Apólogos

 

(Texto íntegro)

 

m2francismomdelaiglesiaapologos.html


A MALDICIÓN D' A OVELLA.

     Cando a Santísima Virxen andaba pol-as aldeas de Belen, fuxindo c' o seu filliño Xesús d' as persecuciós d' os soldados d'o sanguineiro Harodes, qu' degolalo querian, o galo subido enriba d' un valado, cantou ôs catro ventos.
     —¡¡Cristo naceu!!!!
    
E o boi que' estarricando estaba o fuciño por enriba d' a cancela, atraguido pol-o ruido d' o catraplinar d' os cabalos, mofándose d' él, preguntoulle:
     —¡¡O onde!!!!
     Cando a ovelliña, fuxindo toda tremorosa, diante d' aqueles verdugos e deixando pendelliñol-os seus guedellos de silva en silva, c' o medo de que a matasen, respondeu:
     —¡¡Beléen!!!!.....¡¡Beléen!!!!
    
En d' estonces a Santa Virxen ò toparse descocha, apertando o seu filliño Xesús contr' o seu amorosiño peito, debaixo d' as ramas que preto d' a ovella Ile daban abrigo, asi lle dixo:

     —Ovella ti eres,
ovella serás,
e anque te maten
xamais berrarás.

     Por eso a ovelliña, dendes d' aquela, en ningunha parte d' o mundo se sinte balar, nin cando lle pegan, nin cando a pillan, nin cando a traba o lobo, nin cand' o buxen II' espeta o coitelo.



O ZORRO E A MELRA.

     Cansado un zorro de correl-o monte todo sin atopar nomais que grilos pra xantar, chegou ô pé d' unha fontaiña escondida detrás d' unha comareira. Alí deitouse á sombra de un carballino novo, decindo:
     —Esperemo, que
                    Aquel que boa espera,
                          boa lle ven.
     A pouco d' estar deitado panza arriba, c' os ollos dormitando e as orellas mui abertas, sinteu rebolir n-as ramallas que lle daban sombra, arreglou os ollos e viu n-o mais alto d' elas unha melra qu' estaba chocand' os hovos n-o seu niño, e abrindo a boca y estarricand' o rabo, escramou:
     —¿Eu n-o dixen?
                    O que boa espera
                          boa lle ven.
     E endempois de dar voltas coma un sarillo d' arredor d' o carballo, escomenzou á falar co-a melra d' este xeito:

     —Melra, cocha pelra,
     ¿cántos fillos tés â perna? 
     —Teño catro.
     —Pois dame un.
     —¡Non quero, non,
     que meus fillos son! ...
—Meu rabo, faremos de ti un machado
para cortar contigo este carballo...

     E sacudia co-él, facendo estremecer as pólas. Estoncel-a melra, chea de medo, soltoulle un hovo qu' el larpeou n' un Xesús.

      —Melra, cocha pelra.
     ¿cantos fillos tes â perna?
     —Teño tres...
     —Pois bótam' un.
     —¡Ai, non quero non,
     que meus fillos son! ...
—Meu rabo, faremos de ti un machado
para cortar axina este carballo

     E seguia sacudindo co-él. E a probe melra soltoulle o segundo qu' él machocou surrindo.

     —Melra, cocha pelra,
     ¿cantos fillos tes â perna?
     —Teño dous...
     —Pois dácame un.
     —¡Ai, non quero non,
     que meus fillos son! ....
—Meu rabo, fagamos de ti un machado
para guindar ô chao este carballo.

     E seguia sacudindo con mais forza. Ela soltoull' o terceiro qu' el asorvetou com' os outros.

     —Melra, cocha pelra,
     ¿cantos fillos tes â perna?
     —Teño un.....
     —¡Pois bótamo!
     —¡Ai, non esperes pol-o fillo meu
     pois c' un fillo solo, ben me vallo eu!

     E pilland' o hovo n-o bico, abandonou aquel triste carballo, arrepentida d' haberlle soltado tan lixeira os seus perdidos filliños.
     D' estonces o arteiro raposo quedou decindo:

     —Maldito rabo,
¿por quê te non trocaches n-un machado?
S' obedeces ti, rabo ou morriña,
fillos e nai tiver n-a barriguiña.



Francisco d'a Iglesia Gonzalez

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega