A pobre orfiña

 

 

m3avalladaresorfina.html

Orfiña quedei n' o mundo
Desqu' á lus d' o mundo vin
Nunca agarimo sentin
D'os pàis que me deron ser.

Prendida d'o seu amor,
Vidiña da süa vida,
A negra morte estrevida
Non m' os deijou conocer.

Limpo, ou lijoso mamei
Alleo leite ¡coitada!
E n'o berce adormentada
Fún por alleo ron-ron.

Tenras miradas de nai,
Sonrisas, doces biquiños,
Falagos, meigos cariños
Non houbo pra min ¡ai! non.

Amantes fálas, consolos
Qu' outras á bondo alcanzaron
Tan lonje de min andaron
Qu' á senti-l-os non cheguei.

Escarriada, sin ventura
 Sin haber, sin acomodo
Orfiña sòila de todo
N' a terra quedei, quedei.

II

Por eso o corazon se m'estremece
E cheo de mortal malencolia
Todo arredor de min feo aparece
Nada solas me dá nin alegria.

Cal brètema qu'envolve ó cotarelo
Ond'o sol facheaba ô amañecer
Asi, tamèn á min de loito un velo
Circundoume de supeto ô nacer.

En balde prá sparce-l-o pensamento
Corro á' s'scoitar d' o campo os pajariños
Que, tolos rebuldando de contento
Cibicada carrejan pr'os filliños.

¡Dichosos eles qu'anqu'ali chilando,
D' a orfandá non comprende á amargura
E miran pra seus pais ledos cantando
Sin coidarse d'a miña desventura!

¡Ai! Quèn n' o peito seu non tuvo mágoas
Nin da vida n'o mar probou escollos,
Mal se decata d' as alleas báguas
¡Boite!!... Non sabe o qu' è tèlas n' os ollos.

¿À ond' irás en busca de consolo,
 Orfiña trist' orfiña, a ond' irás? ...
Acá abaijo n' o hai, n'o ceo solo
 Entr' os anges de Dios o atoparás.

Rompé Señor ese tellado argente
Prond' o sol, sin cair belos camiña
 Abrí as nubes e baijá esprendente
À tirar d' este mundo â pobre orfiña.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega