Xosé Manuel Cabada Vázquez

(1901 - 1936)

 

 
Obras
Biografía
 
mb4cabadavazquez.html

     Xosé Manuel Cabada Vázquez naceu en 1901 en Barro, parroquia de Codeseda (A Estrada). Con dezasete anos foi admitido no Seminario-Universidade Pontificia de Santiago de Compostela onde realizaría estudos eclesiásticos e de Maxisterio.
     En 1923 asistiu na Coruña á V Asemblea das Irmandades da Fala; nesa altura xa escribía os seus primeiros poemas en galego. Tres anos despois Cabada Vázquez ingresaba como socio no Seminario de Estudios Galegos e colaboraba en revistas e xornais da época: Faro de Vigo, El Emigrado, El Pueblo Gallego, Céltiga ou Vida Gallega.
     Á volta de 1930 concluíu os seus estudos; desde entón, alternaría o seu labor de docente en varios centros de ensino coa participación activa nos movementos galeguistas da época. Así foi nomeado vocal da Agrupación Nazonalista de Santiago e asistiu a asemblea fundacional do Partido Galeguista en Pontevedra. Da súa faceta literaría deixou publicado un único libro de poemas Vagalumes (1931) e a traducción para o galego do Catecismo do Padre Astete.
     O poeta estradense morreu en Linares (Xaén) en 1936, os seus restos non foron transladados a Codeseda até 1962. A súa obra foi reeditada postumamente en 1969 e o concello da Estrada declarou o ano 2001 "Ano Cultural Cabada Vázquez".

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega