|
vb3xuliovalcarcel.html
Xulio López Valcárcel
leva máis de vinte anos dedicándose ao traballo poético. Participou nos
colectivos "Cravo fondo" e "De Amor e Desamor", tendo publicado individualmente, Véspera
do día (Edit. Follas Novas, Santiago, 1979), ao que seguiron Alba de
auga sonámbula (Edicións Celta, Lugo, 1983); Solaina da ausencia
(Editorial Vía Láctea, A Coruña, 1987); O sol entre os dedos (Ediciós
do Castro, Sada, 1993, 2ª Ed, Sada, 1995); Memoria de Agosto (Deputación
da Coruña, 1993) e En Voz Baixa (3 ª edic. Esquío. Ferrol, 2002).
Foi Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos,
Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de
Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e
"Premio da Crítica Española" en 1994, entre outros.
A súa obra está recollida en diversas antoloxías,
como Desde a palabra doce voces de Luciano Rodríguez (1986), Escolma
da Poesía galega de hoy (Colección Visor, Madrid, 1991), Los caminos de
la voz, seis poetas gallegos de hoy (Colección Maillot Amarillo, Granada
1995) e Poesía Gallega Contemporánea (Litoral, Málaga, 1996). Poemas
seus foron traducidos ao castelán, catalán, inglés, italiano, ruso, francés
e macedonio.
Asimesmo é autor de diversos traballos sobre arte e
literatura e dos libros de relatos Anel de Mel (Editorial Vía Láctea,
1991) e Campo de Marte (Espiral Maior, 1999). No 2001 publicou en A Nosa
Terra, Viaxe ao corazón de Galicia. Colabora ademáis na prensa (Páxina
literaria de El Ideal Gallego, Premio "Irmandade do libro",
outorgado pola Federación de libreiros, 2002), e desde hai anos na radio (Entre
libros con X.L.V. Radio Coruña, Cadena SER).
Casa última, con prólogo de Darío Xohán
Cabana e cuberta de Fidel Vidal, está a piques de saír publicado por Espiral
Maior.
|