A Galicia

 

(Texto íntegro)

 

m3fmdelaiglesiaagalicia.html



[páx. 332]


                    A GALICIA


                       POEMA
                     presentado

nos Xogos Frorás da Cruña, costeados por
    D. José Pascual Lopez Corton, no ano
    de mil oito centos sesenta e un,

                            
POR

     D. FRANCISCO MARIA DE LA IGLESIA,

     O que ame á sua terra sin ofender á
 dos demais é nobre de corazon: e se ama
 a todas sin olvidar a sua e grande de
 sprito.


                             I.

   No sagro Pindo que hastra o ceu levanta
Do Ézaro ó pé garrida testa
E bica a sua pranta
Dourado mare donde en louca festa
A Ieda silfe co a Serena canta; 

  Naquel monte d' antigo tan famoso
A quen os grecos e os romans cantaron,
Onde amaña mimoso
O sol dos arreboles que inframaron 
A cantos ver viñeron o chau noso;

   Alí onde aquel rio arrecendado
Quer subir hastra o ceu de amor fervendo
Por seu leito froreado
E no seo do mar morre xemendo
En chuvias de diamantes cambeado.

   N' aquel gayo praiso onde pousaron
Os xenios que ó Parnaso nome deron
E os dioses se enterraron
Des que na Grecia de pesar morreron,
Logo que as rosas do Calvario ollaron;

   Enriba d' aquel monte donde chora
Albos alxofres pol o roxo amante
Diana Cazadora
Cando a fay prisioneira o vello Atlante
Ó sentirse el arder coa luz da Aurora;

   Mesmo alí ond' a vista s' enfeitiza
Entre Lira, Fisterra e a Lobeira,
Ollando a prata riza
Que mostra á Colombian fonda carreira
Onde vorcans o sol á tarde atiza;

   Nun campo de mentrastes e espadanas
Mimado pol o alento recendoso
Das frores gayolanas,
Tén Galicia o seu tempro maxestoso
Gardado po Ias Musas galicianas;

   Onde vay recollendo os seus tesouros
Que acabar tantos sigros non poideron,
Suevos, Romans, nin Mouros,
Nin o Franco e o Ingrés que acó viñeron
Cos seus non de esquencer, proeutos louros.

   Alí tén cada monte, rio e vale,
Decote de servicio as suas fadas
Co ouxeto prencipale
D' ir mostrando a
Galicia as grans restradas
Dos béns que de cotío d' eles sale.

   Por eso canto á terra e o mar nos botan,
Merca a endustria, e reforma a arte,
Ali xuntas se notan
E hastra os fróses do rebérte Marte
Por que nada fallar, tamen se acotan.

   Tamen ceibando lumes espellantes
A fada que fay luz da nosa Historia,
Con trenzas de diamantes
Tecendo está o loureiro para a groria
Das prumas d' esta terra máis amantes.

   Póis bén, no medio d' este rol da cencia
Está Galicia con morrion e lanza

E garbosa presencia
Esperando a Corton que hastra ela avanza
Ardendo por erguer a Gaya-Scencia.

   ¡Miráde! ¡Aquela é! Seu rostro amante

Entr' os ancians e sabios d' esta terra
Está tan arrogante,
Que trás seu morrion parez que encerra

Do Hespeiro aquel rodicio alborexante. 

   So purpuriña capa, de alboliño
Vistido tray da hombreira hastr' o nocelo,

Cinguido no banciño,
Hastra donde lle pende o seu cabelo
Longo, crecho, mimoso e douradiño.

   Talla de porte tén, tésta espaciosa

Brazo redondo rexo: mau pequena,
Ancha cadeira airosa,
Fala que torna amor a loura pena, 
Branca fazula con albor de rosa.

   De ouro do Sil, e de mestura alleo,
Feligranado, como o sol luminoso,
E de carbuncros cheo,
Gárdalle o peto de armas máis rumboso

Os grobos lateántes do seu seo.

   E escravos d' uns boticos apulentos
De malla fina de courel de prata

Tray seus pés armiñentos
Que ceiban das fervelas que Ilos ata
Do arco íres a luz nos movementos.

   Tray pendente ó seu cólo torneado

Fagudiño e tan branco como a neve,
Cruceiriño dourado

Por ríca gargantela que se embebe
Baixo a crencha raiz do emprequitado.

   Luceiros da miñan son seus olliños
Que rouban o alvedrio, d' unh'a ollada;

E hastra os craveliños,
E os mesmos rosicreres da alborada
Pidenll' alento e tinta ós seus labiños.


[páx. 333]

   Ó pé de esta nay reina escrarecida,

Nobre da quinta esencia da nobreza,
Coa xuventú frorida
Chegando vay Corton co a grandeza

Dina de nunca máis ser esquecida;

   Ó pé d' esa madroa maxestosa
Por quen el concibeu a santa idea
De abrir loita amorosa
Que ó seu querido lar máis lume dea,
E dea mais renome a esta edá nosa. 

   En bén da caridade a quen el rénde 
Decote adorazon por que é o sello 
Que o corazon lle prende,

E do seu bon facer é craro espello;
Nesta idea de amor tamen se acende.

   Acéndese tamen na remembranza

Das nunca de esquencer tenras poesías,
Do amor sin esperanza 
Do fillo de Padron: d' aquel Macias
Que no cazre o matou tredora Ianza.

   E o galaico honore arresentido
Po las befas causadas ó chau noso

Decote escrarecido,
Prestalle o seu crarin nobre, meloso,

Por que chame co él ó bon sentido;

   E probe antes que todo aquen o iñora

Que tamen arde acó á luz do xenio;
E hay arpa arroladora
Tanxida por cantor de alto inxenio
Que a alma escrava fay se canta ou chora.

   Por eso el de amor cheo n' aquel canto

Chama a Galicia sobre o alto Pindo,
E quítaa do encanto
En que ó pé do seu tempro está sorrindo,

E dille farto asi de lume santo:

   —«¡0uh miña nay groriosa! ¡0uh Galiciña!
¿Que fas do Sagro Pindo no alto cume?

Ti que és decote o sol da miña almiña
Que xiada amortuxou teu santo lume?

   ¿Que foy da tua vida inframadora
Enxempro de fidalga bizarría

Para nay dos seus fillos gardadora
Que por sua insinanza non dormia?


   ¿Que alento das ós teus filliños d' oxe?

¿Que recordos groriosos lles despertas?
¿Que foy do teu loureiro que non roxe?

¿Cómo pol o seus trunfos xa no alertas?

   ¿Non ves case as mais terras abren loita

Ó gayolan cantar, ó sol do xenio
Que ás mais nobres virtús da rica froita
Permiando con xusticia o human inxeio?


   ¿Esto ti non fixeches outros dias

Abrindo aló en Fonseca a compitencia (1)
O Martes de Raxó, entre as folías,
Froles da inspirazon da Gaya-Scencia?... 

   ¡Erte e móstranos, pois, o teu sin lixo, 

Escudo espellador que conquistaches
No Marathon, Medelo e no Cravixo

E dond' ó noso chau grorificaches!

   ¿Ou morreu xa pra nós do xenio a estrela?

¿Non sirven nosos sons prá tua loa?
¿Morreu tamen Minerva en Compostela?
¿Crubes de alciprés louro a tua croa?...


   ¿Caeron xa de dor os nosos tempros
Que os xigantes da Fé ó ceu erguéran?

Ou é que xa non corren os inxempros
Que ós nosos visabos tanto acenderan?

   ¡Ay esperta
Galicia! esperta! esperta!
Ven aqui a permiar os teus cantores
Xa que por teu honor viven alerta,
E cantan so por ti brandos louores!...

   ¡Que así que lle signales os primores

Sóbre quén máis fidalga te levantas 
E prendas no seu peito as Gayas frores

Morrerey de consolo ás tuas prantas!!!...—

   Ó escoitár un descurso tan valente,
Tan amoroso e dito d' aquel xeito,
Sua nay docemente,
Unha aperta lle dóu contra o seu peito

E á falar se díspuxo nobremente.

   Pro escoitá por Dios! ¡Poñede oido
Ó brando resoar da fala sua!

Poñé, poñé sentido,
E verés case o peito vos decrua 
Guindando co pesar aló no olvido!

   Máis xa as Musas tempéran seu strum ento:
Érguese o reiseñor na ramacía,
O Ézaro ruxento
Acouga no seu leito d' alegria,

E en rella pón o mar seu movemento.

   Xa Céfiro e máis Frora danlle alento,

Íris o seu dosel, seu lume a Aurora,
Colle prigos o Vento
Á véla da sua barca voladora;
E Amor do seu carcaixo faille asento!...

                          II.

   —«¡Ou arpas do Druída ¡despertade!
¡Erguévos d' entre as cinzas dos meus castros! 
Vinde a cantar un trunfo á nosa edade
Dos meus pórfidos dino, e os meus labastros!

   Esprítos dos meus vales, e os meus rios,
Xénios que ó meu poder trabuco dades
Ferí con brando son os sagros fios

Da arpa vosa de amor con que me honrades.

   Nenas do Miño e o Sil, fillas da Aurora,
Vós do Sar e do Lérez froreados

Que tedes miña forza domeadora,
Soltá vosos cantares regalados. 

   Soltáos vós tamen, do Tambre e o Ulla,
Que ó peito máis ferrudo dades lume
E cando a vosa voz tenra gorgulla
0 meu sprito ergués do ceu ó cume.

   E vós, ou cruñesiñas, que amainades 
As ondas do Orzan se a voz erguedes

E as pedras coma Orfeo trasladades,
Vinde a cantar tamen  ¿que é o que facedes?...

   Vinde a poñer na testa escrarecida
Deste fillo de amor verde loureiro
Por esta aucion pra min nunca esquecida
Que tanto inxempro dou ó voso outeiro.

   ¡Fillo de bendicion! por teu alento 


——————————
(1)
Colegio de Santiago de Compostela


[páx. 334]

Abrazo os teus hirmans neste gran dia
E as miñas grorias conto a este convento

De amor, virtú e saber, e fidalguia.

   Pró che ofrezo tamen coa miña alma
Decote ter gardados no meu tempro
Teu nome, tua croa, e tua palma,
Por nobres galardons do teu enxempro.

   E vós xueces, poetas, e xuntados,
D' esprito e máis de nome relucente

Que ó chamar grato seu fostes guiados
Terés cantiño alí resprandecente.

   ¡Chegádevos a min! Aquí xuntiños:
A todos vos quer bén esta Nay vosa:
A contarvos meus béns e traballiños 
Vos vou para esfogar miñ' alma ansiosa.

                            III.

   ¡Ay Dios que consolo pra unha naiciña

Mirar tantas xoyas no seu arredor
Anacos queridos da sua almiña 
Rayolas do lume do seu tenro amor. 

   ¡Meu corazonciño non cabe no peito
Que é moy reducido pra tanto gozar! 
Chegá cantos tedes meu solio dereito
Coa pruma ou a spada, ví, víme abrazar.

   Vós que as miñas grorias dos sigros fuxidos
Eternas fixestes con doce cantar;
Os verdes loureiros que tes merecidos 

Ó meu regaciño vinde oxe a catar!

   ¡Ti que na campaña cal rayo xufrento
Que atrás xámais cia, ergueche o pendon, 
E por meu renome con rexo ardemento
Da morte trunfaches, da honor toma o don!

   Ti que dia e noite sostés meu direito,
Cal lámpara que arde de Dios ós seus pés
Ás dádivas xordo, e a Témis suxeito.
A palma xa toma: ganádala tés!

   Vós cal Escolapio vivindo entre dores 
Que de alas do sono fuxís con afan
Saude volvendo ós primos verdores
Acalás dos tristes, laídos que dan;

   E vós ¡ouh! ministros do Dios sin empezo,
Pra quen este mundo praceres non ha
E da Caridade non catal o prezo

No vale das bágoas, meu peito estreitá!

   Vosoutros que o lume guixades da cencia

Na imprenta e na escola guiando esta edá
Levando xa o premio na vosa concencia,
As chaves tomade da Posteridá. 

   Ti que co gran Fídias loitache e loitache 
Fixando os meus trunfos con destro cicel,
Que en Roma e na Corte renome deixache 
Pracéndoche o lauro, a min ven por el.

   Nestor que os meus campos crubes de fartura
E deixal a Arcadia nos gandos atras
E rios de viño quitas da verdura 
E cánles de leite e mel correr fas,

   E pillas de peixes un rico tesouro
Dos meus tres mil rios no craro cristal
E montes levantas de millo cal ouro,
De mélida froita e puro candeal.

   E críal as éguas que enxendran do vento
En campos que aIxofran as noites de abril
Alfombra de frores de grato alimento 
Ós fatos lanudos que guías a mil;

   Ven; o lume sagro que o meu peito corre,
Acende o das fadas xuntiñas aquí, 
E pró os seus filliños d' amor solo morre...
Tén croa lumiosa tamén para ti.

   Meus fillos queridos que o leito deixades
Por ir ós talleres, a alba corrés;
En suor molladiños meu cetro labrades:

Por man da Galicia permeador serés.

   Tamen ti, naiciña de limpa concencia
Que ás fillas virtudes e enxempro Ile das

Cochándoas co manto da diva inocencia
Con rosas albiñas croada serás.

   ¡Prbeyos e nobres, se sos virtudosos,
Ó meu real convite lixeiros corré!
Amante nay chama: con timbres groriosos 

A todos iguales os seus fillos ve.

   Todos ós meus brazos
¡Ay corré, corré!
¡A todos iguales
Vosa nay vos vé!...»


                             IV.

   Así chamando foy con franco xeito

Galicia sobre o Pindo ós seus filliños
Apertando un á un contra o seu peito

Cal cocha a galiñiña os seus poliños,
E des que coroando os foy a eito 
E a todos reparteu seus aloumiños;
Ó pé do trono seu sentalos fixo,
E se mal non me engaño asi lles dixo:

   —¡Fillos da miña almiña! ben sabedes
Por cantos feros dores veño vindo
Des que o troniño ocupo en que me vedes

Baixo do sol galan que está sorrindo:

Coido que o grande amor n' olvidaredes
Con que López
Corton vos trague ó Pindo,
E do por qué, somente esta vegada,

Quero eu ser por vosoutros festexada.

   Eu bén quixera, bén, con gran contento,

Sela por outros máis, pro a inxusticia 
Que se fay dos meus fillos ó talento
Qor quén seique non sabe o que é
Galicia,
Fíxome perferir este convento,
Para con esta loita permeiriza,

Inframados na Iuz da miña historia

Lovarvos sin madía hastra a vitoria

   ¡Lonxe de min cenreira! ¡Nunca asento 

Topará no meu peito a vinga loura
Que mucha o corazon e o pensamento!
O amor universal entre nós moura
Fillo do que dou vida ó firmamento,
E quen non o sentir, non atesoura,
Dos nobres corazons o lume santo 


[páx. 335]

Que torna ó val das bágoas nun encanto.

   Pro vós vedes que os reinos van voando
A tomar unha forma muy difrente
Na ruta por que viñan camiñando:
¿E por se chega o dia refundente,
Se pol o visto xa se ha d' ir xulgando,
Que camiñe o Levante co Poente;
N' é xusto saiba un no gran convite
Con canto o noso chau cos máis compite?

                            ——

   Vós sabedes moy bén que cando puxo 
Dios ó pormeiro pay señor da terra,
Sabidoso, e escorreito coma un buxo,
E ceibo dese mal que a paz desterra,
A ley do seu amor tamen lle impuxo
Que o vóso corazon no fondo encerra, 
Para que os que de Adan se orixinasen 
Por hirmans s' entendesen e axudasen.

   Que s' axudasen sí, e que poboando
A terra segun sua veluntade,
Os homes non fixesen máis que un bando 
Rexido pol os vinclos da hirmandade,
Sin ir nas bágoas d' uns, outros nadando,
E fose así subindo a humanidade
Adepresa de Dios na mesma escola, 
C' unha fala, un goberno, unha ley sola.

   Pero o home de cote aguilloado
Pol o acedo da culpa permeiriza,
Botou por onde quixo desbocado,
Ou foy pol a calada como a triza:
Impúxose ós máis debles arruallado 
Erguendo menumentos á inxustiza;
E ós de lonxe, ou contrarios ós seus feitos,
Tratou como a unhas bestas sin dereitos. 

   Baixo o louro pendon d' esta credencia 
Ergueron seu poder os cobiceiros,
E todo o seu esforzo, e a sua cencia
Foy trocar seus vasallos en guerreiros 
Temprándoll' ó seu xeito a sua concencia,
Para que desen caza ós estranxeiros 
E os levasen xunguidos e arrabados
Secundo o seus intentos malfadados. 

   Para mandar nos seus con máis folgura
E darlle renda solta ós seus entoxos,
E ter a sua rapiña ben segura;
Pintaron ós domáis d' ánimos froxos,
Sin dioses, sin goberno, e sin cultura, 
Só bos para erguer pontes e abrir foxos,
E ter a prata e o ouro soterrados,
Tesouros para os dioses destinados...

   Sairon póis cal choyas os guerreiros
De Macedon, de Roma e de Cartago,

Cheos d' estes consellos cobiceiros
Á dar de sangre ó mundo un asolago
Cargados das batallas cos apeiros,
Cos que foron ceibando morte e estrago,
Coma os rayos xufrentos e os nubeiros, 
Que en tempos de Noé, en poucos dias,
Deron dos homes fin, ás feiturías.


   Como era natural, os peitos nobres
A vivir coma o aire acostumados, 

Ó paso sé apuxeron d' estas cobres 
Dispostos a morrer esnaquizados, 
Ou ser nas augas doces e salobres
E na voraz fogueira sepultados, 
Antes de escravos ser da xente alléa,
Nin ver travado o cólo na cadea....

   Saíroll' ós encontros: e acendidos
No lume con que a pátrea ó peito anima,

Fixéronos ciár espavoridos,
Deixando na canada, dende a cima,
A miles de milleiros esfundidos,
Dos que tiña o seu reino en mais estima....
¡Máis ó fin secumbino cen estados 

Á forza, ou ó rigor dos tristes fados!

   ¡Pro qué enxempros de arranque endependente
Deron contra os tiráns, queridos fillos,
No campo, na riveira e na pendente,
Os que vian o inferno ó soar dos grillos!...
¡Que batallar aquel!... ¡que amor ardente
Á santa libertá!... ¡que de caudillos!
¡Que espritó xeneroso e que puxanza 
No dar á móca, a fonda, ó arco e lanza!!!..

   Esta terra tamén que é a morada 
Semellante á que Adan chorou perdida,
Foy tamen por estonces atacada, 
¡Anque terribelmente defendida
E dos mesmos tiráns ademirada!...
Pro cando empóis de sigros foy collida
Parte d' ela escolleu con alma forte
Libre ser no Medelo hachando a morte.

   De xeito que en lugar d' haber vitoria 
Pró Roman trunfador, houbo humildanza;
Tan só para o vencido abriu a historia 
Unha prana de amor  e de membranza
Que vay de sigro en sigro na memoria
E xa sirveu á Roma de ensinanza
Cando pasmada ó feito que eu alabo 

Seus Césares pideu ó pobo escravo.

   Dempóis correndo sigros pillou medra:
Sendo para a empriál e roman croa
A máis relumeánte e rica pedra,
Sostendo o seu poder con farta loa,

Como terma do álbre a rufa edra 
Cando xa coa vellez todo se esbroa
Hastra que do Poente derrubado;
O imperio é dos Bárbaros ganado.

   Pro xa leises, costumes, e autamentos
Baños, pontes, camiños e linguaxe,
Da terra o cultivar con mais aumentos 

Correndo aquí pagáran vasallaxe: 
Escolas do saber e menumentos 
Que inda demostran oxe o seu pasaxe,
Tanto ergueno o meu trono; que luz fago
Que a el subeu o sol do gran Santiago.


[páx. 336]

   Despóis fun como a strela dos pastores 
Para Galos e Suevos. Seu reinado
Fuxen como a troboada dos calores 
Deixando o meu peitiño moy magoado.
Tras d' eles veu o Godo e os seus horrores
Sentarse no meu trono tan catado: 
Hastra que ó acabarse o sigro sete
Rodrigo se esfundeu no Guadalete.

   ¡Aquí veñen pra min dias mais louros!
Certo é que ó rescatar co gran Pelayo 
A ibéirica nación da mau dos Mouros
Co a íria con que ardendo enviste o rayo,
E dando sin contar os meus tesouros,
Máis oroas pilley que frores Mayo: 
Pro en setecentos d' anos de loitanza
Xamais durmeu no armerio a miña lanza.

   Máis ó poñerse a lua do Islamismo
Baixo o rexo poder da gran Sabela 
Que ó pobo engrandeceu e á Ilesia o mismo,
E que por sua Netiña inda oxe vela;
Tanto me atafegou o feudalismo 
Que o lume amortuxou d' a miña strela:
Por mor del o meu cetro tan querido 
Cos máis cetros hispans foy nun fundido.

   Márrame inda falar da margarita
Que ó par do corazon levo pendente,
Por que me lembre a loita mais envita 
Que sostivo da Cruña a altiva xente:
Do inxempro do valor, Maria Pita
Que entre nós vivirá perpétuamente;
Póis q' enriba da brécha, peito a peito,
Do Drake o gran poder deixou desfeito

   En fin, para acabar, ollá o loureiro
Que borda o meu morrion sempre grorioso.
Nas suas follas vede o renguileiro
Dos trunfos do meu reino vitorioso
Dend' a perda de Troya hastra o guerreiro
Que ó vir a conquistar este chau noso 
Levou tamaño golpe aló en San Payo;
Que nunca máis se ergueu de seu desmayo.

   Nada me marra xa. Na miña historia
Chea de tantos feitos de valía,
Notábase un franquiño inda de groria
Que veu encher
Corton neste gran dia.
Groriosa será, póis, sua memoria:
Dino é do meu amor: meu peito fia,
Que o nome de este fillo tan querido
Na arpa do poéta irá escurpido!...

   Silfes dos vales meus, ceibade ó vento
Os sons que no meu Tempro ergués dociños,
Cando a ninfa da historia asentamento
Fay do nome d' algun dos meus filliños! 
Mostrade ó mundo enteiro o meu contento
E cantalle outra volta os cantariños
Que estes sabidos xueces ensamiaron....
E dinos do meu premio os atoparon. 

   E vós craros espritos dos meus mares,
Que ledos persenciás miña alegria,
As ancras recollé! ¡Cortade os áres
E a cantos portos hay í sin madia
A decirlle ós filliños dos meus lares 
Que o sagro amor da cencia n' arrufia
Neste chau onde en nobre compitencia
Mil trunfos pillou oxe a Gaya- Scencia.

   Escoita tamen ti, pobo querido,
As arpas que premiey che recomendo: 
Non lle págues xamais co negro olvido: 
Tamen o manto meu sobre elas tendo, 
Para que en teu honor cantar frorido
Poidan de sigro en sigro ir estendendo;
E naide decir poida que esta terra
Ós de fora dá a mau, e ós fillos guerra.

   E vós nobres inxenios que marchando
Pol a ruta espellante da sabiencia
Non deixando foIgar o pleutro brando
Un premio non levás; con delixencia
Tornade ó exercicio; que loitando
Será como trunfés na compitencia;
Pois quén só na fertuna tén fianza,
Sobir ó tempro meu xamais alcanza.

   Pobo sabiente ¡adios! O meu esprito
Vay dos xogos Frorás tan satisfeito
Que dimpois de lembrar o que está dito,
Sinto un vorcan de amor dentro o meu peito.
Ó meu tempro me vou. Alí o delito
Nin a inxustiza a entrar teñen direito;
¡Pero nel entrará quen loite ansioso
Hastra o premio ganar o máis honroso!!»

                          V.

   Así dixo
Galicia, que cruzando,
As portas do seu tempro cristaliño,
Foy recendor deixando,
E craro alborexar pol o camiño.

   Os paxáros piaron con dozura,
Ceu e terra mostrano o seu contento;
E cheo de folgura 
Palmas batéu de amor aquel convento, 
   Marchando co a alma satisfeita
D' un dia tan querido e tan grorioso 
E tendendo a direita 
A quén na loita foy mais venturoso.


     
La ingratitud es el ministro de la injusticia.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega