Miguel Vila Pernas


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2miguelvilapernas.html

     Son xornalista e emigrante. Galego e cubano. Fun nacer na Habana froito da emigración dos meus pais, naturais do Valadouro. Moi neno emigrei da Cuba natal para criarme no Valadouro. Despois en Mondoñedo estudiei o bacharelato e emigrei a Madrid para estudar xornalismo. Dazaoito anos máis tarde regresei a Galicia (¿volvín emigrar?), casei cunha colombiana e tiven un fillo compostelano (¿son un cidadán global?).
     Se me preguntan digo que son do Valadouro, de todo o Valadouro, sen artificiais divisións municipais que non recoñezo. Así o sinto, pero non renuncio ó meu berce cubano. Por eso levo moi alto a miña galeguidade e cubanía.
     A música tradicional cubana e o estudo da cociña e gastronomía, en especial a tradicional galega, son as miñas paixóns, que levo ós libros e ás colaboracións habituais en varias emisoras galegas de radio. O Valadouro é outro dos meus referentes. E todos eles están presentes en www.colineta.com, nesa xanela entreaberta ó mundo que é a internet.

[Outubro, 2004]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega