X. Amancio Liñares Giraut


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2alinharesgiraut.html

Xosé Amancio LIÑARES GIRAUT (Negreira, 9-I-1961).
 

FORMACIÓN, ACTIVIDADE ACADÉMICA, EXPERIENCIA PROFESIONAL:

- Licenciado en Xeografía e Historia (Especialidade de Hª Contemporánea) pola Universidade de Santiago de Compostela (1984). Grao de Licenciado (1985). Tese de Licenciatura dirixida polo Dr. Ramón Villares Paz.
- Catedrático de Xeografía e Historia no Ensino Secundario. Docencia nos Institutos de Negreira (destino actual), Ribeira, Noia, A Fonsagrada, Boiro e Santa Comba. Profesor de Secundaria dende 1984 a 2014. Total: 30 cursos académicos.
- Profesor colaborador na Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago, na materia "Lingua e Cultura de Galicia". Cursos 1985 a 1988 (3 cursos) e 1992 a 2012 (20 cursos). Total: 23 cursos académicos.
- Profesor colaborador en diversos Cursiños de Lingua Galega da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
- Profesor colaborador nos Cursos de Verán de Galego para Estranxeiros (Universidade de Santiago de Compostela).

- Profesor dun cursiño de Historia de Galicia na Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana (Cuba), 1994. Facultad de Artes y Letras.
- Conferenciante en diversos centros culturais e educativos de Galicia e en comunidades de emigrantes.
- Cursos de Doutoramento en Hª Contemporánea. Universidade de Santiago, curso 1984-85.
- Tese de Doutoramento, en fase de elaboración, co título Política Agraria, Movemento Asociativo e formación da Agroindustria no Val de Barcala (1940-1980), baixo a dirección do Dr. Lourenzo Fernández Prieto.
- Asistencia -con acreditación documental- a máis de 80 congresos, cursos e xornadas científicas no período 1980-2014.


LIBROS PUBLICADOS:
1. Nun cuarto para agardar (1985). 1º Premio no X Concurso de Narracións Curtas "Modesto R. Figueiredo", do Pedrón de Ouro. Edcs. do Castro, Sada-A Coruña.
2. O Val de Barcala, 1900-1936. Agrarismo, vida política, emigración e cultura (1986). Tese de Licenciatura dirixida polo Dr. Ramón Villares Paz. Feiraco, Santiago.
3. Xulián Magariños Negreira, un home da "Época Nós" (1904-1934) (1988), en co-autoría con Blanca-Ana Roig. Edcs. do Castro, Sada-A Coruña.
4. Conversas con Avelino Pousa Antelo. Memorias dun galego inconformista (1991). Edcs. do Castro, Sada-A Coruña.
5. ¡Ouh Galicia maná! (1992). Narrativa. Biblioteca 114- El Correo Gallego, Santiago.
6. Ramón Martínez López. Pola universalidade de Galicia (1992), en co-autoría con Elixio Villaverde. Ed. Sementeira, Noia-A Coruña.
7. Negreira na guerra do 36 (1994). Edcs. do Castro, Sada-A Coruña.
8. (Ed.) Arredor do centenario de Rosalía, 1985 (1995). Patronato Rosalía de Castro, Santiago.
9. (Ed.) FEIRACO, 25 anos (1969-1994). Un modelo de agroindustria cooperativa (1995). Feiraco, Santiago.
10. (Ed.) FEIRACO e o Val de Barcala. Un camiño de progreso (1995). Feiraco, Santiago.
11. (Ed.) O centenario de Castelao na lembranza, 1986 (1997). Fundación Castelao, Santiago.
12. (Ed.) Vinte anos trobando coa cultura. "Afonso Eanes" (1976-1996) (1997). S.C. "Afonso Eanes", Negreira.
13. Maruxa na Casa-Museo de Rosalía (1999) (en co-autoría con Gonzalo Rey Lama). Fundación Rosalía de Castro, Santiago.
14. Historia. Ciencias Sociais. 2º Ciclo de E.S.O (1999), en co-autoría con VV.AA. Editorial Mc Graw-Hill, Madrid.
15. Negreira, capital barcalesa. Guía Turística (1999). Concello de Negreira.
16. "Diccionario" Eladio Rodríguez (2001), en co-autoría con Antonio Puentes Chao. 3C3 Editores, Santa Comba - A Coruña.
17. Eladio Rodríguez González (2001), en co-autoría con Antonio Puentes Chao. Consellería de Cultura-Xunta de Galicia, Santiago.
18. (Ed.) Xosé Luís Pensado. Philologus et magister. In memoriam (2002) Deputación Provincial da Coruña-Concello de Negreira.
19. "Diccionario" Frei Martín Sarmiento (2002), en co-autoría con Antonio Puentes Chao, 3C3 Editores, Santa Comba-A Coruña.
20. "Diccionario" Antón Avilés de Taramancos (2003), en co-autoría con Antonio Puentes Chao, 3C3 Editores, Santa Comba-A Coruña.
21. Xulián Magariños Negreira (2004) Consellería de Cultura-Xunta de Galicia, Santiago.

22. Ramón Martínez López (2007). 3C3 Editores, Santa Comba-A Coruña.

23. Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX (2007), en co-autoría con Omayra Lista. Premio de Ensaio "Manuel Murguía" (VI Edición, 2006), da Deputación da Coruña. 3C3 Editores, Santa Comba-A Coruña.

24. Son para a "Unión Barcalesa de La Habana" (1907-2007) (2007). 3C3 Editores, Santa Comba-A Coruña.

25. (Coord.) Ciudadanos españoles en el mundo. Situación actual y recorrido histórico (2008). Grupo España Exterior, Vigo.

26. (Coord.) El protagonismo de la mujer en las corrientes migratorias españolas (2009). Grupo España Exterior. Vigo.

27. Negreira. Guía turística (2009). Concello de Negreira.

28. (Coord.) La emigración española a Europa en el siglo XX (2009). Grupo España Exterior. Vigo.

29. (Coord.) Hijos y nietos de la emigración española. Las generaciones del retorno (2009). Grupo España Exterior. Vigo.

30. (Coord.) La memoria de la emigración. Fuentes históricas, centros y archivos para el estudio de los flujos migratorios españoles (2011). Grupo España Exterior, Vigo.
31. Corografía Obama (2012). 1º Premio no XXXVII Concurso de Narracións Curtas "Modesto R. Figueiredo", do Pedrón de Ouro. Ed. Toxosoutos, Noia - A Coruña.
32. O Fiadeiro (2012). 3C3 Editores, Santa Comba - A Coruña.


- Colaboracións noutros libros colectivos (Dáme a túa man, Homenaxe ó profesor José Manuel Pose Antelo, Historia de Santa Comba de Xallas, Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo, Guieiros nº 13. Avelino Pousa Antelo, Gallegos en la diáspora: éxodos y retornos).

- Autor do Limiar dos seguintes libros: En bela sombra e amaranto (de Xosé M. López Gómez, 1985), El mundo rural (de José Ogea, 1987), Por las Rías Bajas (de Alfonso Pérez Nieva, 1988), Varones Ilustres de Galicia (de José Pardiñas, 1991), Lembranzas. Una vida en el campo gallego (de Maximino Viaño, 2001), Noesba (de José Fernández da Ponte, 2001), Jesús García Calvo. FEIRACO, un modelo cooperativo para o desenvolvemento rural galego (Ed. de José S. Montes Pérez, 2013).

- Autor do Epílogo do libro Valle-Inclán, o que non fenece (de Xosé Barreiro Luaña, 1999).

- Asistencia -con acreditación documental- a máis de 70 congresos, cursos e xornadas científicas no período 1980-2009.


COMUNICACIÓNS PRESENTADAS EN CONGRESOS:
. A Unión Barcalesa de La Habana cumpriu 90 anos (1907-1997), en Congreso Internacional Galicia-Cuba. Santiago de Compostela, 24-26 marzo, 1999.
. Feiraco (1969-1999): un modelo de agroindustria cooperativa en Galicia, en I Congreso sobre cooperativismo español, Osuna-Sevilla, 9-10 de abril, 1999.
. Roberto Blanco Torres: o intenso compromiso, orballo de letras galegas, en Xornadas Roberto Blanco Torres, Vigo, 20-21 de maio, 1999.
. Na honra de Castelao (1975, 1984, 1986, 1992, 1994, 2000...), en Xornadas Castelao, Rianxo, 25-29 de xaneiro, 2000.
. 1933: Homenaxe a Murguía en Buenos Aires, en Xornadas Manuel Murguía, Arteixo, 25-27 de maio, 2000.
. Eladio Rodríguez: xornalismo e praxe cultural, en Xornadas Eladio Rodríguez, Leiro, 23-25 de maio, 2001.
. Na memoria do profesor Ramón Martínez López, en Congreso Internacional O Exilio Galego, Santiago de Compostela, 24-29 de setembro, 2001.
. Xulián M. Magariños Negreira: vida e obra, en Xornadas Magariños Negreira, Negreira, 16-17 de setembro de 2004.

. A marca da emigración americana nas escolas de Barcala, A Maía e Xallas, en Coloquio Internacional Gallegos en la diáspora: éxodos y retornos, Santiago de Compostela, 8-9 de novembro de 2012.


COLABORACIÓNS EN XORNAIS, REVISTAS E NOUTROS MEDIOS:

- Artigos e colaboracións diversas en Gran Enciclopedia Gallega, La Voz de Galicia (Dende 1981. Antena Dominical, Antena Semanal, Caderno de Cultura, La Voz de Santiago...), El Correo Gallego, Encrucillada, Grial, Dorna, Irimia, Boletín Afonso Eans, Revista Feiraco, Revista Galega de Educación, A Trabe de Ouro, Galicia en el mundo, Libro da Pascua, AGACA, O Correo Galego, Galicia Hoxe, Estudios Migratorios, O Norte (Coordinador de Opinión, 1994-2001), A Peneira, Revista Galega de Ciencias Sociais.
- Autor da columna semanal "O Fiadeiro" en La Voz de Santiago-La Voz de Galicia (decembro de 2001 a novembro de 2005).

 

PREMIOS E DISTINCIÓNS:

- 1º Premio no X Concurso de Narracións Curtas "Modesto R. Figueiredo", do Pedrón de Ouro (1984).
- 1º Premio de Xornalismo "Vila de Negreira", coa serie de programas radiofónicos De onte e hoxe (Concello de Negreira, 1989).
- 1º Premio de Investigación Histórica "Vila de Negreira", co traballo Negreira na guerra do 36 (Concello de Negreira, 1991).
- Profesor-coordinador do traballo escolar: A mina de Varilongo. Historias dun enclave obreiro na Terra de Xallas, premiado pola Fundación 10 de Marzo (1996) nun concurso de ámbito galego. Publicado no libro colectivo Escolma dos Premios Escolares, Fundación 10 de Marzo, Santiago, 1999.
- Medalla de Ouro do Concello de Negreira (2002).
- Premio a experiencias e proxectos de promoción de condutas tolerantes ou mellora da convivencia, no nivel de Bacharelato, polo traballo Pola tolerancia 10 (Consellería de Educación e O.U., 2003).
- Premio de Ensaio "Manuel Murguía" (VI Edición, 2006), convocado pola Deputación da Coruña, polo traballo titulado Do Boletín de la Sociedad San Mauro (1904) a O Tambre (1995): Medios de comunicación comarcal en Negreira, A Baña e Brión no século XX, realizado en colaboración con Omayra Lista Liñares.
- 1º Premio no XXXVII Concurso de Narracións Curtas "Modesto R. Figueiredo", do Pedrón de Ouro (2011).
 

ENTIDADES E OUTRAS ACTIVIDADES CULTURAIS:
- Membro da Xunta de Goberno do Padroado Rosalía de Castro. Década 1980.
- Secretario da Fundación Castelao (1990-1999). Membro da súa Xunta Rectora ata 2014.
- Presidente da Asociación Cultural Afonso Eanes de Negreira (1979-1984) e vicepresidente da mesma (1984-1987). Vocal (1992-1998).
- Socio de Mérito da Unión Barcalesa de La Habana.
- Vocal da Asociación para a Solidariedade Alén Mar (1996-2006).
- Membro do Consello de Redacción da revista Encrucillada (1984-2002).
- Membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Ciencias Sociais (2003).
- Membro do Consello de Redacción da revista Roteiros (2006-2011).
- Membro da Asociación de Historia Contemporánea (ámbito español).
- Membro da Asociación Galega de Ciencias Sociais.
- Codirector -con Antonio Puentes Chao- do proxecto e libro Xente e Terra de Xallas. Letras da mocidade (IES e Concello de Santa Comba, 2002).
- Comisario do Centenario Xulián Magariños, 2004, designado polo Concello de Negreira.
- Director editorial de tresCtres Editores, 3C3, dende a súa fundación no 2001.


[Negreira, 14 de febreiro de 2014]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega