vb1neiravilas.html
XOÁN
NEIRA (Meilán-Lugo, 1953)
Mestre en Viveiro, onde reside desde 1982. É membro fundador do Seminario de
Estudos "Terra de Viveiro" co que participa en publicacións colectivas e outras
actividades.
Colaborador das páxinas de El Progreso-A Mariña, Heraldo de Vivero. Publica
poemas en revistas: Guieiros, Lúa Nova, Anto, Saudade,
A Xanela, A Casa da Gramática e Xistral entre outras.
Premiado
en distintos certames de poesía: Meigas e Trasgos, Concello de Vilalba (en tres
ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona... e nos de xornalismo Reimóndez
Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal, tamén en tres ocasións.
|