Ana Romaní


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2anaromani.html

     Nace e Noia o 5 de agosto de 1962. Reside en Santiago desde 1973. Participa desde nova c@s amig@s en iniciativas de dinamización cultural en Noia: Grupo de teatro afeccionado "Tiruleque", creación da revista artesanal "Carabela de Xeada" cun número dedicado a Mariña Mariño (1983), creación da Asociación Cultural Catavento de Noia (1983). Obtén o primeiro premio do certame "Xente Nova na Poesía Galega"(1981) e Mención de Honor do premio de Poesía O Facho (1982).Comeza así a súa participación en proxectos e actividades poéticas: recitais, mesas redondas, revistas.
     No ano 1987 publica o seu primeiro libro de poemas "Palabra de Mar". Despois editaríanse "Das ultimas mareas"(ed. Espiral Maior 1994) e "Arden" (ed. Espiral Maior 1998). Publica o conto "Marmelada de amoras" (Nova 33. 1997).
     Participou na creación da revista "Festa da Palabra Silenciada", e na da asociación "Mulleres Galegas na Comunicación".
     Actriz de dobraxe entre os anos 1985 e 1989. Nese mesmo ano realiza con Chema Gagino o programa de humor critico "A viborona" en Radio Nacional de España en Galicia, Radio 4. Incorporase despois á Radio Galega onde traballa na actualidade. Dirixe desde 1990 o programa de información cultural "Diario Cultural" recoñecido co I Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (1992). Obtén polo seu labor o Premio Xerais á cooperación no labor cultural de Edicións Xerais de Galicia (1999) e o Premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural da Fundación Premios San Martiño (2000).
     Foi membro da Ponencia de Comunicación do Consello da Cultura Galega, e pertence á Asociación de Escritores en Lingua Galega e ó Pen Club de Galicia.
     Participa en diversos proxectos artísticos: "O Son da Pedra" do grupo Milladoiro (1994), "A Illa verde" carpeta de gravados de Alfonso Costa (1988), os discos "Rosalía na voz dos poetas" (1983) e "Daquelas que cantan"(1997) do Patronato Rosalía de Castro, "Lianas" carpeta de gravados de Maika Novoa, o espectáculo "Son Delas" coordinado por Uxía Senlle (2000). Crea con Antón Lopo o Laboratorio de Indagacións Poéticas no que realizan os espectáculos poéticos "Ó outro extremo do paraíso" (1997), "Lob@s"(1999) e organizan o Festival de Espectáculos Poéticos "A Boca Aberta" no marco do Congreso Mundial de Poesía do Pen Club de Galicia . Realiza con Rodrigo Romaní os recitais poetico-musicais "Arden" (2000) e "Lisboa" (2000). No ano 2001 presenta a Intervención Poética contra a Levidade "Catro Poetas suicidas".

[Febreiro, 2002]


¿Quéreslle mandar unha mensaxe á autora?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega