Miguel Anxo Mouri%F1o


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2miguelanxomourinho.html

     Mestre e escritor serodios. Despois de moitos avatares, fai Maxisterio na década dos oitenta e retoma o labor poético que tiña esquecido dende a primeira xuventude. En 1987 gaña o concurso de poesía Lorenzo Varela co poema "Camariña", que foi publicado en edición mural nun cartel de Isaac Díaz Pardo; isto dálle pulo para escribir o primeiro libro: Camariña: sete cruces e unha esperanza. Máis adiante publica un segundo poemario, E segues a tirarme das entrañas, e por fin entra no mundo da literatura xuvenil cunha obra narrativa titulada Os Arriscados. É tamén autor dalgúns poemas soltos con diferentes graos de difusión. Así, por exemplo, circula dende hai xa algún tempo un Esconxuro para os afeccionados a queimadas lúdicas. Outro poema, de título "Xove", exponse nunha aula do Albergue de Gandarío e é considerado a expresión do seu ideario. Tamén existe un díptico que contén o poema "If", de Rudyard Kipling, e a súa traducción "Se" ao galego.

 

blog do autor

[Agosto 2005]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega