Uxío-Breogán Diéguez Cequiel


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2uxiobreogandieguez.html

     Uxío-Breogan Diéguez Cequiel (Madrid, 1978).

     Formouse en diversas localidades españolas e galegas (Madrid, Valladolid, Noia, Compostela?).

     Recén chegado á Galiza foi precoz o seu interese pola escrita xornalística e o ensaio; redixindo textos de opinión sobre actualidade e pensamento, para alén dos editoriais, no marco de A Fume de Caroço, periódico estudantil editado en Noia da mao dos Comités Abertos de Estudantes (CAE), dos que participou como integrante da súa dirección nacional.

     Xa na Universidade de Santiago de Compostela (USC), na que se licenciou en Historia, contribuíu a impulsar xunto outras e outros compañeiros voceiros como Almáciga, editado polos Comités Abertos de Faculdade (CAF).

     Xunto ao seu labor militante -foi membro da Xunta de Faculdade e do Claustro universitario ao longo do tempo que cursou a licenciatura en Historia-, comezou a investigar arredor da historia do nacionalismo galego, primeiro na cronoloxía 1960-1980 e, ao pouco, na franxa 1916-1936..

     En base ás súas investigacións, foi chamado no 2002 pola Fundación Alexandre Bóveda (FAB) para se integrar na Xunta Reitora desta. No ano 2003 asumiu a xerencia da devandita fundación no marco da antesala das celebracións do centenario do nacionalista asesinado que daba e dá nome a aquela entidade.

     Naquel mesmo ano publicaría a FAB a obra A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto, edición ao coidado do propio Uxío-Breogán, quen foi encarregado de introducir cun breve artigo aquel texto central do proceso soberanista galego.

     E foi tamén aquel 2003 no que Uxío-Breogán ficou como finalista nos premios Manuel Murguía de investigación histórica e Vicente Risco de Investigación en Ciencias Sociais.
Un ano no que este historiador co-fundaría Murguía, Revista Galega de Historia, publicación impulsionada para encher unha lagoa, como tantas, existente no país; unha revista cuadrimestral, monolingüe en galego, que combina investigación e divulgación histórica contendo, aliás, entrevistas, reseñas de libros, presentación de museus e arquivos, etcétera, tendo en rede o site web www.revistamurguia.com.

     Como investigador Uxío-Breogán destaca pola biografía que escribíu sobre Álvaro de las Casas (Galaxia, 2003; 250pp) así como sobre o nacionalismo xuvenil na II República, nomeadamente Ultreya; sendo diversas as ponencias que ten redixido para varios congresos nos que ten participado, así como artigos publicados en diversas revistas, caso de A Trabe de Ouro, Grial, Terra e Tempo, etc. Destacando a súa Tese de Doutoramento arredor do nacionalismo galego entre o golpe militar reaccionario do 1936 e a súa concreción en chave frentista na segunda metade do pasado século XX.

     Na actualidade Uxío-Breogán Diéguez combina o seu traballo no seo da Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sndical en Galiza e no marco da Universidade da Coruña da que é profesor.

[Decembro, 2012]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega