Marcelino Fernández Mallo


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2marcelinofernandezmallo.html

     Soa sospeitoso: home de empresa dende os dezanove anos, publica o seu primeiro libro de fición pasados os corenta. As traxectorias dunha vida están inzadas de curvas e cruzamentos; tamén dalgunhas liñas rectas, de cando en vez.
     Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UNED e MBA polo IMD, Escola de Negocios de Lausanne. A de Suíza foi unha experiencia multicultural e policromática: falar inglés con xentes de 35 países e en galego cos homes de negro dos restaurantes ou cos de azul subidos nos andamios. Desenvolveu a meirande parte da súa carreira profesional no sector financeiro galego. Algún dirá: o capital no ten patria! Xa, pero a patria necesita do capital. Impartiu charlas e cursos en distintos foros así como nas Universidades galegas e algunha outra alén de Pedrafita. Moitos dos estudantes que escoitaron esas parolas, demasiados, remataron traballando en Madrid, Valencia ou Pamplona. Tamén colabora en xornais e revistas de distintos eidos e durante un par de anos participou no Faladoiro da Radio Galega

     Publicou o ensaio De la Peseta al Euro na Editorial Pirámide antes incluso da cuñación da moeda única. Estreouse na fición co libro de relatos Cabilia, publicado en Primera Persona. Na súa contraportada pódese ler: "Galicia aparece sempre agochada nas bambolinas de cada relato, na meirande parte dos casos en mestizaxe con outros cosmos e culturas." Esa mesma podería ser, de haber algunha, a filosofía da súa narrativa. En 2008, e da man de Ézaro Ediciones, publica a novela A trenza, e en 2010 Klásicos, segunda novela, desta vez a través de Morgante, selo de Rinoceronte.

     Ei-lo seu espazo na rede: http://atrenza.blogaliza.org.

    

[Outubro, 2010]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega