Á alborada

 

(Texto íntegro)

 

m2pastordiazalborada.html


     ¡Ay, miña pequeniña!
¡Qu'ollos bonitos tés! ¡Qué briladores!
¡Case salta á alma miña,
E vendo os teus colores,
Ver me parece todos os amores!
     Agora qu'a alborada
Os dulces paxariños xa cantaron,
E d'a fresca orballada,
N'as perlas os ramiños se pintaron,
Agora ¡que diviños
Brillaran os teus ollos cristaliños!
     ¡Ay! asoma esas luces,
Asoma á esa ventana, miña hermosa;
Tú que sempre reluces
Con alas máis lustrosa
Qu'á Luna, cando nace silenciosa.
     Verásme aquí cantando,
Xunto estas augas craras, estas penas,
Verásme aqui agardando
Que se rompan as lúgubres cadenas
D'a noite que m'aparta
De quén nunca alma miña se véu farta.
     Mírame, sí, querida,
Cando d'o brando sono te levantes,
Mais fresca, e mais garrida
Qu'estas frores fragantes,
Qu'á espuma d' estas ondas resonantes.
     ¿E aínda non parecen
Eses olliños teus? ¿Dormes, rosiña?
¿Dormes, e resprandecen
Os campanarios altos d'a mariña?
¿Ainda non oíche
Aquela dulce vóz que m'aprendiche?
     ¿Déixasme qu'aquí solo
Ás áugas lles dirixa os meus acentos,
E non vés ó meu colo
Fartarme de contentos,
E amante aproveitar estes momentos?
     Desd'aqui vexo os mares
Serenos, estenderse alá n-o ceo;
Oyo d'aquí os cantares
D' a píllara fugáz, d'o merlo feo;
Pero o teu seno lindo
Non o vexo, meu bén, qu'estás durmindo.
     Xa se foi o luceiro;
Desperta d'esa cama; miña rosa;
Desperta, e ven primeiro
Abrir a venturosa
Ventana d'o teu carto: ven graciosa.
     Sál como sempre sales,
Mais diviña qu'á diosa de Citera
Salindo d'os cristales,
Máis galana qu'á leda primavera
Esparcindo rosales:
Venus pra min, amante,
Primavera, mañan, e fror fragante.
     Xa te vexo salindo
Mirarme, e retirarte avergonzada,
¿E de quén vás fuxindo,
Tontiña, arrebatada?
¿D'o teu amor que canta n-a enramada?
     Non fuxas, non, querida;
Ven aqui: baixa a escala sin temores:
Esa frente garrida
A miña man a cubrirá de frores;
Xa as teño aqui xuntiñas;
¡Qué venturosas son! ¡Qué bonitiñas!
     Vén despeinada ainda
Darme o primeiro abrazo, darm'a vida.
¡Cánto és así máis linda!
Ven qu'a mañan frorida
Solo pr'os que se queren foi nacida.
     Non, non, durme descansa,
Naide turbe o reposo d'o teu peito:
Plácida quietú mansa
Sin cesar vele o téu fermoso leito:
Durme, que non tés penas,
E acaso en min soñando te enaxenas.
     Repouses os teus ollos,
Eses ollos diviños, venenosos;
Tamén finos cogollos
N'os rosales pomposos
Agardan por abrirse recelosos.
     Si, miñá prenda amante;
Eu cantarei aquí mentras que dormes.
¡Ay qu'o Landro brillante
Non é dourado Taxo: nin o Tormes
Alinda ó meu retiro!
Durme, si. durme, mentras qu'eu suspiro.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega