Aquí nas estivadas...

 

(Texto íntegro)

 

v2vazquezpintorantoloxiapoetica.html

   Aquí nas estivadas aínda hai aquela Voz
deste tempo inmemorial que nos acorda. E somos
abertos coma soles na andadura de agosto,
reloucando os vosos rostros de nacencia e Luz:
gabieiros insomnes e de achego coas apertas
de buxo nas xeiras do fulgor, para que as leve
esa marabilla de ronsel que nos deixastes
na crina e no perfil
dun cabalo carteiro de tarde amorosiña
para máis gallope a prol do vento que se arreda
cabo do mar das furnas e dos medos, nembrando
as outonías en cada ollar, en cada pálpebra,
para que as leve a Voz, para que as leve
á Casa da Memoria, cando en alba.


Agolada, 17 de agosto 2006 (E Alexandre Bóveda, e Manuel Ferreiro e Camilo Díaz, e Sixto de Rianxo e tantas/os...nas cunetas e mares e valados...Nunca máis terror)











 

 


 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega