Xesús Rodríguez López

(1859 - 1917)

 

 
Obras
Biografía
 
mb3xesusrdguezlopez.html

     Xesús Rodríguez López naceu en Lugo o 28 de Xullo de 1859. Licenciouse en Medicina en Santiago en 1881. A partir desta data, desempeñou a profesión de médico na súa terra natal, onde morreu o 24 de Marzo de 1917.
     A súa carreira literaria comezou coa publicación dun poema intitulado Cousas d'as mulleres, que consta de vintesete capítulos máis un epílogo. Nesta obra o autor fai unha descrición dos costumes dos labregos.
     Algunhas das súas composicións aparecen recollidas en coleccións como Pasaxeiras ou Gallegadas. A máis coñecida é a muiñeira que leva por título "O bico".
     Alén da súa condición como poeta, Rodríguez López cultivou a novela longa en prosa, con A Cruz de Salgueiro. Esta obra foi publicada en 1899 pola imprenta de El Regional, mais xa fora publicada anos antes, por entregas, na revista Galicia, que dirixía na Coruña Andrés Martínez Salazar. A Cruz de Salgueiro é un longo relato costumista de carácter didáctico.
     En 1915 deu a coñecer a comedia O chufón, partindo dalgunhas das escenas dun drama co mesmo título do escritor José María López Castiñeiras.
     Xesús Rodríguez López é un escritor realista e costumista, que reflicte nos seus textos a fala popular da súa propia terra.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega