vb2mvictoriamoreno.html
María Victoria Moreno
(Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941) estudou Filoloxía Románica en Madrid.
En 1963 conseguiu unha praza de profesora interina no instituto Valle-Inclán,
descubriu a súa vocación pola docencia, gañou as primeiras oposicións que se
convocaron e estableceuse definitivamente en Galicia. Actualmente, xubilada como
Catedrática de Literatura Española no Instituto Torrente Ballester de
Pontevedra e casada co tamén escritor Pedro Ferriol, adícase a escribir e
pescudar facetas da vida que en etapas anteriores lle estiveron vedadas polas
obrigas familiares e laborais.
A identificación de M.V. co noso país, coa súa
cultura e coa súa fala foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e
converteuno na súa lingua. A súa obra literaria goza dunha consideración que
sobardou o ámbito galego, como o demostran as traduccións dos seus libros a
outras linguas. Unha parte dela son contos e novelas dedicadas ao público
infantil e xuvenil. Entre os seus títulos máis coñecidos figuran: Mar
adiante, Novísimos da poesía galega, Leonardo e os fontaneiros, Festa no
faiado, O cataventos, A brétema, Literatura século XX, Anagnórise na
lista de honra do IBBY de 1990, Prosa e verso, As linguas de España,
Eu non teño medo, Guedellas de seda e liño White Raven, do
Centro Internacional de Lectura de Munich, 2002, Amigos de mil colores ou
Diario da luz e a sombra, onde fai unha aposta pola esperanza dende a
súa experiencia como enferma de cancro de mama. Como os pioneiros Carlos
Casares, Paco Martín tivo un primeiro premio de "O Facho", en
1975.
Os seus libros singularizan a María Victoria Moreno
como unha das máis prestixiosas escritoras galegas, tanto en Galicia como no
resto do país.
|