Pablo Vaamonde García


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb3pablovaamondegarcia.html

     Pablo Vaamonde García naceu na Baña ( A Coruña) en 1956. Cursou estudios de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou a especialidade de Medicina de Familiar e Comunitaria en A Coruña. Despois de varios anos traballando en Estepona (Málaga), actualmente exerce como médico de familia no barrio coruñés de Labañou.
     Colabora habitualmente na prensa diaria. Ten publicado artigos en El Ideal Gallego, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. Colabora ocasionalmente coa revista Tempos Novos. Desde 1994 é o director da revista médica Cadernos de Atención Primaria.
     Iniciouse na literatura con dúas obras teatrais, estreadas na Mostra de Teatro Galego de Ribadavia polo Grupo de Teatro "Malveira" de Cariño: A Taberna (1976) e Agardando polo tren (1977).
     No xénero narrativo ten publicado diversos relatos no xornal O Correo Galego. En 2002 publicou a novela O fillo do emigrante (tresCtres). Suso de Toro, no prólogo de dita obra, afirma: "Pablo Vaamonde danos aquí unha ración de literatura, non defrauda; neste libro vai drama, destino, entretemento e sentimentos agochados. Literatura".
     O mes de Abril, novela publicada en 2004 por Espiral Maior, conta cun limiar de Víctor F. Freixanes, no que: afirma "Velaquí unha historia común, a crónica íntima dunha vida calquera. ¿Calquera? Tódalas vidas son distintas. Pablo Vaamonde invítanos a ollar dentro de nós, coma nunha radiografía (?) Capacidade de observación. Estampas próximas. Tipos humanos e situacións nas que nos recoñecemos? Pablo Vaamonde sorpréndenos cunha historia cotiá e promete máis historias, oxalá que cargadas de vida, coma esta".

     Luz Divina e outros retratos é o seu último libro publicado. Xulio L. Valcárcel é o autor do prólogo, no que afirma: "Trátase dunha presa de pequenas historias que reflicten de maneira fiel unha parte significativa da sociedade galega actual. Retratos extraídos da vida cotiá, describen polo miúdo os rasgos físicos e psicolóxicos dos protagonistas, moitas veces cargados de dozura, como a nena Luz Divina. Historias que semellan retallos frescos e vivos da realidade que nos rodea con esa capacidade identificatoria tan característica da obra de Vaamonde".

 

[Xaneiro, 2007]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega