Manuel Pereira Valcárcel


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1mpereiravalcarcel.html

     Manuel Pereira Valcárcel naceu en Ouzande-A Estrada (Pontevedra) en 1955. Reside en Madrid onde traballa de mestre.
     Participou nos libros colectivos Intifada (Fundación Araguaney, Santiago, 1989 e 2003), Homenaxe a Miguel González Garcés (Deputación da Coruña, 1991), Comercial (Río Xuvia Edicións, Neda-A Coruña, 1998), Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (vtp, Madrid, 2000), 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, Vigo, 2001), O trazo aberto (Deputación de Pontevedra, 2002), Narrativa Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes (Edicións Fervenza, A Estrada, 2005), Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes Montes (Edicións Fervenza, A Estrada, 2005) e Pontevedra Literaria (Concello de Pontevedra, 2007).
     Coordinou, xunto con Vicente Araguas, a edición de En tránsito. Poesía galega en Madrid (Ediciós do Castro, O Castro-Sada, 2001).
     En narrativa, gañou a novena edición (1992) do premio de relatos Casa de Galicia en León por Día de inverno; e en 1999 concedéronlle un accésit no concurso MODESTO R. FIGUEIREDO pola narración Sobremesa.
     De xeito individual publicou os libros:

 

     Poesía:

  • Poemas de cinza (Edición do autor, Madrid, 1990)

  • Todo morte (Edicións Río Xuvia, Neda-A Coruña, 1998, reeditado en 2006 por Ediciós do Castro, Sada-A Coruña)

  • Rosa íntima (Espiral Maior, A Coruña, 2000)

  • Inventario de fragmentos (Libros da Frouma-Librería Follas Novas, Santiago de Compostela, 2001) co que conseguíu o premio Rosalía de Castro, na modalidade de galego, da Casa de Galicia en Córdoba

  • Libro das viaxes (Editorial Litoral das Rías, Pontevedra, 2003).

     Prosa:

  • Traxectos curtos (Editorial TresCTres, Santa Comba, 2005)

  • Días do final (Editorial Galaxia, Vigo, 2007).


[Setembro, 2010]


¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega