Amor á dignidade

 

 

v2modestofragaamoradignidade.html

Eu sei que por amor aínda vives
aínda existes
resistes aínda
heroica Palestina
Seino polos ollos dos que anuncian
territorios liberados
polas mans dos que levan as unllas partidas
de rañar horizontes
¿Qué son a metralla, os sharóns
a desmemoria, as mentiras
para negar a xustiza
de tanta terra asoballada?
Eu sei que vives
que existes
que resistes aínda
Convoco a luz
e véxote, escoito
a dignidade
o latexar dos corazóns
de homes e mullers
coa mirada fixa
nos eidos de Nablus

"Pedra fronte a mísil"
contra a barbarie,
falo coa voz de Bodaño
coa lucidez da liberdade,
contra a mentira
porque minte o poder
a historia minte
porque minten todos
minte a biblia, minte, minte
Goliat non morreu
a pedra de David
finou nos vestixiosda mentira
do seu propio veleno

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega