A Chazca

 

Capítulo VIII (fragmento)

 

v3fcoxabiervazquezachazca.html





VIII

     Estaba a pasear por dentro do mostrador ensumido en matinadas, facíao de cotío. Dende a rúa podía se ver o Dario dar voltas e voltas percorrendo ó longo o comercio, coas mans nas faltriqueiras do gabán e o pito chantado entre os beizos. De cando en vez sacaba a man pra cuspi-la mistura de papel e picadura que ía minguando o pitillo. Axiña que o aburría o fumar, apagaba coas xemas do indicador e o polegar o cigarro e metía a cabicha nun peto da americana que tiña destinado pra facer de petaca.
     O segredario do axuntamento entrou no comercio, traía un pequeno papei entre as mans. Nun pulo de velo colleu medo, agardando que falara. O home calvo, gordecho así que saudou cumpridor, pasou a portela do mostrador e deu presa en apertalo de esguello, domentes balbou.
     —Non sei como decirllo amigo... Abofelllas que o sinto... O seu fillo —embiou cuspe e puxo o papei nas súas mans— Acó ten o parte, ven de chegar...
     Sereo, cos ollos brillantes puxo as contras do escaparate e pechou o negocio. Co papei a ler rubiu cara o piso, non aberta a porta dirixiuse a muller, extrañada de o ver enriba tan cedo.
     —Mataron o pequeno no frente.
     A nova pasou de porta en porta, en canto as campás emprincipiaron a tocar cansas, tristeiras até o serán.

[...]

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega