Sabela Álvarez Núñez


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1salvareznunez.html

     (LUGO, 1954).
     PROFESORA AGREGADA DE Lingua e Literatura Galegas no IES Virxe do Mar de Noia.
     Actualmente vivo en SANTIAGO DE COMPOSTELA.
     Escritora de contos infantís-xuvenís e autora do primeiro conto feminista da nosa literatura infantil. Autora tamén de libros didácticos relacionados co estudio da lingua e da literatura galega.
     Crítica literaria no campo da Literatura Infantil e Xuvenil con artigos en diferentes xornais e revistas culturais, ademais de participar como ponente en diferentes cursos e xornadas. Impartición tamén de diferentes cursos de Animación á lectura.
     Estudiosa do tema do sexismo na historia da Literatura Infantil e Xuvenil, coa publicación de diferentes artigos sobre o tema e participación en diferentes cursos e xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil.
     Estudiosa
do tema de coeducación, coa publicación de diferentes artigos sobre o tema, ademais de participar como ponente en diferentes cursos e xornadas.
     Participou e promoveu a publicación da Revista Galega de Mulleres Festa da Palabra Silenciada, nacida no ano 83, como aportación das mulleres á cultura galega para promove-la creación feminina e para potencia-lo pensamento feminista. Entre as promotoras están Mª Xosé Queizán, Carmen Blanco, Ana Romaní, Sabela Álvarez, Amanda Álvarez, Isabel Mouriz e Carme Rábade. Colaboradora, por tanto, habitual desta revista.
     Membra do colectivo F.I.G.A. (FEMINISTAS INDEPENDENTES GALEGAS) ata 1994. Hoxe segue a definirse como Feminista Independente aínda que non milite no devandito colectivo.
     Colaboradora da sección "Lilith" de La Voz de Galicia —sección hoxe desaparecida— na que mulleres pertencentes a F.I.G.A., (Feministas Independentes Galegas) ou próximas a este colectivo, desenvolvían comentarios e críticas desde unha óptica feminista.
     Traductora (en colaboración con Xosé Xove) de varias traduccións do catalán ó galego de varios contos infantís populares, na colección infantil "A Galera" da Editorial Galaxia: O coelliño, (1978), O tesouro do rei Mouro (1979), O cesto das cereixas (1979), O dragón (1979), Os tres desexos (1980), Os chícharos maravillosos (1980), O frade pequeno (1988).
     Recibiu o 1º Premio no Concurso de Contos Infantís "O Facho" 1979 co conto O rei de nada e o 2º Premio no Concurso de Contos Infantís "O Facho" 1980 co conto A cova da serpe. Finalista para o Premio Nacional de Literatura Xuvenil (1989), coa obra O rei de nada e outros contos.

[Febreiro, 2002]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe á autora?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega