Yolanda Castaño


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1yolandacastaño.html

Debo tasar a dose exacta
de memoria      e esquezo.
O que interesa son os meus pasos.
Coma un bosque de símbolos do que a miña ignorancia é significativa.

Son eu na cripta e o meu nome dentro debuxado de tiza. Habitacións concéntricas.

A poesía será elástica, líquida.
Por encima disto os alicerces son parcos, bastos, e puros.
Que bipolaridades tradicionais esgarecen: o pensamento simbólico integrado no
pensamento irónico, tradición asumida dende a modernidade, a experiencia comunicada
dende o silencio ou a emoción con intelecto.           Algo máis que comunicación
estética, algo máis que a escura liña entre a que me quero nacer e a que se mata, algo
máis que arquitectura e algo máis que sentimento. Máis que unha forma de coñecimento
e expresión na que os mecanismos racionais se sustituen por outro algo. Pero os alicerces
son puros, parcos, e bastos. E era preciso cegos lanzarse, negar que todo esté escrito.
     A ver se a cuestión vai ser aborrecer tanta literatura por vermos se de tanta ruina
pode nacer calquera criatura medianamente inocente.      Prefiro, en todo caso,
pescudar nos segredos da pedra antes que estudiar o que fixeron outros canteiros. Por
complicado que sexa ("¿cómo aproximar a man cun coitelo ó teu peito, meu amor?").
     Falo de crear.
Creo con frecuencia que a poesía é ese exercicio máxico no que se opera sempre coa
periferia. É aniquilar a capital denotativa e
                              ser os arrabaldos do signo.
Pero trátase sempre da dúbida. De non deixar de buscar. Aínda que se atope.
Fóra diso os alicerces son parcos, bastos e puros. Desenfoco o accidente cando penso
neles con fe. Superan toda circunstancia. E a poesía será elástica,      líquida,      balsámica.

Pero que a miña intelixencia non compre o meu sentido. Nin quero que o meu corpo sexa escravo do meu corpo. El non fala idiomas, posúe a verdadeira linguaxe. Sabe
do poderoso fondo desta forma.
O tacto, o privilexio, as ganas de tirarse.


*A foto é de Antón Sobral.

web da autora

[Febreiro, 2002]



¿Quéreslle mandar unha mensaxe á autora?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega