Xosé Vázquez Pintor


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2vazquezpintor2.html

     Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide no ano 1946, aínda que a súa infancia e a súa xuventude transcorreron en Agolada. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, exerce na como profesor de Ensino Medio en Pontevedra.
     A súa actividade cultural desenvólvese en diferentes ámbitos. Como escritor, cultiva a poesía (Gándaras, Terra e pan, O espertar tamén é noso, Ofidios de diario, Na vertical da noite, No corazón mancado, Rotazón violeta, Banzados), a narrativa (De ida e volta, Lume de biqueira, Quen faga voar, A memoria do boi), o ensaio (de carácter antropolóxico: Os vellos oficios, A tribo sabe) e o teatro (A fraga encantada, A sombra da memoria e Teatro do patacón, aínda inédito
). O seu labor literario ten sido recoñecido con numerosos premios: Eduardo Pondal, Cidade de Ourense, Esquío, Uxío Novoneyra, Carvalho Calero, Torrente Ballester, Premio da Crítica Española.
     Moi vinculado á escena, funda os grupos teatrais Ancoradouro e Casa da Bola na vila de Cangas, onde reside. Asimesmo, colabora con frecuencia na radio e na prensa (foi membro fundador do semanario A Nosa Terra).

[Febreiro, 2002]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega