Ansío o despedazamento do medo

 

(Texto íntegro)

 

n2minusbalidoansioodespedazamento.html
Ansío o despedazamento do medo
O despedazamento do meu medo
Creado sobre min
E que alimento e me alimentan
Desexo o desterro dos ruxidos
De toda clase de ruxidos
Ou na súa contra
A risa convincente ante eles
Creada por min.
Non desexo a valentía dos cobardes
Que arroxan o seu medo
A outros ollos non seus
Para esquecerse momentáneamente
Dos propios medos.
Desexo o enfrentamento a eles (aos medos)
E ás veces minto.
Quero estar perto á saída
Para entrar e sair
Cando queira e poida
Non quero asustarme
Con ruxidos de helicópteros
Que peinan a raia dos peóns
Que constrúen ou reconstrúen
Moradas de colmenas arcaicas
Nen inquietarme por voces
Que nen sequera se comprenden elas mesmas.
Quero saber escoitar a miña propia música
Aínda que esté moi baixiña,
Porque sei que a teño
E ás veces minto.
Non quero sentir o frío nos dedos, cando escribo
Aínda que non sexa frecuente (o frío)
Tampouco quero tormentos ou infernos
Na miña cabeza
E menos provocados por cabezas alleas
E ás veces minto.
Duro resulta fragmentar o terror
Despois de levar anos e anos
Escrito no lombo
Mandamentos de hipócritas cobardes
Doctrinas de resentidos con ou sen causas
Descreímentos puerís de infantes que inxiren golosinas
Remordimentos propios ou alleos, fundamento de culpas
Culpas que fundamentan o terror de paraísos e imparaísos.
Discursos de ignorantes que compran cultura con cartos
Supersticións infundadas en mandamentos, doctrinas, descreimentos,
Ignorancia, puerilidade, culpas, remordimentos, avaricias e envexas
Sabiduría dos que se dín máis sabios
E che marcan a ferro quente coas súas contradiccións non superadas
Pasando ún a engrosar filas dos seus enemigos contradictorios.
Pero todo isto non é excusa
Porque os meus infernos, terrores, tormentos e medo
Se alguén pudiera desterralos algún día
Tan só podería ser eu mesmo
Porque os buitres, seguirán sendo buitres
Os porcos, porcos
Os dinosaurios, dinosaurios (ademáis fosilizados)
As arañas, arañas
As sanguixuelas, sanguixuelas
As pitas, pitas
As cotorras, cotorras
Os lobos, lobos
E os cordeiros, cordeiros
Eu podo ser todo iso ou non
Pero sei que podo ser nada diso
Sen nensequeira ese medo 
Que nen me deixa estirar os brazos
Para tocar o que desexo tocar.
(que non é ceo)
e ás veces minto.

 

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega