Xosé Chao Rego

(1932 - 2015)

 

 
Obras
Autobiografía
 
vb2chaorego.html

     Xosé Chao Rego (Vilalba, 1932). Entra no seminario de Mondoñedo aos dez anos; aos quince vai estudiar Filosofía en Salamanca, onde se licencia. O seu próximo destino será Roma, de onde regresará para Mondoñedo, con 24 anos, xa licenciado tamén en Teoloxía. Neste tempo faise cargo durante tres cursos da dirección do Seminario Maior.
     Exerceu de párroco durante 17 anos na parroquia de Santa Mariña do Vilar, en Ferrol, en anos clave do tardo-franquismo. En 1976 retírase á casa natal de Vilalba, coa idea de se dedicar ao estudio e á publicación cultural e relixiosa. Actualmente é unha das principais figuras peninsulares no ámbito do ensaio sobre temas antropolóxicos e teolóxicos.
     Foi promotor das revistas de renovación cristiá "Irimia" (onde escribe moitos dos anónimos "Cantares do Irimego") e "Encrucillada". Tamén mantén unha columna semanal no xornal "La Voz de Galicia".
     Recibiu o Premio de Ensaio da Crítica en 1983, foi finalista do Premio Nacional de Literatura polo seu ensaio "Eu renazo galego" e no ano 2002 dedicóuselle o Día das Letras Chairegas.

[Novembro, 2002]
 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega