Mª do Carme Kruckenberg

(1926 - 2015)

 

 
Obras
Autobiografía
 
vb1mckruckenberg.html

     Mª do Carme Kruckenberg Sanjurjo naceu en Vigo o 3 de Xuño de 1926. Estuda na mesma cidade, no colexio alemán; co gallo da guerra europea non pode rematar os estudos ó pecharse o colexio. Négase a comenzar de novo nun instituto, xa que ten que examinarse do primeiro outra vez. Así que estuda pola sua conta, idiomas, historias, ciencias, literatura, etc, etc. Pódese dicir que é unha auténtica autodidacta. A meirande parte dos seus coñecementos débellos ó seu pai que infundiuna verdadeiro amor polo coñecemento.
     Casa no 1949; dempois de visitar Francia e Italia viaxa a Arxentina. Vive en Bós Aires catro anos. No Río da Prata coñece a elite dos escritores arxentinos e de moitos mais países de América, refuxiados políticos, así como a galegos e españois que están na mesma situación.
     Un dos mais importantes foi Castelao, con quen estivo duas veces falando de política e literatura, foi en Maio e mais en Novembro do 49. Dous meses antes do seu pasamento.
     Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Emilio Pita, Xabier Bóveda...
     Foi unha gran amiga de Rafael Alberti e Mª Teresa León, os seus pais de Arxentina, como ela os define. Na casa dos Alberti, coñece a Miguel Ángel Asturias, Gloria Alcorta, Oliverio Girondo e Nohra Langue, Estela Canto, Mª Rosa Oliver, Salazar Bondi, Guillermo de Torre; foi Guillermo de Torre que a presenta ó seu cuñado Jorge Luis Borges con quen reunese tódolos mércores no Richmond da rúa Suipacha. Alberto Girri, un dos grandes poetas xunto con Olga Orozco. O editor Losada, etc.
     Sepárase do seu marido en 1953 e volve á sua terra no mes de marzo. Ese mesmo ano en casa dos García Lorca coñece a Vicente Aleixandre e a Dámaso Alonso. Nas reunións no Café Gijón trata moi especialmente a Gerardo Diego.
     Nestes anos escribe, Cantigas do vento e Los parajes inmóviles, Rumor de tiempo, editados en 1956 e 1958. En Bos Aires escribe e pubrica Las palabras olvidadas, unha carpeta de tres poemas adicado á Paz, para o Congreso da Paz de Viena, 1950.
     En 1958 fai un libriño para a sua filla, Farol del Aire. Nestes anos viaxa constantemente e remata en Saint Jean de Cap Ferrat Poemas inveitables (en castelán). Para a Col. Alrededor de la Mesa, Bilbao 1962, os Poemas y Canciones de aquí y de allí. Ese mesmo ano na Col. Salnés de Galaxia "Canaval d'Ouro". Volve a viaxar por Francia e Italia e varias veces a Portugal.
     No 1964, Tauromaquia en linea y verso con debuxos da autora, libro que gustou especialmente a Vicente Aleixandre.
     1969, Memoria de mi sueño. 1972, Cantigas de amigo a Ramón G. Sierra do Pampillón. A Sombra ergueita, Ed. Castrelos 1976, (un dos seus mellores libros en galego, escribiu Xesus Alonso Montero).
     Dende isa data ten un tempo de silencio, morre o pai no 72 e ponse a traballar primeiro en seguros e logo durante once anos nos Laboratorios Servier como delegada científica. Rompe ise silencio a morte dunha amiga e profesora da sua filla Cristina, recopilando varios poemas que tiña sen editar, 20 poemas rescatados del olvido y una elegía a Chuca Pereda, 1983.
     Durante estes tres anos que non editou nada, sar en 1986, en Ed. O Castro Cantigas para un tempo esquencido. En 1990 fai xunto con Antón Goyanes unha carpeta de cinco poemas ó mar, Ardora, para Baiona Horizonte Atlántico que leva así mesmo 5 gravados en color. 1992 Ed. O Castro, novamente, Alegoría do ensoño ferido. O Concello de Vigo edita en 1996, os Poemas inevitables na versión galega que fixo a mesma autora.
     1997, sae en edición non venable 21 poemas nun grido de luz e Mediacións á beira da noite, non venables tamén.
     1998, CC.OO. edita Mª do Carme Kruckenberg e 3 poetas medievais da ría de Vigo. 1998 se edita un libro sobre os 39 países que percorreo durante istes anos: Vivir, aventura irrapetible en castelán e galego.
     1999 Jazz espido, Ed. O Castro con debuxos de Eva Llorens, en galego e castelán, e o mesmo ano 1999 en Espiral Maior Poemas sen Resposta.
     Na primavera do ano 2000, pobrica Ed. O Castro-Sargadelos, os poemas editados dende 1953 ata Decembro do 2000, Obra poética case completa.
     Ten en preparación un novo libro de poemas, Recordos da beleza triste.

     Ademais de poeta, Mª do Carme Kruckenberg é autora de diferentes contos e traductora. Así mesmo, ten escrito máis de 200 artigos en revistas e diarios.
     Entre os recoñecementos recibidos, destacan o Premio Alecrín 1997, a Medalla de Galicia (bronce) 1998 e seu o nomeamento como Membro da Enxebre Orden da Vieira.

[Febreiro, 2002]
 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega