A Contenda dos labradores de Caldelas

 

(Texto íntegro)

 

m1feixoarauxocontenda.html

Entremés famoso en que se contiene la contienda que tuvieron los labradores de la feligresía de Caldelas con los portogueces sobre la pesca del río Miño. Año de 167... Compuesto por el Licenciado Gabriel Feyxó de Araújo. Año de 1671.

Personas: Un portoguez
Un labrador llamado Roleiro
Una portoguesa
[Portoguez]
[Muchacha portoguesa]

Sale el portoguez

PORTOGUEZ
¡Que un fidalgo sufra isto!
¡Valla-meo Anjo da Garda!
Não sei como o nobre peito
não rebenta i as atacas,
da misma maneira, brotão
por donde estão atacadas!
Que seja eu tamanha besta
que me sujeite a umha albarda?
Que pase a minha pesoa
pelo que uns más bichos pasaon?
Pelos evanjeos santos,
que en Guimarains se cantão,
pela leite que mamei,
e pela maior tallada,
que tein a hosta do nabo...,
que hei de morrer na demanda!
Não podião os vilaons,
cheos de couvas e papas,
saber que sô eu quein sô,
que con dicir isto basta?
Pois fora grande doudice
relatar a sangue honrada
que herdei dos tartaravós
Vasco Brito i Alberte Pallas.
Não saben estes maganos?
Mais, pera que digo pragas,
se poso eu i os amigos
puxar pela nobre espada
até a quitar dos galegos
-que são os cains que me trabão-
canta raibosa e má sangue
tein dentro a vea da arca.
Con mui bo bicho se tomão;
vou, i apenas venha a alva
pelos montes de San Fins
chorando pedras e prata,
cando hei-de estar na ribeira
con jente tan bein armada
que destruian os galegos,
inda que más de mil haja.
Isto sin dúvia ninhuma
há-de ser: trinta redadas
e cantas pelo seu vento
quisermos seraon lançadas.
Logo virão con papéis,
alegando a antigualla,
decendo que não é uso.
Que fuso ou que cabaça
hai que valla se me poño
i a jente da minha garda?
Há-de ser o que eu quiser:
a pesca há-de ser dobrada
e tres dobrada, por Christo!
Não há más que facer: armas
hão-de atropellar con tudo.
Quebren-se leis, ardan cartas,
redemos como quisermos:
há de ser nosa a ganança.
Morrão os galegos, morran,
arda, pois, Caldelas, arda!

Vase
Sale el labrador

LABRADOR
Desque se acabou a guerra,
¿guerra quer esta canalla?
Eu penso que han de aqueibar
co cano da miña bara.
Ten a culpa a freiguisía
en darlle tamañas asas.
Juro por tantos e cantos
que a han de ver denegrada,
anque a justicia me leve
os bois da corte i as vacas.
Eu pido usos e custumes:
calen barbas, falen cartas,
o papel o raçará
-que quedou da antigualla-.
Juro a San... que han de redar
somentes unha redada,
ou ha de haber o diabro
na fenteira; amais, na ágoa
han de beber muita e dela
sen que dela teñan gana.
¡Prasa a Santo Antón que eu minta!
Mais verán, saíndo a alba,
se non os ouven os sordos
i os das orellas tapadas.
¡Que frescos paos ha de haber,
que raás tamboriladas,
que lindos rabos de fouces,
que galantes seijoadas!
Quen tuver medo que fuja
e vase mui naramala,
porque Borgorio Roleiro
ha de defender a causa.
¿Nós unha ves i eles dúas?
Esa éche treta formada
i habés de quedar debaijo
coa vosa teima inchada:
o purtugués do galego
nunca sacou boa baça,
nen a sacará de nós
se os carballos dan estacas.
Isto ha poder que eu posa,
¡juro por Santa Guitarra!
Veñan, veñan para acá,
que a han de ver denegrada.
Eles virán, craro está,
cunha migalla de espada,
un pestoletaço á sinta,
unha adarga atravesada;
unhas galletas nas pernas,
ichando catro pernadas,
impipinando o chapeu,
pondo unha man na illarga,
facendo mil cirimonias
e cousas nunca contadas.
Mais non lle hajo de agardar
tanta ratólaca; basta
con catrocentos diabros
que os suman e os varran,
que deiten lance por lance;
e, se non queren, lançadas
lle han de redar o bandullo,
espetándolle as entrañas.
Isto está pornosticado
por unha praineta mala,
en que ha de haber na ribeira
galantes pastorejadas.
Eu quero mal a esta jente,
heinos de pór en talladas,
esfarelándolle os cascos,
dos corpos sacarlle as almas;
han de saber que en Caldelas
hai jente de boa raça,
que para des taleigueiros
somente Roleiro basta.
¡Morran os porcos treidores,
e ardan cen veces, ardan!

Vase
Vuelve el portoguez


PORTOGUEZ
Quedão cein homës na pedra
pesqueira tão afamada,
os mais fortes da manada.
Por eles não será quebra,
pois os que conmigo vein
são escullidos ò dedo:
o diabo lles tein medo,
que eles a el não tein.
Traso somente un morgado,
que é a mais bela pesoa
que hai dende o Miño a Lisboa.
Do corpo mui entallado,
da cara coma mil pratas,
pois eu sou coma mil natas
muto bein perfeisoado:
tenho o fucinho polido,
o bigote muto retorto,
tanto que ò lirio do horto
en gala tenho rendido;
buscan-me mutas doncelas,
requebran-me con amores,
i aunque beja mil favores,
por Cristo que son bo delas.
Que lles parece? Não sô
un homen muto brioso,
mui galão e mui airoso?
Asi foi meu bisavó.

Sale el labrador sin que el portoguez le vea

LABRADOR
Aparte
Mal haja quen te pariu,
má Pascoa e má San Juan
che dé Deus e má mañán.
El aínda non me viu.

PORTOGUEZ
O pasariño está vendo
esta gala e despostura,
e canta con mais duçura.

LABRADOR
¿Este que estará facendo?

PORTOGUEZ
Que ninhun galego venha!
Não me espanto que asi seja,
porque logo que me veja
de medo quedará morto.

LABRADOR
Está resmusmuniñando
ou debe de estar raçando
alá por seu avó torto.
Mais pouco e pouco me chego.
Llégase
Beijo as mans de vosastede.
¿Como está vosa mercede?
¿Ten saúde?

PORTOGUEZ
Si, galego.

LABRADOR
¿E que hai? ¿Como lle vai
tan cedo á beira do rio?
¿Seica vén toma-lo frio
alor da calor que vai?

PORTOGUEZ
Eu venho, sabeis a que?
A dar-vos muto e do pau.

LABRADOR
Forca, ira de callau,
ende iso, señor, ¿por que?

PORTOGUEZ
Porque quero.

LABRADOR
¿E non hai máis
de porque quero? Pardiós,
que che han de salta-las moos
fóra da boca cos ais.

PORTOGUEZ
Aparte
Un tris não me falta ja
pera rachar-lle a cabesa.

LABRADOR
Aparte
Ó cabo desta simpresa
pedras e paus haberá.

PORTOGUEZ
Aparte
Ora bein, eu o embaso,
e venha todo Caldelas.
Que cuteladas tão belas!

LABRADOR
Aparte
¡Desalmado garrotaço
lle hei de dar, Anjo da Garda!
Aparte
Eu so, como ven, un tolo
e unha besta, con perdón;
mais vindo o meu rebentón
se me lateja o miolo.

PORTOGUEZ
Quero-vos decer, Roleiro,
que a pesca de Portugal
sempre há-de ter más cadal.

LABRADOR
¡Iso non, meu pegoreiro!
¿Quen viu nunca en sacolorio
unha cousa coma essa?

PORTOGUEZ
¡Eu, que che racho a cabesa!

Saca la espada y dale.

LABRADOR
¡Tamén cha racha Borgorio!

Dale un palo en la cabeça y dice:

"Ah de Dios y ah del rey",
cun portuguez rebelado!

Cáese el portoguez quando le dan y dice:

PORTOGUEZ
Valla-me o chão por sagrado,
que tão devoto beijei.
Acudi, antes que morra,
meus amigos e parentes.

LABRADOR
Boteille catorce dentes
fóra coa cachiporra.
E tu aínda estás roncando;
¡garda que se volvo a ti!

PORTOGUEZ
Nunca noutra tal me vi (vase)

LABRADOR
O lombo lle vai triscando.

Dice el portoguez dentro:

Arrimai o barco à terra,
desparai as espingardas,
não agardeis más agardas,
apilidai todos guerra.

Dice el labrador mirando a dentro:

Homes, jentes, á ribeira,
tocai o sino apilido,
que está o Roleiro firido
polo medio da moleira.
Rapaces, mulleres, vellos,
ei-los vén nunha bandada;
ea, ea, seijoada,
aperta, ruço, "y a ellos".

Mirando a dentro siempre.


Aí aquel levou boa;
a rela aquel despara;
gardaivos, home, da vara,
non vos furen a boroa.
Volve sobre eles, sobre eles,
que ja fojen coma gamos.

Dicen dentro:

¡Favor, favor, que nos afogamos!

LABRADOR
¡Ó rio, ó rio coeles!
¡Eis uns a cabalo doutros!
Así, así, hora má;
tornai, compadre, acá,
porque beban uns e outros.
Aínda andan dous patujando,
alá van estes penedos:
ide ó fundo i estai quedos,
e non vos andés cançando.

Dicen dentro:

¡Pardés, galante matança!;
non pudo, a fe, ser mellor.

LABRADOR
Castígaos, Noso Señor,
pois que ordenaron a dança.
I eu ben sei sobre o que cai,
mais non o quero decer,
quosais por non dar pracer
a algúns que en Purtugal hai.
Ora ben, isto está feito,
eles están afogados,
nós do feito mui pagados,
anque o feito custe preito,
e diñeiriño tamen
ha de custar a alloada;
mais a min non se me dá nada:
alfín, nós fijemos ben.
Amais, eu so luminairo
da parroca i ha de pór
o abade o seu favor
e todo o mais nazasairo;
porque, alfín, é galanteiro
i é amigo do juís,
e con tres maravedís
líbrame a casa e quinteiro.
El ha de remedearnos
e po-las cousas en pas,
que anque parece rapás
sabe mui ben gobernarnos.
Ten un entendimento
que pasmo: no hai abade,
crego, nin crega, nin frade,
nen ningún vello de cento
con tanta discrijiçón;
i, así, penso volverá
por nós e judicará
que nos sobrou a raçón.
Vou correndo pola posta
se acho jantar que comer,
que aínda á tarde hei de esparjer
unha gran pilla de bosta (vase).

Descúbrese la cortina y vese otro portogués echado en el suelo, mojado, como que esta muerto, y una portoguesa llorándole.

PORTOGUESA
Meu quirido, meu mimo, meu morgado,
meu ouro fino, meu mui doce amado,
meu espello, meu gosto, meu contento,
meu bein, en quein eu tinha o pensamento.
Que anamigo raivoso te matou
e de joia tan bela me privou?
Quein foi o desalmado i atrevido
que te quebrou, espello tan lucido?
Quein meu minino morgado marchitou
à frol da idade? Quein vos dirribou
do trono, en que posto estaváis,
do cariño e mimo de teis pais?
A vosa cabeleira priciosa,
como está tan suja? Quein a pus ludosa?
A cara que à prata aventajava,
a gala que do corpo vos sobrava,
os ollos, con que às mininas dávais pena
co ollar grave e vista taon serena...,
quein vos roubou tudo isto? Donde fica?
Quein foi o que cortou rosa tão rica?
Atacar as sirolas não sabia
i espada de três braços ja cinjia,
que, pujando por ela,
fes que ciscacen mutos muta e dela.
No Alantejo ganou mutas vitorias,
como bein contarão largas historias;
ò Doiro as espumas lle tenjeu
con sangue ruiva que o castelão verteu.
Era, con ser mínino, tão valente
que pudia por campo a muta jente.
I agora, mal-pecado,
veo a morrer nun charco aufegado,
i a sua moleiriña dilicada,
aberta coa pura cacheirada.
Esperava-vos eu vitorioso
e tinha três testoins de pão fromoso,
meo savle cocido e meo asado,
meu casco de cebola e allo petado,
neto e meo de vinho na borracha
pera os que convosco ivão facer cacha.
Mais a raiva galega tão travesa
escachou-vos a todos a cabeça.
Mufina de min, mufina, que farei?
Sein alma, gosto e vida, donde irei?
Volve teus ollos a estes tristes braços,
dar-vos-ei despois de morto mil abraços.
Para ambos farei a sepoltura,
e co'iço darei fin a tal tristura.

Vase con el en los braços.
Vuelve a salir el labrador muy suspenso.


LABRADOR
Non me quer aqueibar o pensamento,
o miolo me dá golpes sen tento,
o juízo me dá mil aldabradas
i o carcajo me dá bacorejadas.
Non çarro estas pestanas noite e día
nen vén sono a ninguén da freiguisía.
Todos andan coa barba no ombreiro,
e todos racean de gastar diñeiro;
mais con gastalo ja se contentaran
se os colmaços do fogo se libraran.
Non sei, samica, non, se me espilico:
quero decer, se libran o pelico
cantos ós purtugueses deron morte,
que os cubrirá mui boa sorte.
Non lles teño eu medo, non,
mais téñoo grande se hai unha traición
i amanece, unha mañán de neboeiro,
en fumo a caça i en bráça-lo quinteiro.
Todos son morlacos
i, á postre, son traidores coma cacos.
Non hai que fiar neles,
porque, ó cabo, han de pór mesa e manteles.
Mais véjoos calados,
que andan corteses muito e mesurados.
Non sei o que farán:
cosais coesta tunda aqueibarán,
e non serán ousados
de vir por lan e volver trasquilados.
Mais non trato máis disto,
porque vén aquí un, ¡bato a Tristo!

Sale otro portoguez

PORTOGUEZ
Que vai, Roleiro?

LABRADOR
Aparte
Pa, ¡que desaforado taleigueiro!
¡Como vén comedido!

PORTOGUEZ
Como vai a você? Está firido?
Sanou ja da cutelada?

LABRADOR
Aparte
Pa, ¡con que fromosa embaijada
me chega ás orellas!
Mais, ¡a que lle sacudo hoje as gadellas!
¿E ti i os vosos,
que vos sacudimos ben os ósos,
tendes saúde enteira?
¿Os mortos saíron ja na varredeira?

PORTOGUEZ
Não faleis mas niso,
nein me revolvais mais o joíso,
que me toma a vregoña.

LABRADOR
Só eu serei amigo da pesoña.
Eis aquí man dereita,
e digo que deijémo-la endeita.

PORTOGUEZ
Falta, por vida minha,
que haja por fin de guerra unha festinha,
e seja a mea dança.

LABRADOR
Tamén eu farei miña mudança.

PORTOGUEZ
Ó rapariga,
traçe cá a viola.

LABRADOR
O pandeiro diga.

PORTOGUEZ
E trace coa viola un pandeiro,
bailará tamein Gorgor Roleiro.

Sale una muchacha portoguesa con guitarra, pandero y sonajas

MUCHACHA PORTOGUESA
Aqui está tudo: cantemos,
alegria haja i os mortos enterremos.

Toma cada uno su instrumento y canta lo siguiente y bailan.

Minha mai tein prometido
de compañeiro me dar,
que bejo a mutas caçar
e fino-me por marido.
Tein unha aljaba o amor,
de setas de oiro cargada;
unha ha de tracer cravada
no que do seu bando for.
Desde o rei até o menor
a aquel vendado Cupido,
vasallaje lle han de dar,
que vejo a mutas caçar
e fino-me por marido.
É o gosto i o cariño
i o contento dos amantes,
é jirasol dos galantes
que a todos segue o camiño;
é rapás coma un armiño,
anque se mostra ofendido
ós que o non la[...]ar,
que bejo a mutas caçar
e fino-me por marido.
É carceleiro que prende
con lazos mui amorosos,
ofende muto os zelosos
i os oitros não os ofende.
São duçuras canto vende,
i é mercader mui quirido;
vamos-lle todos comprar,
que vejo a mutas caçar
e fino-me por marido.

FINIS LAUS DEO


 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega