(V. W., 1941)

 

(Texto íntegro)

 

v1paulinovazquez1941.html


Regresas ao tempo da casa dos devanceiros
a casa do pasado que nos sustenta como os veus
de arañeira a xeada de inverno, a respiración
arcaica de quen habitou un tempo opaco
e un día partiu. Apousa a poalla secular
nos recantos íntimos, a poeira deixada
nas lentas estancias, o murmurio das voces
que xa non están: as nódoas de ónice, as sombras.
Na penumbra algo se resiste ao olvido
como líquen incrustado á pedra gris.
Desde o fondal da opacidade somos convocados
polo alento de xeracións que cesan como a chuvia en inverno.


Regresar ou partir deveñen un mesmo exilio.
Alentan os vellos rostros de marzo:
o recendo de estacións que un día remanecen
o acre olor da decadencia.
Algo se resiste a ser esquecido: a imaxe
dun espello está desgastada, agardando por nós.


Algo comeza a ser presente
e a un tempo, irreversíbel.


Algo persiste. E nos acaba

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega