, maio 2002.

 

-DESDE A SOMBRA DAS ESTATUAS, La Voz de Galicia, Relatos de verán, Páxinas Literarias, A Coruña, 23-08.

    Dramaturxia:

-ANIMAL VACÍO, de Xesús Pisón. (Casahamlet. Outes, Centro Social, 20-10).

    Lecturas e outros:

-Natalia Menéndez dirixe a lectura dramatizada de EL GLACIAR, de M. L. Tradución do autor. (S.G.A.E. VII Muestra de Dramaturgia Española Contemporánea. Madrid, Sala Manuel de Falla, 08-04).

-Recitador no espectáculo poético-musical CANTA, SI QUERES, NA LINGUA QUE EU FALO, sobre poemas de Rosalía de Castro. (Coral Polifónica Follas Novas. A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, 21-04).

    Cine e vídeo:

-Actor no filme ENTRE BATEAS, de Jorge Coira.

-Actor na serie MAREAS VIVAS.

-Actor na serie TERRA DE MIRANDA, de Chema Gagino e Jorge Coira.

 


2003
 

     Espectáculos:

-Santi Fernández dirixe O SEGREDO DA ILLA TRONEIRA, de M. L. (Casahamlet Xuvenil 1. A Coruña, Colexio Calvo Sotelo, 19-05).

-LITURXIA DE TEBAS, de M. L. (Casahamlet. Sargadelos-Cervo, Auditorio, 21-08).

     Publicacións:

-A LARVA FURIOSA, e ADEUS, MADELÓN. Espiral Maior, Teatro, nº 1, A Coruña.

-O GLACIAR. Editada en Internet por Alberto Augusto Miranda. Lisboa.

     Dramaturxia:

-LISÍSTRATA, de Aristófanes. Versión e tradución: M. L. (Estr.: Valacar-ONCE. Dirección: Arturo López. A Coruña, Teatro Rasalía de Castro, IX Mostra de Teatro ONCE, 29-03).

     Lecturas:

-Lector en MEDEA EN CORINTO, de Luz Pozo Garza. (Casahamlet. A Coruña, Museo de Belas Artes, 12-12).

     Traducións:

-LISÍSTRATA, de Aristófanes. Versión e dramaturxia: M. L. (Valacar-ONCE. A Coruña, Teatro Rosalía de Castro, IX Mostra de Teatro ONCE, 29-03).

     Cine:

-Actor no filme O LAPIS DO CARPINTEIRO, de Antón Reixa (Estrea).

-Actor no filme A ROSA DE ALEXANDRÍA, de Rafael Monleón.

-Actor na serie AS LEIS DE CELAVELLA, de Gerard Gormezano (Para TVG).

     Pregóns:

-Pregón da Feira Medieval, teatralización Casahamlet. (Betanzos, balcón do Pazo Municipal, 04-07). Publicado en Betanzos, 2003.

     Premios:

-MÁCARA (II Edición do Premio). Como recoñecemento á súa traxectoria profesional. IV Ciclo Teatral Amateur de Palas. (Palas de Rei, 02-08).


2004

     Espectáculos:

-A DONCELA GUERREIRA, de Rafael Dieste. Tradución, adaptación e dramaturxia: M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo e Paulo Serantes. (Escola Municipal de Teatro de Betanzos. Betanzos, Aula Municipal de Cultura, 05-06).

-PRIMEIRO FOI O MAR, poesía galega sobre o mar, de varios autores. Recital-concerto. Música de Paulo Serantes. Dirección: Santiago Fernández. (Casahamlet. Sargadelos-Cervo, Auditorio, 12-08).

-MARÍA CASTAÑA. UNHA REVOLTA POPULAR, de Emilio Álvarez Giménez. Dirección: M. Lourenzo. (Grupo de Lectura Dramática Casahamlet. Foro Teatral XVII. A Coruña, local de Casahamlet, 28-10).

-Margarita Reiz dirixe AMANTE PÓSTUMO, de M. L. Tradución para español do autor. Lectura dramatizada. Intérpretes: Mª Jesús Valdés, Marta Robles. (Ciclo de Lecturas Dramatizadas da SGAE. Madrid, Círculo de Bellas Artes, 05-11).

-LIONEL. O MALESTAR DO BENESTAR, de M. L. Dirección: Santiago Fernández. (Casahamlet. A Coruña, UDC, Facultade de Filoloxía, Campus da Zapateira, Sala de Xuntas, 02-12).

-Antonio Martín Travieso dirixe FALTA HAMLET, de M. L. (Repámpanos Teatro. Santiago de Compostela, Centro Socio-Cultural das Fontiñas, 09-12).

     Publicacións:

-O PASSEIO. Mealibra, Revista de Cultura, nº 13, Viana do Castelo, Centro Cultural do Alto Minho, Inverno 2003-2004, pp. 146-148.

-PARA TÃO GRANDE DANÇA DA MORTE E DO AMOR, prólogo ao libro de Vergílio Alberto Vieira PÁRA-ME DE REPENTE. Edit. Caminho, S. A. Lisboa, 2004.

-LITURXIA DE TEBAS. Casahamlet, Revista de Teatro, nº 6. A Coruña, maio 2004.

-INSOMNES ( O GLACIAR / NOSFERATU / A CONQUISTA DA CRIPTA). Edición: Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor", nº 32. Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística. Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía. Campus da Zapateira. A Coruña, xuño 2004.

     Vídeo:

-Locución no vídeo UNHA NOVA VIDA, de Héctor Diéguez.

     Premios:

-IV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, pola súa actuación no espectáculo LITURXIA DE TEBAS, da propia autoría de Manuel Lourenzo. (Concello de Padrón, 19-11).


2005

     Espectáculos:

-Chus Álvarez dirixe COMO UN SUSURRO, de M. L. (Grupo de Animación á Lectura, do Fórum Metropolitano. A Coruña, Fórum Metropolitano, Sala de Exposicións, 08-04).

-LONXE. Versos galegos de Lorenzo Varela. Recital-concerto. Música de Brandam. Dirección: Manuel Lourenzo. (Casahamlet. Perlío-Fene, Colexio Jorge Juan, 02-05).

-POR FAVOR, ABRAN AS CORTINAS. Textos de A. Cunqueiro, Sarah Kane e Thomas Bernhard. Tradución, dramaturxia e dirección: Manuel Lourenzo. (Casahamlet. Santiago de Compostela, Sala Galán, 05-05).

-A ESTACIÓN DO VENTO. Textos poéticos e dramáticos de A. Cunqueiro. Profesores: Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. Coordinadores: Paco Alvarellos e Raquel Rodríguez. (Escola Municipal de Teatro de Culleredo. Estrea: Miño, Centro Social, formando parte dunha Aula Aberta de Casahamlet, 28-05. Representación: O Burgo-Culleredo, Edificio Servizos Múltiples, 03-06).

     Publicacións:

-NOCTURNOS (XOANA / A LÚA PON O OVO EN VERONA / AQUELA HISTORIA DE BLY). Edicións Laiovento, Teatro, nº 194. Ilustración capa: Ana Pillado Vega. Bertamiráns-Ames (A Coruña), marzo 2005.

-MÚSICA NOCTURNA. Casahamlet, Revista de Teatro, nº 7. A Coruña, maio 2005.

-CAMIÑAR POLO ARAME CUNHA LATA DE CERVEXA. Cadernos Teatro, nº 1. Edicións Laiovento. Ilustración capa: Xosé Luis de Dios. Bertamiráns-Ames (A Coruña), xuño 2005.

-CONTOS DO VALADOURO. Con Xesús Pisón e Isaac Ferreira. Nova edición, corrixida e aumentada (trescentos seis contos). Ediciós do Castro, narrativa. Ilustración capa: Xesús Pisón. O Castro-Sada (A Coruña), outubro 2005.

-O GLACIAR / EL GLACIAR. Tradución do autor. Edita: Primer Acto. Colección El teatro de papel, nº 2. Madrid, diciembre 2005, pp. 51-145.


2006

     Espectáculos:

-O CUARTO DO PRÍNCIPE. Textos de varios autores. Coordinación: Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. Coa colñaboración de Paulo Serantes e Xabier Ramilo. (Casahamlet. Estrea: Santiago de Compostela, Sala Roberto Vidal Bolaño, XII Festival Internacional de Teatro Universitario, 23-03).

-DA OUTRA BANDA DA PONTE, de Francisco Pillado Maior. Sobre a vida e obra de Manuel Lugrís Freire. Dirección: Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. (Casahamlet. Estrea: A Coruña, Local de Casahamlet, 30-03).

-CONTOS TROIANOS (ILLA, AGAMENÓN EN ÁULIDE, MENELAO AFLITO), de M. Lourenzo. Dirección: Manuel Lourenzo. (Casahamlet. Estrea: O Burgo-Culleredo, Edificio de Servizos Múltiples, 13-10).

-Minke Lago dirixe ELECTRA, de M. L. (Escola Municipal de Arte Dramática "Marisa Soto". Silleda, Casa da Cultura, 24-11).

     Publicacións:

-GUÍA DAS OBRAS DRAMÁTICAS DE ÁLVARO CUNQUEIRO. Con Francisco Pillado Maior. Manuais Casahamlet, Teatro, nº 6. Deputación Provincial da Coruña. A Coruña, febreiro 2006.

-CONTOS TROIANOS. AGAMENÓN EN ÁULIDE. Cadernos de Teatro Escolar A Pinguela, nº 48, Ed. Fervenza, A Estrada (Pontevedra), maio 2006.

-CONTOS TROIANOS. MENELAO AFLITO. Cadernos de Teatro Escolar A Pinguela, nº 49, Ed. Fervenza, A Estrada (Pontevedra), maio 2006.

-CONTOS TROIANOS. ILLA. Cadernos de Teatro Escolar A Pinguela, nº 50, Ed. Fervenza, A Estrada (Pontevedra), maio 2006.

-A NOITE DOS CABALEIROS. Edita: Asociación Cultural O Mundo de Galea, Alfoz (Lugo), xullo 2006.

-ECLIPSES (A PREA / ECLIPSES / CRÓNICA FUNESTA DE ALEMPARTE). Edicións Laiovento, Teatro, nº 208. Ilustración capa: Ana Pillado Vega. Bertamiráns-Ames (A Coruña), agosto 2006.

-FUTURO. En Roberto Pascual (ed.) (2006), Palabra e acción. A obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego. Edit. Tris Tram, Colección Máscaras nº 7, Lugo, decembro 2006, pp. 315-318.

     Premios:

-Premio de Teatro Roberto Vidal Bolaño 2006. (Gondomar, 25-03).

-Premio de Teatro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) 2006. (Santiago de Compostela, 06-05). Pola publicación de NOCTURNOS, editado por Laiovento en maio de 2005.


2007

     Espectáculos:

-Paulo Serantes dirixe LOBOS DE MENTIRA, de M. L. (Casahamlet. Estrea: A Coruña, Local de Casahamlet, 23-01).

-Roberto Luna dirixe VIVALDI, SEÑOR, de M. L. (Intérprete: Roberto Luna. Estrea: A Coruña, Local de Casahamlet, 15-02).

     Publicacións:

-NON VOS NECESITO, Galicia Hoxe, Revista das Letras, nº 662, Santiago de Compostela, 29-03, p. 4.

     Cine:

-Actor (personaxe secundaria) na serie A VIDA POR DIANTE, de Voz Audiovisual (Para TVG), 23-02.

-Actor na curtametraxe ALMA ESQUECIDA, de Luís Ríos e Clara Prieto. (Estrea: A Coruña, CGAI, 24.02).

     Premios:

-CELANOVA, CASA DOS POETAS. Polo seu compromiso a favor do teatro galego e universal. (Celanova, 24-02).

 

 

 

 

 

 

 



[Marzo, 2007]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega