Tomás Barros

(1922 - 1986)

 

 
Obras
Biografía
 
mb3tomasbarros.html

     Tomás Barros Pardo naceu en Toledo en 1922. Fillo de pais coruñeses, cursou estudos de Bacharelato Superior e Maxisterio en Ferrol. Exerceu como mestre en varias escolas e posteriormente transladouse a Madrid para se licenciar en Belas Artes. Despois de traballar como profesor, gañou a cátedra de Debuxo e a partir de 1972 impartiu aulas na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB da Coruña, compaxinando a docencia coa literatura e a pintura.
     Membro correspondente da Real Academia Galega e candidato a membro da Academia de Belas Artes, compartiu inquedanzas con outros intelectuais da época como Luís Seoane, Rafael Dieste, Vicente Aleixandre, Celso Emilio Ferreiro ou Isaac Díaz Pardo.
     Autor dos poemarios Gárgolas (1950), Berro diante da morte (1964), Abraio (1978) e Vieiro de Señardade (editado postumamente en 1987), no ano 1952 fundou, en colaboración cos poetas ferroláns Mario Couceiro e Miguel Vidal, a Revista de Poesía e Crítica Aturuxo. En 1975, con Luz Pozo, creou e dirixiu na Coruña a Revista de Poesía Nordés.
     Como autor teatral escribiu Panteón Familiar (1955), O dragón (1972), Tres pezas de teatro (1981), O home que gabeou o cume (1984), A casa abandoada (1985) e Fausto, Margarida e Aqueloutro (que se daría a coñecer en 1993).
     Faleceu na Coruña en 1986.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega