Xelís de Toro


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1xelisdetoro.html

( Xelís de Toro asina tamén como Roque Morteiro)


Anteproxecto de autobiografía

     O peor de escribir literatura é que un acaba converténdose nun escritor e tendo biografía, cando precisamente o que un quere conseguir cando escribe e precisamente borrar e diluir ese individuo e por tanto desescribir unha biografía. É un doble exercicio de exhibicionismo e ocultamento. Na miña vida literaria hai unha cortina moi mesta de chuvia que marca un antes e despois. Antes dese manto de chuvia a un importáballe a literatura, lela, discutila, compartila e escribila; despois do manto da chuvia chegou a fotografía do escritor, inventouse a palabra "celebridade" e os escritores comezamos a convertirnos en xente famosa. Hoxe en día estou facendo esforzos para reencontrarme coa literatura e volver a sentir que estou dialogando cunha vella amiga e quizais limar e solucionar pequenos malentendidos e despois quizais saian unhas palabras detrás de outras non necesariamente de esquerda a dereita. Xa levo escrito un tanto sen embargo non teño a sensación de estar máis preto de ningún sitio en particular.

[Febreiro, 2002]


¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega