Valent%EDn Carrera


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1valentincarrera.html

     Valentín Carrera González (Ponferrada, 1958), xornalista e escritor, Premio Blanco Amor de Novela; premio de xornalismo Francisco de Cossío e premio Galicia de Comunicación. Na actualidade comparte a súa actividade literaria co traballo como Productor Executivo de Ibisa Televisión.
     É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago, Diplomado en Comunidades Europeas pola Escola Diplomática e Master EAVE (Programa Media-Unión Europea); foi profesor asociado de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.
     É autor dos libros, "Viaje al fin de los mundos", ensaio, A Coruña, 1987; "El Viaje del Vierzo", Madrid, 1988; "Riosil", novela, Ed. Xerais, Vigo, 1991; "Robinson en El Bierzo: Manifiesto ecológico", ensaio, Santiago, 1991; "Viaje a los mares de la Antártida", 1987, inédito; "Álbum de Bembibre", León, 1994; "Álbum del Bierzo", Salamanca, 1994; e "Los caminos de la memoria" ensaio, Pontevedra, 1995.
     Como xornalista traballou durante máis de vinte anos na imprensa, radio e televisión, desde que publicou os sus primeiros artigos en 1971, con trece anos de idade, en Aquiana e Diario de León. Desde entón ten sido redactor de La Región (1978-80) e La Voz de Galicia (1980-82; Xefe da Sección Internacional do Diario de Galicia (1987-88); colaborador de La Vanguardia, Diario 16, El País Semanal, Viajar, El Independiente, El Correo Gallego, etc.
     O seu único vicio coñecido son as viaxes a pé, a cabalo, por mar ou en globo. Percorreu varios países de América (Perú, Bolivia, Cuba, Brasil, Arxentina); de Europa (Alemania, Reino Unido, Azores, Madeira, Francia, Rumania, Hungría, Rep. Checa, Bélxica); así como Xapón. Realizou viaxes a pé por Brocelianda (Bretaña), Lisboa-Santiago, Ourense-San Andrés de Teixido; Camiño de Santiago desde Roncesvalles, Cañada de la Vizana, etc.; a cabalo, Galicia, O Bierzo e Escocia; así como periplos marítimos polo Grande Sol e os mares da Antártida. E, recentemente, O Bierzo en globo.
     Polo demais, é amigo da práctica dos verbos da 2ª conxugación (comer, beber, ler...) e solicitou publicamente a nacionalidade da República Independente do Bierzo.


*A tradución é da Biblioteca Virtual Galega.

[Decembro, 2002]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega